Estacións do ano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}}
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 23:
En realidade o plano da eclíptica no cal se move aparentemente o sol forma un ángulo de 23º26' co plano do ecuador. Por conseguinte este astro só pode acharse no [[cénit]] dun observador ecuatorial cando pasa pola intersección de ambos planos, liña dos equinoccios, o cal ocorre sobre o 20 ó 21 de marzo cando o Sol pasa do hemisferio sur ó norte, e o 22 ó 23 de setembro cando pasa do norte ó sur. Entre eses dos momentos, o día 22 ó 23 de xuño o Sol acada no hemisferio boreal a súa máxima declinación (distancia angular ó ecuador) o que ocorre para o hemisferio sur o 21 ou 22 de decembro.
 
O día que o Sol cruza o ecuador, o movemento de rotación da Terra lle fai describir aparentemente unha traxectoria ecuatorial, estando 12 h. por arriba do horizonte e 12 por debaixo en calquera latitude. Se é marzo a partir desa data o sol culmina máis alto nos lugares do hemisferio norte e cada vez mas baixo sobre o hemisferio sur. Os días alónganse no norte e acurtanseacúrtanse no sur. Por se fose pouco os raios solares caen cada vez máis perpendiculares no norte e máis rasantes no sur. A consecuencia deste proceso é un quentamento primaveral do norte e un arrefriamento outonal do sur o cal prosegue ata o 22 de xuño. Nesta data o Sol pasa polo solsticio de verán e iníciase no norte esa estación mentres no sur comeza o inverno.
 
O sol ese día acada no hemisferio norte a súa máxima altura sobre o horizonte atinxindo ó mediodía o cénit no Trópico de Cáncer, é dicir o paralelo 23º27'N. Tódalas rexións situadas a latitude maior ca 66º33'N (correspondentes ó círculo polar Ártico) reciben permanentemente a luz do Sol. No resto do hemisferio os días son os máis longos e as noites as máis curtas. No hemisferio austral polo contrario a situación é totalmente a contraria , é inverno, os días curtos e as noites longas, no círculo polar Antártico é noite permanente.