Comités Abertos de Estudantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 362049 de 85.57.67.164 (disc.) por engadir contidos propagandísticos
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
[[Category:Asociacións de estudantes]]
 
Ademais de cuestións relacionadas co ensino, os CAE centran a súa actividade en cuestións moi diversas. Como nacionalistas, defendemos unha Galiza libre, á que se lle recoñezan os seus direitos como nación e que poda gobernarse a si mesma, falar a súa lingua, promover a súa cultura e decidir sobre a súa economía. Defendemos un mundo máis xusto e solidario, no que os pobos se relacionen entre si en pé de igualdade, no que se conte coas nacións e as persoas e non cos intereses dos grandes estados e das multinacionais. Opoñémonos á globalización que ignora os pobos, acentúa as desigualdades sociais e impón o pensamento único. Solidarizámonos cos pobos do mundo que loitan pola súa liberdade e pola xustiza, desde Palestina até Cuba e desde Venezuela até o Irak.
Defenden unhas condicións de vida dignas para a xente nova, onde se garanta o dereito a un emprego estábel e ben pagado ao rematar os estudos, o acceso á vivenda, alternativas para o tempo de lecer...
 
En definitiva, os '''CAE'''son parte dunha sociedade que compre cambiar, e dunha nación negada, Galiza, da que queren axudar a transformar desde as aulas.
 
Desde o primeiro momento os Comités Abertos de Estudantes opuxéronse á L.O.E, e esta organización propiciou as mobilizacións máis importantes estudantís na Galiza durante os pasados anos
 
----
 
'''Demandas dos CAE para o ensino galego'''
 
- Pola catalogación do ensino non universitario como ciclo único educativo público, gratuito e obrigatorio ate 18 anos, cuxos obxectivos básicos sexan:
 
a) Dotar ao estudantado duns coñecementos e capacidades básicas que o formen a partir do contexto e contorno máis próximo até, gradualmente, outro máis universal.
 
b) Permitir, a partir dun determinado momento, unha especialización relativa en áreas de coñecemento teórico/prácticas que posibiliten a entrada do estudantado na universidade ou no mundo laboral.
 
- Pola integración dos centros privados e de carácter especial na rede única de ensino público.
 
- Pola galeguización do ensino, en canto ao idioma e aos contidos.
 
- Pola supresión da selectividade e as trabas de acceso ao ensino superior
 
- Pola gratuidade dos libros de texto.
 
- Pola renovación dos actuais sistemas de avaliación e verificación do desenvolvemento formativo do estudante, que suprima os actuais exames.
 
- Por un ensino laico, sen adoutrinamento relixioso.
 
- Pola reciclaxe do profesorado e o control da docencia.
 
- Por unha especialización profesional que posibilite a entrada dos estudantes no mundo laboral ou a súa libre incorporación á educación universitaria.
 
- Por unha ampla oferta educativa (secundaria, bacharelatos e ciclos formativos) en base á realidade das comarcas galegas, e que dea cobertura á demanda social.
 
- Polo estabelecemento de axudas aos estudantes de servizos complementarios que posibiliten o acceso maioritario ao ensino.
 
- Pola democratización dos órganos de goberno e xestión escolar, asegurando a representación estudantil paritária cos demais sectores en todos os niveis.
 
- Polo recoñecemento dos direitos democráticos dos estudantes, en concreto a realización de asambleas e folgas.
 
----
 
A súa última asemblea nacional, sendo a novena, realizouse o pasado 17 de Marzo, en Vigo. Marcando os seguintes obxectivos:
 
'' Nesta nova era de asociacionismo estudantil, pularemos por fortalecer a organización a nível nacional pero sobre todo nas cidades e comarcas, xa que o noso obxectivo para este novo período será traballar arreo nas localidades(eixo fundamental para o bo desenrolo e achegamento do estudantado aos CAE), constituírnos tamén en todas as cidades e comarcas onde actualmente non temos presenza, recuperar os comités de centro (básicos e importantísimos á hora do contacto con o estudantado), recuperar todo tipo de publicacións como o CAE-Informa e nova editación de panfletos e demais trípticos que nos axuden a darnos a coñecer sumando así a máxima xente posíbel para loitar por un ensino adecuado ás nosas demandas, galego, democrático, plural e libre de entes españolizadores que oprimen o noso desenrolo como Nación.
 
Comezamos esta nova era con moita forza e ilusión e con esperanzas de non repetir vellos patróns grazas a unha total renovación da organización e experiencia adquirida de erros anteriores.''
 
 
----