Antonia Ferrín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m arranxo lig. morta
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: engado datos de 1referencia +
Liña 5:
Foi filla do mestre de matemáticas Antonio Ferrín Moreiras, e sobriña do mestre e xornalista [[Ángel Ferrín Moreiras]]. En [[1920]] trasladouse coa familia a [[Santiago de Compostela]]. Estudou o bacharelato no [[IES Rosalía de Castro|Instituto Arcebispo Xelmírez]] e en [[1930]] matriculouse na Facultade de Ciencias da [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Licenciouse en Químicas e obtivo ademais o título de [[Docente|mestra]]. Xusto ao remate da súa licenciatura comezou a traballar, en [[1934]], como profesora axudante de [[Física]] e [[Matemáticas]] na súa facultade —unha das seis mulleres en facelo naquel momento— e máis como profesora de Ciencias no instituto de [[bacharelato]] onde estudara. Porén, seguiu estudando e matriculouse en [[Farmacia]] e fixo os dous cursos de ciencias exactas que a Universidade de Santiago ofertaba naquela altura.
 
Polos seus posicionamentos políticos e tras unha denuncia anónima<ref name=":1">{{Cita web|título=Antonia Ferrín, pioneira da astronomía en Galicia|url=https://www.gciencia.com/muller2018/antonia-ferrin-primeira-astronoma/|páxina-web=GCiencia|data=7 de marzo de 2018|data-acceso=12 de febreiro de 2019|lingua=gl-ES|apelidos=Redacción}}</ref> en [[1937]] foi sancionada e apartada da docencia na Universidade de Santiago<ref>{{Cita web|url = http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/21451/|autor = |título = Nomes e voces. Antonia Ferrín Moreiras, expediente de sanción|dataacceso = 30/10/2014}}</ref>, ao igual que outros 45 profesores, entre os que se atopaban [[Enrique Rajoy Leloup]], [[Fernando Calvet]], [[Isidro Parga Pondal]] ou [[Francisco Fernández del Riego]], aínda que se lle permitiu seguir como profesora no colexio de nenas orfas Nosa Señora dos Remedios de Santiago<ref>{{Cita web|url = http://www-revista.iaa.es/41/antonia-ferr%C3%ADn-moreiras|autor = Ling, Josefina|título = Antonia Ferrín Moreiras, la primera astrónoma gallega|dataacceso = 30/10/2014}}</ref>. En [[1940]] revisouse o seu proceso e puido reincorporarse á docencia universitaria. Fíxoo como profesora axudante de [[Enrique Vidal Abascal]].
 
[[Ficheiro:Observatorio Ramon Maria Aller - 07.JPG|miniatura|Observatorio [[Ramón María Aller Ulloa|Ramón María Aller]] da [[Universidade de Santiago de Compostela|USC]].]]
Neses anos coñeceu a [[Ramón María Aller]] e interesouse pola [[astronomía]]. Participou nas actividades do Seminario de Astronomía Teórica e Matemática "Durán Loriga". Dende 1950 como bolseira do CSIC e máis tarde nunha praza de axudante<ref name=":0">{{Cita libro|título=Evolución histórica de la astronomía en España|apelidos=Fernández Pérez|nome=Iván|editorial=Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago|ano=2011|ISBN=9788469270028|url=https://www.worldcat.org/oclc/796303694|data=2009|lugar=Santiago|páxinas=112-113|ref=}}</ref>, traballou no [[Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago]]<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Crespo|nome=Celestino Luis|data=26 de marzo de 1959|título=Misión del Observatorio astronómico de Santiago: (Y VIII) La señorita Antonia Ferrín Moreiras y D. Eduardo García-Rodeja, completan el equipo de colaboradores en torno al Padre Aller.|url=http://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1237324&interno=S&posicion=8&presentacion=pagina|PMC=|revista=La Noche : único diario de la tarde en Galicia:|número=11712|páxinas=7-8|doi=|ISSN=|PMID=|volume=}}</ref> e publicou os seus traballos en distintas revistas de astronomía. En [[1952]] conseguiu unha praza fixa de investigación. Dous anos antes licenciouse por libre de Ciencias Exactas na [[Universidade Complutense de Madrid|Universidade Central de Madrid]]. En [[1953]] conseguiu unha praza por oposición na escola de maxisterio de [[Santander]] e en [[1955]] trasladouse de volta a Santiago para impartir docencia na escola de nenas Isabel A Católica<ref name=":1" />.
 
En [[1957]] converteuse na primeira muller profesora da Facultade de Matemáticas en Santiago, acabada de crear, onde impartiu clases durante seis anos, ata [[1963]]. Nesa época ademais conseguiu rematar a súa tese sobre observación astronómica, titulada ''Observacións de pasos por dúas verticais'' e dirixida por Aller, que presentou na Complutense, e que é a primeira tese lida na nova Sección de Matemáticas e a primeira tese de Astronomía realizada por unha muller en España.<ref name=":1" /> É nese ano cando marchou a [[Madrid]] para converterse en [[cátedra|catedrática]] de Matemáticas na Escola de Maxisterio Santa María. Pero axiña se trasladou á Facultade de Matemáticas da Universidade Complutense, onde deu clase de astronomía, primeiro como profesora adxunta interina e logo como adxunta numeraria. Durante este período mantivo contacto con [[Sixto Ríos]] e [[José María Torroja]]. Permaneceu na Complutense durante case unha vintena de anos ao tempo que continuou impartindo clases de ensino secundario na mesma cidade<ref name=":0" /> ata a súa xubilación en [[1984]].
 
En [[2004]] trasladouse a Santiago de Compostela por motivos de saúde.