Axuda:Como trocar o nome dunha páxina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25:
 
==Observacións==
A función "mover páxina" conserva o historial completo do artigo, antes e logo da mudanza, nun único lugar, como se o artigo se denominase ''sempre'' desa maneira. Polo tanto, é preferíbel usar este método mellor que recortar texto dun artigo e pegalo noutro novo: as revisións anteriores, notas e [[WP:ATRIB|atribucións]] non se manterían se se fai así. Así e todo, ás veces recortar e pegar é precisamente o máis conveniente, como cando se subdivide unha páxina. En caso de utilizar este método, habería que incluír unha nota na páxina de conversa do artigo novo que referise de onde procede o texto.
 
A operación de mudanza de nome móstrase no historial da páxina co título vello. Porén, se a páxina se volve a mover para o nome anterior, o historial da páxina co título intermedio mostra exclusivamente o último movemento, xunto co nome do wikipedista mais coa hora da primeira vez que se moveu. En consecuencia, pérdense o nome do usuario que primeiro moveu a páxina e a hora do segundo movemento (excepto o que se vexa en "Cambios recentes").