Lacipo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 6:
 
== Escavacións arqueolóxicas ==
En [[1975]] e [[1976]], Lacipo foi obxecto de escavaciones arqueolóxicas que demostraron a existencia dun recinto amurallado, en cuxo interior se localizaron restos de diversas estancias que parecen estar en función da muralla, encostadas ou xustapostas unhas a outras, sen que se evidencie un trazado ortogonal; constatouse a existencia de dous alxibes, o que demostra a carencia de auga nesta zona. Así mesmo, acháronse os restos dun grande edificio de carácter público, e púidose constatar un nivel de enterramento hispano-visigodo.
 
Ademais, atopáronse numerosos materiais, hoxe depositado no Museo Arqueolóxico Provincial de Málaga. Os resultados das investigacións arqueolóxicas permiten concluír que é un recinto colectivo de marcado carácter militar, cuxa cronoloxía se establecería entre os [[século -I|séculos I a. C.]] ao [[século I]], podéndose prolongar ata o [[século II]], asentándose a necrópole hispano-visigoda unha vez que as edificacións estaban en desuso.