Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m actualizo dato e ref.
Liña 2:
A '''Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega''' (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o [[3 de maio]] de [[1980]] en [[Santiago de Compostela]] por un grupo de escritores, entre os que se contaban [[Alfredo Conde]], [[Paco Martín]], [[Xosé Manuel Martínez Oca]], [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], [[Alfonso Pexegueiro]], [[Manuel Rivas]], [[Uxío Novoneyra]], [[Xavier Rodríguez Barrio]], [[Bernardino Graña]] e [[Xoán Ignacio Taibo]] que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en [[Lingua galega|galego]] seguindo o facho da [[Asociación de Escritores de Galicia]] que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da [[Guerra Civil española]] pouco despois da súa constitución.
 
A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en [[1981]] e participa na organización dos encontros [[Galeusca]] con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á [[Real Academia Galega]] por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista ''Escrita Contemporánea'' é o seu voceiro oficial. Ten máis de 360 asociados. Está recoñecida pola [[Academia Sueca]] para presentar candidatos oficiais ao [[Premio Nobel de Literatura]] e forma parte do [[Congreso de Escritores Europeos]].
 
Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da [[A Coruña|Coruña]].<ref>[http://www.aelg.org/contacto Páxina de contacto da AELG]</ref> A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios.<ref>''Informe do Consello Directivo da AELG'', Asemblea xeral de socios celebrada en febreiro de 2019.</ref>
 
Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da [[A Coruña|Coruña]].<ref>[http://www.aelg.org/contacto Páxina de contacto da AELG]</ref>
== Presidentes ==
Sucesivamente: