Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Historia: intervencionismo e cita
Agremon (conversa | contribucións)
Liña 86:
Os Estados Unidos non foron unha potencia colonial, aínda que, a través de varias vitorias militares, diplomacia e acordos externos, adquiriron un número de posesións ultramarinas, desde [[Cuba]] ata as [[Filipinas]]. Aínda que os Estados Unidos teñan aberto man destes territorios gradualmente, algunhas destas posesións continúan baixo o seu control, sexa na forma de territorios (como [[Porto Rico]]) ou de estados (como o [[Hawai]]).
 
No século {{Versaleta|xix}}, os Estados Unidos tornáronse unha potencia económica e militar mundial. No [[1823]] o Presidente [[James Monroe]] enunciou a Doutrina Monroe, sintentizada nunha frase: "América para os americanos". No [[1846]] o Presidente [[James Knox Polk|James Polk]] enunciou o Destino Manifesto como corpo teórico para a expansión territorial. Ambas doutrinas actuaron de alicerce para que ata hoxe os EEUU teñan intervido en numerosas ocasionesocasións no extranxeiroestranxeiro, en particular en América Latina.<ref>{{Cita web|título=Invasiones, sobornos y golpes de Estado: historia de las intervenciones de EEUU en América Latina|url=https://www.eldiario.es/internacional/Invasiones-intervenciones-EEUU-America-Latina_0_865814089.html|páxina-web=eldiario.es|data-acceso=2019-02-10|lingua=es|nome=Carlos|apelidos=Hernández-Echevarría}}</ref> O crecemento da súa influencia sobre o mundo continuou no [[século XX]], un século por veces chamado "o século norteamericano", pola tremenda influencia norteamericana sobre o resto do mundo.
[[Ficheiro:Vietnam peace agreement signing.jpg|miniatura|Sinatura do acordo de paz, en [[París]], que puxo fin a guerra de [[Vietnam]], [[27 de xaneiro]] de [[1973]].]]
Esta influencia pode verse na [[Gran Depresión]], un período de gran recesión económica entre [[1929]] e [[1939]], que non só abateu todo o país senón tamén o [[Canadá]] e os países europeos (especialmente [[Inglaterra]] e [[Alemaña]]). Os Estados Unidos adoptaban ata o comezo do século XX unha política isolacionista, procurando non se entremeters en conflitos internacionais. Porén, isto mudou coa entrada do país na [[primeira guerra mundial]] e na [[segunda guerra mundial]]. Despois do fin desta, os Estados Unidos emerxeron definitivamente como unha das [[superpotencia]]s mundiais, xuntamente coa [[Unión Soviética]] - desencadeando a [[guerra fría]]. Entre [[1945]] e [[1991]], ano do fin da Unión Soviética e do fin da guerra fría, os Estados Unidos comprometéronse moito en asuntos exteriores, -especialmente na guerra ideolóxica contra o [[comunismo]]- participando activamente na [[guerra de Corea]] e na [[guerra do Vietnam]]. Co colapso da Unión Soviética, os Estados Unidos emerxeron como única superpotencia mundial. Participando na [[guerra do Golfo]] ([[1991]]), expulsando ás tropas [[iraq]]uianas que invadiran [[Kuwait]].