Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: Envío de mensaxes en masa
Sen resumo de edición
Liña 234:
<!-- Sent via script ([[w:en:User:Evad37/SPS]]) --></div></div>
<!-- Mensaxe enviada por User:Chris troutman@metawiki mediante a lista presente en https://meta.wikimedia.org/w/index.php?title=Global_message_delivery/Targets/Signpost&oldid=18804310 -->
 
 
O perímetro implícito
Ola,
Grazas pola explicación, entendo máis ou menos o que dis, aínda que "guerras de edicións" me pareza esaxerado. Para min o asunto véxoo deste modo: comecei a ler algúns artigos e reparei en que a maioría deles semellan seren traducións (polo menos parciais) de textos en castelán. Non digo que o sexan, soamente que o parecen en canto a xiros, expresións e vocabulario. Sendo a maioría das expresións e xiros lingüísticos son calcos do castelán, se soamente se correxen os castelanismos, realmente hai un problema: se soamente usa expresións coincidentes co castelán, a wikipedia transmite soamente un subconxunto da lingua galega que coincide co castelán.
Como iso ocorre para moitas das páxinas que lin (non das que mudei, senón en xeral), cheguei á conclusión de que podía aportar valor non soamente corrixindo os erros claros, mais tamén permitindo que o texto saíse do "perímetro de xiros e expresións coincidentes co castelán". O galego é moito máis rico ca ese perímetro.
Na miña opinión, a wikipedia debe respectar o galego en toda a súa extensión. Se por razóns históricas, ou as que fosen, moitos dos textos están encurrelados no "perímetro implícito establecido" de xiros vocabulario coincidente co castelán, isto haino que correxer, non que mirar para outro lado!.
É o meu punto de vista, pero se non é compartido pois non pasa nada, pero non poderei colaborar.
Un saúdo.[[Usuario:Shastre|Shastre]] ([[Conversa usuario:Shastre|conversa]]) 3 de febreiro de 2019 ás 22:33 (UTC)