Asia Central: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xeografía: arranxiños
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Asia Central''' é unha rexión no corazón do [[continente]] [[Asia|asiático]] dende o [[Mar Caspio]] no oeste, a [[China]] no leste, [[Afganistán]] no sur, e [[Rusia]] no norte. Existen varias definicións da súa composición exacta, e ningunha definición é aceptada universalmente. A pesar desta incerteza na definición das fronteiras, ten algunhas características xerais importantes. Por unha banda, Asia Central historicamente estivo estreitamente ligada a seus pobos [[nómade]] e a [[Ruta da Seda]]. En consecuencia, actuou como unha encrucillada para o movemento de persoas, bens e ideas entre [[Europa]], [[Asia occidental]], [[Asia Meridional]] e [[Asia Oriental]].
 
Todas as definicións de Asia Central inclúen estas cinco repúblicas da antiga [[Unión Soviética]]: [[Casaquistán]] (poboación: 16´0 millóns), [[Kirguizistán]] (5´5 millóns), [[Taxiquistán]] (7´3 millóns), [[Turcomenistán]] (5,1 millóns), e [[UzbequistánUzbekistán]] (27´6 millóns), cunha poboación total de 61´5 millóns de 2009. Outras áreas que se inclúen a miúdo son [[Mongolia]], [[Afganistán]], no norte e o oeste de [[Paquistán]], [[provincia de Khorasan|nordés de Irán]], [[Caxemira]], e, ás veces [[Xinjiang]] no [[oeste da China]] e o sur de [[Siberia]] en [[Rusia]].
 
Durante a época pre-islámica e principios da islámica, Asia Central era predominantemente [[pobos de Irán|iraniano]], rexión que inclúe sogdianos sedentarios, corasmianos e semi-nómades [[escitas]] e [[alanos]]. A antiga poboación sedentaria xogou un papel importante na historia de Asia Central. Logo da expansión dos pobos turcos, Asia Central tamén se converteu na patria de moitos pobos turcos, como os [[Pobo uzbeko|uzbekos]], [[pobo casaco|casacos]], kirguises, e [[pobo uigur|uigures]].
 
== Definicións ==
Liña 10:
[[Ficheiro:Central Asia world region2.png|326px|miniatura|Localización de Asia Central no mundo]]
 
A idea de Asia Central como unha rexión distinta do mundo foi introducida en 1843 polo xeógrafo [[Alexander von Humboldt]]. As fronteiras de Asia Central están suxeitas a múltiples definicións. A definición máis limitada, foi a oficial da [[Unión Soviética]], que define Asia Central, incluíndo unicamente [[UzbequistánUzbekistán]], [[Turkmenistán]], [[Taxikistán]] e [[Kirguistán]]. Esta definición tamén se utiliza a miúdo fora da URSS durante este período.
 
Con todo, a [[cultura rusa]] ten dous termos distintos: ''Средняя Азия'' (''Srednjaja Azija'' ou "Asia Media", a definición máis restrinxida, que inclúe só as zonas tradicionalmente non eslavas de Asia Central, as terras que se incorporaron dentro dos límites históricos de Rusia) e ''Центральная Азия'' (''Central'naja Azija'' ou "Asia Central", a definición máis ampla, que inclúe as terras de Asia Central que nunca foron historicamente parte de Rusia).