Barcelona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4949529 de Breogan2008 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Maria zaos (conversa | contribucións)
m arranxos lig. mortas
Liña 43:
'''Barcelona''' (en [[lingua catalá|catalán]] pronúnciase [[Alfabeto Fonético Internacional|[bərsəˈɫonə]]]) é unha cidade situada no nordés da [[Península Ibérica]], capital de [[Cataluña]], da [[Provincia de Barcelona|provincia homónima]] e da comarca do [[Barcelonès]], así como a meirande cidade dos [[Países Cataláns]]. Situada ás beiras do [[mar Mediterráneo]], atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos [[Pireneos]] e da fronteira con [[Francia]], nunha chaira limitada polo [[mar Mediterráneo|mar]] ao leste, a [[serra de Collserola]] ao oeste, o [[río Llobregat]] ao sur e o [[río Besòs]] ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (''Ciutat Comtal''), por ser a capital do antigo [[Condado de Barcelona]].
 
Cunha poboación de 1.620.809 habitantes, é a segunda cidade máis poboada de [[España]] e da [[Península Ibérica|península]] tras [[Madrid]],<ref>Datos do [[INE]], a [[1 de xaneiro]] de [[2011]]. [http://www.ine.es/pob_xls/pobmun08.xls Cifras completas]</ref> e a undécima da [[Unión Europea]]. A súa [[área metropolitana de Barcelona|área metropolitana]], integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha [[superficie]] de 633&nbsp;km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a [[Ámbito metropolitano de Barcelona|Rexión Urbana de Barcelona]], que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km².<ref>[http://www.idescat.net/territ/BasicTerr?TC=5&V0=4&V3=863&V4=435&ALLINFO=TRUE&PARENT=1&CTX=B&V1=1&VOK=Confirmar] IDESCAT. 2007. Padró municipal d'habitants (en catalán)]{{ca}}</ref>
 
Foi escenario de diversos eventos mundiais, que contribuíron a configurar a cidade e darlle proxección internacional. Os máis relevantes foron a [[Exposición Universal de Barcelona de 1888|Exposición Universal de 1888]], a [[Exposición Internacional de Barcelona de 1929|Exposición Internacional de 1929]], os [[Xogos Olímpicos de 1992|Xogos Olímpicos de verán de 1992]] e o [[Fórum Universal das Culturas 2004]]. É tamén sede do secretariado da [[Unión polo Mediterráneo]].<ref>[{{cita novas|url=http://www.lavanguardia.es/lv24h/20081104/53572856738.html]{{Ligazón morta|datatítulo-trad=agosto de 2018 }} Barcelona, elixida oficialmente sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo|título=Barcelona, elegida oficialmente sede del secretariado de la Unión por el Mediterráneo|urlmorta=si|urlarquivo=https://archive.is/kZaIq#selection-559.0-559.85|dataarquivo=21 de xullo de 2013|lingua=es|xornal=[[La Vanguardia]]}}</ref>
 
Na actualidade, é recoñecida como [[Cidade global]] pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos [[Porto de Barcelona|portos]] máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e [[Alta Velocidade Española|tren de alta velocidade]]. O [[aeroporto de Barcelona-El Prat]] foi utilizado por máis de 44 millóns de pasaxeiros en 2016.<ref>[http://www.aena.es/csee/ccurl/825/352/Estadisticas_2016.pdf Tráfico de pasaxeiros, operacións e carga nos aeroportos españois en 2016]</ref>
Liña 306:
==== Alcaldía ====
[[Ficheiro:Barcelona,_rueda_de_prensa_con_Ada_Colau_(cropped).jpg|miniatura|[[Ada Colau]], actual alcaldesa.]]
Desde a restauración da democracia en [[España]], en todas as eleccións municipais anteriores ás de 2011, o partido político máis votado fora o [[Partit dels Socialistes de Catalunya|Partido Socialista de Cataluña]], pero tras as eleccións municipais do 22 de maio de 2011 o partido máis votado e con maior representación foi [[Convergència i Unió]], con [[Xavier Trias]] á cabeza.<ref>[http://www.bcn.escat/estadistica/catala/dades/anuarianuaris/anuari00/cap20/C2006010C2007010.htm Els alcaldes de Barcelona. 1835-2006]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 ca}} (en catalán)</ref> Nas eleccións municipais de España de 2015 [[CiU]] foi derrotada pola candidatura [[Barcelona en Comú]], que logrou os apoios de [[ERC]], o [[PSC]] e a [[Candidatura d'Unitat Popular|CUP]], polo que a activista [[Ada Colau]] foi investida alcaldesa.
 
