Wikipedia:Ligazóns mortas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Substitución da categoría "Wikipedia" pola categoría "Wikipedia:Administración"; cambios estética
Liña 7:
Porén, as ligazóns mortas non poden previrse sempre, polo que tamén se explica nesta páxina como mitigar este problema atopando ligazóns arquivadas previamente e outras fontes alternativas. '''Non se debe eliminar''' información referenciada soamente porque a URL da fonte non estea xa dispoñible. ''A [[Wikipedia:Verificabilidade|verificabilidade]] non require que toda a información referenciada inclúa unha ligazón dispoñible, nin require que a fonte estea publicada en liña.'' Agás as URLs das seccións de [[Wikipedia:Ligazóns externas|ligazóns externas]] non usadas para referenciar contido nos artigos, '''non se debe eliminar''' unha URL soamente polo feito de que non estea xa dispoñible.
 
== Previr as ligazóns mortas ==
Ó escribir e desenvolver un artigo, pódense previr as ligazóns mortas de varias formas. A primeira forma é '''evitar as URLs baleiras''', indicando o título, autor, editorial, data e calquera outra información relevante da fonte. Así, se a ligazón deixa de funcionar a información engadida poderá axudar ós futuros Wikipedistas a localizar unha nova fonte para o texto orixinal, ben en liña ou ben nunha copia impresa. Isto resulta moi complicado ou imposible cunha URL baleira illada que non achega información adicional da fonte de información.
 
=== Servizos de arquivo web ===
Outro método para previr as ligazóns mortas é o uso de servizos de arquivo web. Os dous servizos deste tipo máis populares e habitualmente empregados son [[Wayback Machine]], e [[WebCite]]. Estes servizos recollen e preservan páxinas web para uso futuro aínda cando a web orixinal deixa de estar dispoñible ó trasladarse, modificarse ou borrarse. O arquivo web resulta especialmente importante ó [[WP:CITA|citar]] páxinas webs que sexan pouco estables ou propensas a cambios, como webs de novas puntuais ou páxinas mantidas por organizacións con problemas económicos. Unha vez obtida a URL da versión arquivada da páxina web, usa os parámetros {{para|url-arquivo}} e {{para|data-arquivo}} no [[Modelo:Modelos de citas|modelo de citas]] empregado para indicala. O modelo incorporará automaticamente a ligazón arquivada na referencia:
 
<code><nowiki>{{cita web|url=http://www.freakonomics.com/2008/01/24/wall-street-journal-paywall-sturdier-than-suspected/ |título=Wall Street Journal Paywall Sturdier Than Suspected |apelidos=Dubner |nome=Stephen J. |editorial=The New York Times Company |data=24 de xaneiro de 2008 |data-acceso=28 de outubro de 2009|lingua=en}}</nowiki></code>
* {{cita web|url=http://www.freakonomics.com/2008/01/24/wall-street-journal-paywall-sturdier-than-suspected/ |título=Wall Street Journal Paywall Sturdier Than Suspected |apelidos=Dubner |nome=Stephen J. |editorial=The New York Times Company |data=24 de xaneiro de 2008 |data-acceso=28 de outubro de 2009|lingua=en}}
<code><nowiki>{{cita web |url=http://www.freakonomics.com/2008/01/24/wall-street-journal-paywall-sturdier-than-suspected/ |título=Wall Street Journal Paywall Sturdier Than Suspected |apelidos=Dubner |nome=Stephen J. |editorial=The New York Times Company |date=24 de xaneiro de 2008 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20110815224523/http://www.freakonomics.com/2008/01/24/wall-street-journal-paywall-sturdier-than-suspected/ |data-arquivo=15 de agosto de 2011|lingua=en}}</nowiki></code>
* {{cita web |url=http://www.freakonomics.com/2008/01/24/wall-street-journal-paywall-sturdier-than-suspected/ |título=Wall Street Journal Paywall Sturdier Than Suspected |apelidos=Dubner |nome=Stephen J. |editorial=The New York Times Company |date=24 de xaneiro de 2008 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20110815224523/http://www.freakonomics.com/2008/01/24/wall-street-journal-paywall-sturdier-than-suspected/ |data-arquivo=15 de agosto de 2011|lingua=en}}
 
Porén, non todas as páxinas webs poden arquivarse. Os webmasters e editoriais poden usar un estándar de exclusión de robots no seu dominio que non permite este arquivo, ou basearse en [[JavaScript]], [[Adobe Flash|Flash]] ou outros códigos complexos que non resultan doados de copiar. Nestes casos poden existir métodos alternativos para preservar os datos.
 
=== Métodos alternativos ===
A maioría dos [[Modelo:Modelos de citas|modelos de citas]] teñen un parámetro {{para|cita}} que pode empregarse para almacenar citas de texto da fonte referenciada. Isto pode usarse para almacenar unha cantidade limitada de texto da fonte dentro do modelo de citas. Isto pode ser especialmente útil para fontes que non poden ser arquivadas polos servizos de arquivo web.
 
