Xenocidio de Ruanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
O '''Xenocidio de Ruanda''' foi un [[Xenocidio|asasinato en masa]] da etnia [[tutsi]] por membros [[hutu]]s que tivo lugar en 1994 no estado africano de [[Ruanda]]. Ó longo de aproximadamente 100 días (dende o [[asasinato de Juvénal Habyarimana e Cyprien Ntaryamira]] o 6 de abril, ata mediados de xullo) máis de 500.000 persoas foron asasinadas segundo estimacións de [[Human Rights Watch]].<ref name = "ADF 1999">{{Cita Harvard sen parénteses|Des Forges|1999}}.</ref> O número total puido estar entre 500.000–1.000.000, ou o que é o mesmo, o 20% da poboación total do país. Foi o resultado da tensión e competición étnica entre a minoría [[tutsi]], que controlou o poder na rexión durante séculos, e a maioría [[hutu]], que conseguiu facerse co poder na rebelión de 1959–62.
 
En 1990, a [[Fronte Patriótica Ruandesa]] (RPF), un grupo rebelde composto por refuxiados tutsis, invadiu o norte de Ruanda dende [[Uganda]] nun intento de derrotar o goberno hutu. Comezaron a [[guerra civil ruandesa]], loitando contra o réxime hutu, co apoio da África francófona e [[Francia]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Wallis|2006|pp=38–41}}.</ref><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Jones|1999|p=135}}.</ref> Este feito aumentou a tensión [[etnia|étnica]] no país. En resposta, moitos hutu aderíronseadheríronse á ideoloxía do [[Poder Hutu]], que contaba co apoio dos medios estatais e independentes.
 
A ideoloxía do Poder Hutu baseábase en que os tutsi tentaban re-escravizar ós hutu e por iso debían resistirse a toda costa. Os continuos conflitos deron como resultado o desprazamento dun gran número de hutus no norte, así como periódicos asasinatos hutus de tutsis no sur. A presión internacional e o goberno hutu de [[Juvénal Habyarimana]] acabaron coa guerra en 1993. Tíñase intención de implemetarimplementar os [[Acordos de Arusha]].
 
O asasinato de Habyarimana en abril de 1994 desencadeou un reacción violenta dos hutus, que asasinaron en masa ós tutsis (e tamén a hutus opositores a prol da paz, que foron tomados por "traidores" e "colaboradores"). O xenocidio foi artellado por membros do Poder Hutu coñecidos como [[Akazu]], moitos dos cales ocupaban posicións de importancia no goberno da nación. O xenocidio foi apoiado e coordinado polo goberno nacional, así como por militares, civís e medios de comunicación. Xunto cos militares, os principais responsables dos asasinatos foron dúas milicias hutu organizadas con ese obxectivo polos partidos políticos: ''[[Interahamwe]]'' e ''[[Impuzamugambi]]''. Ademais, hai que ter en conta que unha vez que o xenocidio foi posto en marcha, gran número de civís tomaron parte nos asasinatos. Co acordo de paz rematado, o RPF tutsi reiniciou a súa ofensiva, derrotando ó exército e tomando o control do país.