Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Shastre»

 
::::Moi ben, como vexas, xa sabes onde estamos :). Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 4 de febreiro de 2019 ás 15:18 (UTC)
:::::Prezado Shaste: o criterio na Galipedia é respectar as escollas lingüísticas das persoas que editan primeiro, por exemplo nas contraccións ao/ó ou ambas as/ámbalas, no uso da primeira ou segunda forma do artigo, ou nas terminacións dos adxectivos -ble/-bél. O mesmo pasa coa escolla léxica no caso de palabras sinónimas. Por que consideras que unhas formas patrimoniais galegas merecen menos presenza polo simple feito de ser coincidentes co castelán? Penso que es ti quen está a limitar e forzar a máquina. Como dixo o compañeiro Elisardo, anímote a seguir colaborando e mellorando o traballo feito por outras persoas, posto que a idea é enriquecer o proxecto con achegas diversas e válidas, pero non entendo a teima en modificar redaccións. As correccións (de ''corrixir'', non de ''correxer''; correxer é rexer xunto a outra persoa) fanse sobre formas incorrectas. Insisto: lamentaría que deixases de colaborar por iso. Un saúdo! --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 4 de febreiro de 2019 ás 22:12 (UTC)
128.331

edicións