<code><nowiki>
{{cita web |url=http://freakonomics.blogs.nytimes.com/2008/01/24/wall-street-journal-paywall-sturdier-than-suspected/ |título=Wall Street Journal Paywall Sturdier Than Suspected |apelidos=Dubner |nome=Stephen J. |editorial=The New York Times Company|data=24 de xaneiro de 2008 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20080430085418/http://freakonomics.blogs.nytimes.com/2008/01/24/wall-street-journal-paywall-sturdier-than-suspected/ |data-arquivo=30 de abril de 2008 |cita=''...the Wall Street Journal will not, as has been widely speculated, tear down its paywall entirely...''|lingua=en}}</nowiki></code>
* {{cita web |url=http://freakonomics.blogs.nytimes.com/2008/01/24/wall-street-journal-paywall-sturdier-than-suspected/ |título=Wall Street Journal Paywall Sturdier Than Suspected |apelidos=Dubner |nome=Stephen J. |editorial=The New York Times Company|data=24 de xaneiro de 2008 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20080430085418/http://freakonomics.blogs.nytimes.com/2008/01/24/wall-street-journal-paywall-sturdier-than-suspected/ |data-arquivo=30 de abril de 2008 |cita=''...the Wall Street Journal will not, as has been widely speculated, tear down its paywall entirely...''|lingua=en}}
 
Ó usar o parámetro {{para|cita}} débese escoller o material máis breve e relevante posible que preserver o contexto da referencia. Almacenar o texto completo da fonte non é axeitado baixo a licenza da Wikipedia, polo que só se deben escoller as porcións de texto máis importantes para apoiar a información incluída no artigo. Unha cita tamén pode axudar na procura de versións alternativas da fonte no caso de que a orixinal deixe de estar dispoñible. Cando sexa posible, os materiais relevantes que estean no [[dominio público]] poden copiarse tamén ó [[Wikisource]] para futuras consultas.
 
== Reparar unha ligazón morta ==
=== Procura nunha web concreta ===
É habitual que as páxinas webs se trasladen dentro dunha web concreta, debido a migracións de servidor ou mantemento e cambios do sitio web. Un índice web ou unha característica de procura específica na propia web adoitan ser útiles para procurar a páxina movida.
 
=== Motores de busca ===
Unha procura nun motor de busca usando o título dunha páxina pode tamén axudar a atopar dita páxina. Unha procura na web do exemplo anterior (usando [[Google]], [[Yahoo]] ou outros motores de busca) pode facerse dalgunha destas formas:
:<code><nowiki>site:freakonomics.blogs.nytimes.com/ "Wall Street Journal Paywall Sturdier Than Suspected"</nowiki></code>
Liña 40:
Da mesma forma, unha procura dalgunhas das compoñentes da ligazón morta eliminando os símbolos de puntuación pode ter éxito, e as procuras usando unha sub-cadea única ou particular dunha URL poden tamén dar resultados positivos.
 
=== Arquivos de internet ===
Os servizos de arquivo web son moi útiles para procurar versións arquivadas das páxinas webs. De atopar unha versión arquivada dunha ligazón morta, debe comprobarse tamén que este arquivo segue apoiando a información incorporada no artigo á que acompaña como referencia. Tamén pode ser útil comprobar a data de acceso indicada na referencia ou o historial do artigo para confirmar cando foi incorporada a ligazón na referencia e confirmar que a versión arquivada concorda co material do artigo.
 
Algúns dos servizos de arquivo web fiables máis empregados son:
* [[Wayback Machine]]: https://archive.org/web/
* [[Internet Archive]]: https://archive.org/
* [[WebCite]]: http://www.webcitation.org/query
* [[UK Government Web Archive]]: http://webarchive.nationalarchives.gov.uk/
 
Na maioría de modelos de citas os arquivos das ligazóns indícanse nos parámetros {{para|url-arquivo}}, {{para|data-arquivo}} e {{para|urlmorta}}. A ligazón primaria substitúese automaticamente pola arquivada cando se indica o valor {{para|urlmorta|si}}, mantendo a ligazón orixinal como referencia.
 
== Mitigar unha ligazón morta ==
En ocasións os intentos de reparar unha ligazón morta non terán éxito. Nestes casos debe considerarse atopar unha fonte alternativa para que a perda da orixinal non prexudique a [[WP:V|verificabilidade]] do artigo. Porén, ó facer isto hai que ter coidado para evitar os sitios espellos da Wikipedia e non caer nun incumprimento da verificabilidade.
 
== Manter ligazóns mortas ==
Unha URL fonte morta e non arquivada pode aínda ser útil. Unha ligazón deste tipo indica que a información foi (probablemente) verficable no pasado, e a ligazón pode axudar a outros usuarios con maiores recursos ou experiencia na procura dun arquivo ou fonte alternativa. Tamén pode darse o caso de que volva a estar activa nalgún momento, e pode axudar a procurar se foi citada noutro sitio ou pode dar información de contacto do responsable ou responsables da fonte. Nestes casos cómpre incluír o marcador {{m|ligazón morta}} trala URL morta e antes da etiqueta de preche <code></ref></code>, deixando a ligazón orixinal intacta.
 
Engadir o marcador {{m|ligazón morta}} inclúe automaticamente o artigo na [[:Categoría:Todos os artigos con ligazóns externas rotas]], e en categorías específicas de mes e datas baseándose no parámetro {{para|data}}.
 
[[Categoría:Wikipedia:Administración]]