Bahamas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Arranxos e engado ligazóns a Reinos da Commonwealth de Nacións
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 53:
 
== Historia ==
A primeira terra na que desembarcou [[Cristovo Colón]] no Novo Mundo en [[1492]] crese que foi na illa de San Salvador, chamada orixinalmente polos [[pobos arauacos|arauacos]] '''[[Guanahani]]''', e posteriormente ''Watling'' polos británicos, localizada ao sur do arquipélago das Bahamas. Alí, Colón atopou aos amigables arauacos (tamén coñecidos como «[[lucayanPobo lucayo|lucayos]]») e intercambiou agasallos con eles. A posterior desaparición dos [[pobos arauacos|arauacos]] e doutros pobos debeuse en gran medida a esta e a posteriores expedicións europeas á rexión.
 
Inicialmente o arquipélago recibiu por parte dos españois o nome da poboación epónima dos lucayan ou lucayosdoslucayos, sendo así chamado '''Illas lucayas'''. O nome de Bahamas crese con bastantes fundamentos que provén do [[lingua castelá|castelán]] «baixa mar», xa que gran parte das illas deste arquipélago só é avistable durante a [[marea]] baixa ou "baixa mar".
 
Desde finais do [[século XV]] ata o [[século XVII]], [[España]] controlou as Bahamas, aínda que as illas, pola súa situación estratéxica na "[[Ruta do Galeón]]" (e por formar o arquipélago un auténtico labirinto insular) , paulatinamente foron transformándose en agochos e niños de [[pirata]]s, [[bucaneiro]]s, [[filibusteiro]]s especialmente [[Inglaterra|ingleses]]. Así no [[século XVIII]], os [[lealistas]] británicos que deixaran [[Nova Inglaterra]] por mor dos sentimentos anti-británicos trasladáronse ás illas. Debido ao gran número de colonos británicos nas illas, a soberanía do arquipélago traspasouse de España a [[Reino Unido]], e as Bahamas foron declaradas colonia británica en [[1783]].