Casa dos Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
reflexar > reflectir
Liña 57:
== Os inicios do imperio (1504-1521) ==
[[Ficheiro:Juana la Beltraneja.jpg|miniatura|125px|esquerda|[[Xoana a Beltranexa]].]]
España, tanto na súa configuración territorial como na definición da súa entidade estatal, non chegou a presentar un aspecto similar ao actual ata a morte de Carlos II. Con ela produciuse a extinción dos Habsburgo de Madrid, a ascensión de [[Filipe V de España|Filipe V]] e a inauguración da Dinastía [[Casa de Borbón|Borbón]] e as súas reformas. A área política referida como España -sobre todo na súa percepción exterior- era, de feito, a unión na persoa do rei de moi diversas entidades políticas saídas da Idade Media. A transcendencia do matrimonio de [[Fernando II de Aragón]] e [[Isabel I de Castela]] en [[1469]], e as personalidades destes reis tiveron moito que ver con iso, aínda que tamén o [[Sorte|azar]] que foi frustrando algúns dos seus proxectos e facendo triunfar outros. Non fora a única opción considerada, habendo sido posible igualmente unha unión de Castela con Portugal, ben sen Aragón (de triunfar a súa medio irmán [[Xoana a Beltranexa]] na [[Guerra de Sucesión Castelá]]) ou ben con el (de sobrevivir o seu neto o príncipe [[Miguel da Paz]]).
[[Ficheiro:Juan_de_Flandes_003.jpg|miniatura|150px|dereita|[[Xoana I de Castela|Xoana a Tola, Raíña de Castela]] (r. 1504-1506), Kunsthistorisches Museum, Viena.]]
En 1504, a raíña Isabel morreu, e aínda que Fernando intentou manter a súa posición sobre Castela tras a súa morte, as [[Cortes de Castela]] escolleron coroar raíña á filla de Isabel, [[Xoana I de Castela|Xoana]].