Poxviridae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 3 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Maria zaos (conversa | contribucións)
m arranxo unha lig. morta
Liña 45:
A replicación dos poxvirus implica varios estadios. A primeira cousa que fai o virus é unirse a un receptor da superficie da célula [[hóspede]]; crese que os receptores para os pxvirus son [[glicosaminoglicano]]s (GAGs). Despois de unirse ao receptor, o virus entra na célula, onde perde a envoltura. Esta perda da envoltura é un proceso en dúas etapas. Primeiramente, elimínase a membrana externa a medida que a partícula entra na célula; en segundo lugar, a partícula vírica (sen a membrana externa) fusiónase coa membrana celular para liberar a súa parte central (''core'') no [[citoplasma]]. Os xenes virais pox exprésanse en dúas fases. Os xenes temperáns codifican as proteínas non estruturais, incluíndo as proteínas necesarias para a replicación do xenoma viral, e exprésanse antes de que se replique o xenoma. Os xenes tardíos exprésanse despois da replicación do xenoma e codifican as proteínas estruturais necesarias para construír a partícula do virus. A ensamblaxe da partícula do virus ocorre en cinco etapas de maduración que acaban coa [[exocitose]] final dos virións novos envoltos. O número de membranas que envolven os virións foi discutido, pero crese que son de unha a tres segundo a etapa do ciclo vital.
 
En virus como o da vaccinia distínguense varias formas do virión, que son:<ref name=vaccinia1>{{Cita publicación periódica |author=[[Geoffrey L. Smith|Smith GL]], Vanderplasschen A, Law M |title=The formation and function of extracellular enveloped Vaccinia virus |journal=J. Gen. Virol. |volume=83 |issue=Pt 12 |pages=2915–31 |date=1 December 2002 |pmid=12466468 |url=httphttps://virjgv.sgmjournalsmicrobiologyresearch.org/cgi/content/fulljournal/83jgv/1210.1099/0022-1317-83-12-2915 }}{{Ligazón morta|data=agosto de 2018#tab2 }}</ref>
* '''Virus intracelular maduro''' (IMV). É a forma máis abundante do virus e permanecen en gran número na célula ata a súa [[lise]]. Fórmanse en zonas da célula separadas doutros orgánulos chamadas factorías víricas citoplasmáticas, onde os IMV se ensamblan a partir de partículas precursoras chamadas crecentes (lípidos + proteínas víricas), que dan lugar a virus inmaduros ovais e despois a IMV, os cales xa teñen unha cápsida central (''core'') non están envoltos por membranas. Despois, algúns IMV transfórmanse en IEV, outros permanecen no citoplasma ata a lise da célula, e algúns poden evaxinarse directamente da célula en fases finais da infección. En certas cepas de poxvirus algúns quedan dentro duns corpos proteináceos chamados ATI (‘’A-type inclusion’’, inclusión de tipo A).
* '''Virus envolto intracelular''' (IEV). Algúns dos IMV saen das factorías seguindo os [[microtúbulo]]s da célula e quedan envoltos por membranas intracelulares, que algúns autores consideran que son de [[vesícula]]s da rede trans-[[aparato de Golgi|Golgi]] e outros que son de [[endosoma]]s, transformándose en IEV envoltos por unha membrana dobre.