Xenómica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33:
 
{{Artigo principal|Metaxenómica}}
A [[metaxenómica]] é o estudo dos ''metaxenomas'', é dicir, o material xenético recollido directamente de mostras ambientais. Este amplo campo pode denominarse tamén xenómica ambiental, ecoxenómica ou xenómica das comunidades. Mentres que a [[microbioloxía]] tradicional e a [[secuenciación xenómica]] microbiana dependían de cultivos clonais, as primeiras secuenciacións de xenes ambientais clonaban xenes específicos (xeralmente o xene do ARNr de 16S) para obter un [[ecoloxía microbiana|perfil de diversidade]] nunha mostra natural. Estes traballos indican que a gran maioría da [[biodiversidade|biodiversidade microbiana]] fora pasada por alto nos métodos baseados en cultivos microbiolóxicos.<ref name="Hugenholz1998">Hugenholz, P; Goebel BM; Pace NR (1 September 1998). "Impact of Culture-Independent Studies on the Emerging Phylogenetic View of Bacterial Diversity". J. Bacteriol 180 (18): 4765–74. PMC 107498. PMID 9733676.</ref> Estudos recentes usan a [[método de terminación de cadea|secuenciación de Sanger]] [[secuenciación de escopeta|de "escopeta"]] ou a [[pirosecuenciación]] masivamente paralela para conseguir mostras en gran medida non nesgadas de todos os xenes de todos os membros das comunidades mostreadas.<ref name="Eisen2007">Eisen, JA (2007). "Environmental Shotgun Sequencing: Its Potential and Challenges for Studying the Hidden World of Microbes". PLoS Biology 5 (3): e82. doi:10.1371/journal.pbio.0050082. PMC 1821061. PMID 17355177.</ref> Debido ao seu poder para revelar a diversidade previamente agochada da vida microscópica, a metaxenómica ofrece unha poderosa lente para ver o mundo microbiano que ten o potencial de revolucionar o coñecemento de todo o mundo vivo.<ref name="MarcoD">Marco, D, ed. (2010). Metagenomics: Theory, Methods and Applications. Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-54-7.</ref><ref name="MarcoD2011">Marco, D, ed. (2011). Metagenomics: Current Innovations and Future Trends. Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-87-5.</ref>
 
=== Estudo de sistemas ===