Lingua taxica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
lig int
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
| outrosnomes = Taxico persa, galcha
| corfamilia = Indoeuropea
| estados = [[Taxiquistán]], [[Afganistán]], [[UzbequistánUzbekistán]]
| rexión = [[Asia Central]]
| falantes = 44 000 000 (con tódalas variedades)
Liña 26:
| mapa =
}}
O '''taxico''' (тоҷикӣ, en [[alfabeto cirílico|cirílico]], تاجیکی en perso-arábigo, [[Alfabeto fonético internacional|AFI]] <small>[tɔːdʒɪˈkiː]</small>) é unha [[Linguas iranias|lingua irania]] da mesma rama co [[lingua persa|persa]], falado por preto de sete millóns de persoas. O taxico contemporáneo, coma persa contemporáneo, é a continuación do persa clásico, ben coñecido polos documentos escritos que se remontan aos séculos IX e X d. C. É o idioma oficial no [[Taxiquistán]]<ref>[[Constitución do Taxiquistán]]</ref>, aínda que tamén se fala nos países limítrofes, principalmente no [[Afganistán]], no [[UzbequistánUzbekistán]] e en [[Kirguizistán]].
 
O fraccionamento político característico da época feudal e a ausencia de lazos estables económicos e culturais entre as distintas rexións nas que vivían os falantes taxicos, facilitaron o nacemento e mantemento nesas rexións de dialectos variados. Foi só tra-lo triunfo da [[Revolución de 1917]] e a consolidación do poder soviético no territorio de Asia Central cando se abre un proceso para concentrar os varios dialectos cara un taxico literario contemporáneo. Naturalmente, tra-la desintegración da Unión Soviética e a recuperación da soberanía nacional ese proceso cambiou de mans e agora é a Academia das Ciencias do Taxiquistán a encargada de facer esa labor. O idioma estándar baséase nos dialectos do noroeste de '''Taxiq''' (rexión da antiga cidade de [[Samarcanda]]), que foron considerablemente influenciados pola [[lingua uzbecauzbeka]], como resultado da proximidade xeográfica.
 
Un grande mérito do estudio do taxico e dos seus dialectos débese enteiramente aos estudosos ruso-soviéticos. Do período pre-revolucionario destacan O.I. Senkovskij e V.V. Grigoriev que por primeira vez sinalaron algunhas características gramaticais e léxicas da lingua dos autores centro-asiáticos. Tamén C. Salemann dirixiu a súa atención á fonética taxica a partir de textos xudeu-persas de [[Bukhara]] (ademais de diferentes estudos sobre o [[Lingua iagnobiana|iagnobí]]). No período soviético abriuse unha nova etapa no estudo da lingua e o achado de solucións para a creación dunha nova lingua literaria, dunha ortografía, dunha terminoloxía etc. E foi sobre todo grazas aos traballos de I.I. Zarubin e dos seus discípulos que se desenvolveu a mediados dos anos vinte do século XX o estudo dos dialectos e da fonética do taxico.
Liña 34:
O taxico tamén mantivo diversos elementos arcaicos no seu vocabulario e na gramática, que se perderan no resto do mundo persófono, grazas ao seu relativo illamento nas montañas da [[Asia Central]].
 
Antes de 1928, usaba unha versión de escritura árabe/persa, aínda que máis tarde adoptou o [[alfabeto latino]] entre 1928 e 1940, para pasar máis tarde a unha versión do [[alfabeto cirílico]]. En 1994, o goberno taxico intentou volver introducir o alfabeto latino como [[Sistema de escrita|sistema de escritura]], pero movementos radicais esixían a implantación da escrita perso-arábiga. Na actualidade aínda se segue a empregar a escrita perso-arábiga en UzbequistánUzbekistán e nas zonas taxicofalantes do Afganistán.
 
== Distribución xeográfica ==
Liña 40:
Os dialecto taxicos ('''шеваҳои забони тоҷикй''') poden agruparse nos seguintes grupos:
 
# Dialectos setentrionais (Norte do Taxiquistán, zonas do sur de UzbequiaUzbekistán e Quirguicia).
# Dialectos centrais (dialectos de [[Mastjoh]], [[Aini]], [[Hissor]] e zonas de [[Varzob]]).
# Dialectos meridionais (dialectos de [[Qarotegin]], [[Kulob]], dialectos do [[Badaghxán]] etc.)