Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 39:
Boas Shastre, parabéns polo teu traballo de revisión de artigos, precisamos moitas mans como as túas :). Porén, teño que comentarche un detalliño que supoño que coñeces do funcionamento da Galipedia, para evitar guerras de edicións, non está permitido cambiar os termos correctos que haxa no artigo para respectar as escollas dos editores anteriores. Podes ver o historial do artigo economía para ver os arranxos que tiven que facer na túa edición, por iso pídoche que só modifiques erros ortográficos, de redacción ou de contido. Se tes calquera dúbida podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 3 de febreiro de 2019 ás 21:44 (UTC)
:Entendo a túa postura, pero como na Galipedia séguense as Normas da RAG, os termos aceptados por eles non poden cambiarse. Si poden cambiarse nos casos que estean usados de forma incorrecta, o que non se pode facer é substituír uns termos por outros sinónimos porque consideremos que son máis galegos ou chámalle x. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 3 de febreiro de 2019 ás 23:05 (UTC)
::Shastre, eu non pretendía despachar nada, síntoo se foi esa a impresión que che dei, eu só quería comentarche a forma de traballar que hai agora mesmo no proxecto, e que está recollida no [[Wikipedia:Libro de estilo]] e foi aceptada pola comunidade. Isto non quere dicir que non se poida falar do asunto, todo o contrario, a Galipedia precisa propostas para ser cada vez mellor. Pero como comprenderás, estas cousas non as pode decidir cada usuario, temos que falalas entre todos e, se é preciso, votalas para modificar as políticas afectadas. Como se fai iso? O máis normal é abrir un novo fío na Taberna, expoñer alí o que se quere debater e falar entre todos. Podes facelo en [[Wikipedia:A Taberna (políticas)]] por exemplo. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 4 de febreiro de 2019 ás 12:03 (UTC)