Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Ademais, moitos lugares e entidades foron nomeados en honra a Lenin.<ref>{{cita novas|autor=Serbeto, Enrique|xornal=ABC|título=Leningrado volverá a llamarse San Petersburgo|url=http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1991/06/14/035.html|data=[[14 de xuño]] de [[1991]]|dataacceso=[[24 de febreiro]] de [[2013]]|lingua=es}}</ref> A cidade de [[Petrogrado]], sitio onde comezaron as [[Revolución de Febreiro|Revolucións de Febreiro]] e [[Revolución de Outubro|Outubro]], foi renomeada como [[Leningrado]] en [[1924]], catro días despois da súa morte. En [[1991]], despois dunha disputada votación entre [[Comunismo|comunistas]] e [[Liberalismo|liberais]], o goberno cambiou o nome da cidade a [[San Petersburgo]]. Porén, a área administrativa circundante á cidade séguese a chamar [[Óblast de Leningrado]].
 
A cidade natal de [[Aleksandr Kerenskii]] e Lenin, [[Simbirsk]], segue a chamarse oficialmente hoxe en día [[Ulyanovsk]],<ref>{{cita web|url=http://russiapedia.rt.com/prominent-russians/leaders/vladimir-lenin/|título=Prominent Russians: Vladimir Lenin|dataacceso=[[24 de febreiro]] de [[2013]]|lingua=inglés}}</ref> na honra do nome de pía de Lenin, así como o [[óblast]] que segue a ser o [[Óblast de Ulyanovsk]]. [[Gyumri]], en [[Armenia]], chamouse Leninakan de [[1924]] a [[1990]] e [[Khujand]] en [[Taxiquistán]] Leninabad dende [[1936]] até [[1991]]. Outras moitas cidades tiveron ou conservan o seu nome na súa honra en países como [[Rusia]], [[Acerbaixán]], [[Ucraína]], [[Casaquistán]] ou [[UzbequistánUzbekistán]]. Tamén é posible atopar rúas co seu nome en países como [[Alemaña]], o [[Brasil]], [[España]], [[Francia]], [[Italia]] ou o [[Reino Unido]].
 
No espazo, o [[asteroide]] 852 Wladilena recibe o seu nome na honra do líder ruso.
193.232

edicións