Feixón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
consume > consome
Calq (conversa | contribucións)
https://es.wikipedia.org/wiki/Phaseolus_vulgaris
Liña 29:
 
O apelido galego ''Feijoo'' (var. Feijóo, Feijó, Feixó) derivan deste termo (''Véxase artigo: [[Feijoo]]''). O termo ''feixó'' foi utilizado na poesía de escarnio medieval para designar as persoas calvas. Os guerreiros dalgunhas tribos xermanas estilaban rapar a cabeza para inspirar maior terror aos seus inimigos, e o costume de rapar os cabelos non foi excepcional nos cabaleiros medievais. A influencia xermana chegou a Galiza.
 
== Descrición ==
É unha [[planta herbácea]] anual, erecta ou [[Planta rubideira|rubideira]], de talo [[pubescente]] ou [[glabrescente]] cando é adulta. As [[estipula]]s das [[folla]]s tri-[[Pinnado|pinnadas]] son de forma lanceolada e de tamaño medio-centimétrico. Os [[folíolo]]s son alongadamente ovados ou ovado-romboidal, os laterais, implantados oblicuamente, miden 4-15 por 2,5-10&nbsp;cm e son pubescentes con base redondeada ou alongadamente cuneada, de bordos enteiros e ápice acuminado. As [[flor]]es dispóñense en [[acio]]s usualmente axilares, máis curtos que as follas. As [[bractéola]]s, persistentes, son habitualmente de lonxitude igual ou algo superior ao [[cáliz]] que é cupuliforme, bilabiado, de 3-4&nbsp;mm, con cinco [[sépalo]]s soldados e co labio superior bidentado emarxinado e o inferior tridentado. A [[corola]], que pode ser branca, amarela, violácea ou rubia, ten o estandarte centimétrico suborbicular e reflexo, as alas obovadas adheridas á quilla, tamén centimétrica e con ápice espiralmente retorcido. Os [[estamio]]s son diadelfos (9 soldados e 1 libre) mentres que o [[Ovario (botánica)|ovario]] é pubescente co [[estilo (botánica)|estilo]] espiralmente torcido de 360º ou máis e con [[estigma (botánica)|estigma]] oblicuo. Dito [[xeneceo]] deriva nun [[legume]] linear-oblongo duns 10-15 por 1-1,5&nbsp;cm, algo curvado e inchado, glabro, picudo e con catro a dez [[semente]]s oblongas con forma de ril de moi diversas cores e tamaños, usualmente 1-2 por 0,5-1,5&nbsp;cm.<ref name = foc>[http://www.efloras.org/florataxon.aspx?flora_id=2&taxon_id=124927 ''Phaseolus'' en Flora of China]</ref><ref name = FLOC>[http://www.efloras.org/florataxon.aspx?flora_id=2&taxon_id=200012279 ''Phaseolus vulgaris'' en Flora of China]</ref>
 
== Historia e cultivo ==