{|class="wikitable left" style="font-size:95%; text-align: center;"
Liña 402:
=== Praias ===
[[Ficheiro:050529 Barcelona 053.jpg|miniatura|[[Praia da Barceloneta]].]]
Na costa hai 7 [[praia]]s, as máis coñecidas son a [[praia de Sant Sebastià]] e a da [[praia da Barceloneta|Barceloneta]]. A gran recuperación do fronte marítimo non comezou ata que se organizaron os [[Xogos Olímpicos de 1992]], anteriormente na década de [[1980]] abríuse o ''Moll de la fusta'', para os [[Xogos Olímpicos de 1992|Xogos Olímpicos]] recuperouse a zona do [[Port Olímpic de Barcelona|Porto Olímpico]] e a [[praia da Nova Icària]] ata a [[praia do Bogatell]], zona onde houbo o barrio de barracas de [[Somorrostro]]. A finais da década de [[1990]] recuperouse a [[praia de La Mar Bella]] e a de [[Praia de La Nova Mar Bella|La Nova Mar Bella]] e coa chegada do [[Fórum Universal das Culturas 2004|Fórum Universal das Culturas]] recuperouse o último tramo, a [[praia de Llevant, Barcelona|praia de Llevant]], onde nun futuro estará o [[Zoo mariño de Barcelona|Zoo mariño]].<ref>{{cita novas|xornal=[http[El Periódico]]|url=https://www.elperiodico.catcom/default.asp?idpublicacio_PK=46&idioma=CAT&idnoticia_PK=613242&idseccio_PK=1022&hes/barcelona/20090517/bcn-remata-la-recuperacion-del-litoral-urbano-tras-30-anos-de-obras-231121|título-trad= El Periódico, Barcelona remata a recuperación do litoral urbano logo de 30 anos de obras.]{{Ligazón|título=BCN mortaremata la recuperación del litoral urbano tras 30 años de obras|nome=Xabier|apelidos=Barrena|lingua=es|data=setembro17 de 2018maio de 2009}}</ref>
 
=== [[Camp Nou]] ===
Liña 430:
==== Autobuses ====
[[Ficheiro:Bus Articulat Barcelona.JPG|miniatura|Autobús articulado.]]
O servizo está xestionado pola empresa TMB. Esténdese por gran parte da [[Área metropolitana de Barcelona|área metropolitana]] e inclúe 109 liñas que cobren máis de 920&nbsp;km, con máis de 1.000 vehículos, todos eles adaptados para persoas con eivas de mobilidade<ref>[http{{cita web|url=https://www.tmb.cat/ca_ESes/siterelatedbarcelona/noticies/noticia.jsp?id=535&idiomaaccesibilidad-movilidad-reducida|título=C Os autobusesRed de TMB,bus 100% accesibles]{{Ligazón mortaaccesible|páxina-web=tmb.cat|lingua=es|data-acceso=setembro11 de febreiro de 20182019 }}</ref>. A velocidade media dos autobuses é de 11,55 [[km/h]]<ref>{{Cita web |url=http://www.tmb.net/ca_ES/tmb/queestmb/dadesbasiques.jsp |título=Datos básicos de TMB |data-acceso=03 de novembro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090614091943/http://www.tmb.net/ca_ES/tmb/queestmb/dadesbasiques.jsp |dataarquivo=14 de xuño de 2009 |urlmorta=si }}</ref>. Os autobuses urbanos transportaron, no [[2007]], 210,5 millóns de viaxeiros. O servizo de autobuses en horario nocturno chámase [[Nit Bus]] e ten unha menor frecuencia de paso e menos liñas que durante o día.
 
O [[Bus Turístico de Barcelona]] é un autobús que facilita os itinerarios ós turistas. O [[2006]] foi utilizado por 1,9 millóns de persoas.