Humor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Acto fallado
 
Liña 4:
 
== Características ==
O riso é unha das poucas cousas que individualizan o ser humano respecto a outros animais, aínda que estes mostran unha conduta parecida cando se enfrontan a situacións para eles absurdas ou incomprensíbeis: ensinar os dentes en sinal de ameaza. De aí que ensinar os dentes ou rir entre os humanos estea frecuentemente ligado a acontecementos que suscitan profunda inquietude no fondo do espírito: a morte (humor negro), o sexo etc..., e incluso se fala ás veces da chamada [[risa nerviosa]], como un [[acto fallidofallado]] do [[subconsciente]]. A orixe do termo ''humor'' vén da teoría dos catro humores do corpo da medicina grega, que regulaban o estado de ánimo: a [[bile]], a flegma, o sangue e a bile negra (ou atra bile). O carácter humorístico corresponde ao humor sanguíneo.
 
Existen diferentes tipos de humor adaptados a diferentes sensibilidades e grupos humanos. Por exemplo os meniños acostuman rirse máis das caídas ou dos choques, mais non comprenden tan ben a sutileza da [[sátira]] o da [[ironía]].