Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Shastre»

:Entendo a túa postura, pero como na Galipedia séguense as Normas da RAG, os termos aceptados por eles non poden cambiarse. Si poden cambiarse nos casos que estean usados de forma incorrecta, o que non se pode facer é substituír uns termos por outros sinónimos porque consideremos que son máis galegos ou chámalle x. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 3 de febreiro de 2019 ás 23:05 (UTC)
::Shastre, eu non pretendía despachar nada, síntoo se foi esa a impresión que che dei, eu só quería comentarche a forma de traballar que hai agora mesmo no proxecto, e que está recollida no [[Wikipedia:Libro de estilo]] e foi aceptada pola comunidade. Isto non quere dicir que non se poida falar do asunto, todo o contrario, a Galipedia precisa propostas para ser cada vez mellor. Pero como comprenderás, estas cousas non as pode decidir cada usuario, temos que falalas entre todos e, se é preciso, votalas para modificar as políticas afectadas. Como se fai iso? O máis normal é abrir un novo fío na Taberna, expoñer alí o que se quere debater e falar entre todos. Podes facelo en [[Wikipedia:A Taberna (políticas)]] por exemplo. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 4 de febreiro de 2019 ás 12:03 (UTC)
 
:::Xa che comentei que isto non é inamovible, pode expoñerse o problema tal como o ves ti na taberna e comentalo co resto de usuarios para ver que se debe/pode facer. Ó mellor a xente entende que eu estou seguindo a norma de xeito demasiado estrito e que hai que entendela de forma máis ampla... Eu anímote a que fagas a proposta e vexamos como sae... Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 4 de febreiro de 2019 ás 13:26 (UTC)
99.949

edicións