Grupos Antiterroristas de Liberación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
corrixido o formato das referencias
Liña 15:
== Nacemento ==
 
En xaneiro de 1983 comezan unhas conversacións de paz entre o [[PSOE]], [[PNV]] e [[Herri Batasuna]] <ref>http{{Cita novas|título=El PSE-PSOE acepta negociar con HB y el PNV sobre la pacificación del País Vasco|url=https://elpais.com/diario/1983/01/18/espana/411692405_850215.html|xornal=El País|data=1983-01-18|data-acceso=2019-02-03|issn=1134-6582|lingua=es|nome=|apelidos=|autor=}}</ref>. En abril dese mesmo ano celebráronse na madrileña [[serra de Guadarrama]] reunións secretas entre membros do [[Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra|PSE-PSOE]] e membros do goberno socialista: [[Ricardo García Damborenea]], [[José Barrionuevo]], [[Rafael Vera]], [[Ramón Jáuregui]], [[José María Benegas]] e [[Julián Sancristóbal]] nas que acordaron secuestrar a membros de [[ETA]] <ref>http{{Cita novas|título=Damborenea dice que Barrionuevo y dirigentes del PSOE acordaron en 1983 secuestrar etarras|url=https://elpais.com/diario/1996/01/05/espana/820796419_850215.html|xornal=El País|data=1996-01-05|data-acceso=2019-02-03|issn=1134-6582|lingua=es|nome=|apelidos=|autor=}}</ref>. No mes de xullo, membros do [[CESID]], liderados polo coronel [[Perote]], redactaron o que se coñece como acta fundacional dos GAL na que se analizan as vantaxas e desventaxas da guerra sucia <ref>http{{Cita novas|título=Perote aporta los originales de algunos 'papeles del Cesid' e involucra a Galindo en la 'guerra sucia'|url=https://elpais.com/diario/2000/02/17/espana/950742030_850215.html|xornal=El País|data=2000-02-17|data-acceso=2019-02-03|issn=1134-6582|lingua=es|nome=|apelidos=|autor=}}</ref>.
 
== Actuacións ==
 
O 28 de setembro danse por iniciadas as accións dos GAL en [[Francia]], integrados por membros das forzas de seguridade do Estado español e por mercenarios <ref>http{{Cita web|título=Cronología del nacimiento de los GAL|url=https://www.elmundo.es/nacional/gal/marey/crononacimiento.html|páxina-web=www.elmundo.es|data-acceso=2019-02-03}}</ref>. A primeira actuación dos GAL foi o secuestro dos mozos independentistas Lasa e Zabala, o 16 de outubro. Dous días despois, catro policias españois son detidos polas forzas de seguridade francesas no intento de secuestro de José Maria Larretxea Goñi. Tras o informe do [[CESID]] no que señalan a Mikel Lujua coma un dos líderes de [[ETA]], os '''GAL''' deciden secuestralo.
 
O 4 de decembro Segundo Marey escoitou o timbre, abriu a porta e saliu da súa casa (en [[Hendaya]]). Dous homes, que o confundiron co membro de ETA Mikel Lujúa, agarrárono e metérono pola forza noutro vehículo, logo emprenderon a viaxe en dirección a España. O subcomisario Amedo desprazouse ó posto fronteirizo de [[Dantxarinea]] ([[Navarra]]), para esperar os secuestradores e resolver os problemas que puideran xurdir para lograr que entrasen en España coa vítima. Tras pasar a fronteira trasladáronse a unha cabana en [[Colindres]]. A pesar de darse conta do error, e coa autorización de Barrionuevo, seguiron adiante co secuestro <ref>http{{Cita web|título=Marey, la primera víctima de los GAL|url=https://www.elmundo.es/nacional/gal/marey/victima.html|páxina-web=www.elmundo.es|data-acceso=2019-02-03}}</ref>. O día 6 contactaron coa [[Cruz Vermella]] de [[Donosti]] e anunciaron que se os seus catro compañeiros detidos non eran liberados executarían a Marey, dous días despois os axentes foron liberados. E o día 13 foi liberado Segundo Marey a un quilómetro da fronteira francesa e cun comunicado no que por primeira vez se vían as siglas ''GAL''.
 
O 19 de decembro Ramón Oñaederra é asasinado, comezan os primeiros rumores sobre a vinculación dos GAL co Goberno <ref>{{Cita web|título=La enigmática organización contra-terrorista GAL asesinan a tiros en Francia al etarra Ramón Oñaederra: ¿Guerra sucia contra ETA?|url=http://lahemerotecadelbuitre.com/piezas/la-enigmatica-organizacion-contra-terrorista-gal-asesinan-a-tiros-en-francia-al-etarra-ramon-onaederra-guerra-sucia-contra-el-terrorismo/|páxina-web=La Hemeroteca del Buitre|data-acceso=2019-02-03|lingua=en-US}}</ref>. O día 28 os ''GAL'' levarían a cabo un atentado contra Miguel Antonio Goikoetxea, coñecido como Txapela, na localidade francesa de [[Saint-Jean-de-Luz]]. Goikoetxea foi tiroteado por dous descoñecidos, que logo fuxiron nunha motocicleta <ref>http{{Cita novas|título=El terrorista de ETAm 'Txapela', clínicamente muerto por un atentado|url=https://elpais.com/diario/1983/12/29/espana/441500404_850215.html|xornal=El País|data=1983-12-29|data-acceso=2019-02-03|issn=1134-6582|lingua=es|nome=|apelidos=|autor=}}</ref>.
 
As primeiras vitimas do ano 1984 foron Vicente Perurena Telletxea e Angel Gurmindo Lizarraga "Stein" que foron atacados por membros dos GAL en Hendaia, Francia o 8 de febreiro <ref>{{Cita web|título=Ángel Gurmindo Lizarraga y Vicente Perurena Telletxea|url=http://inmemoriampropax.blogspot.com.es/2011/02/angel-gurmindo-lizarraga-y-vicente.html|páxina-web=In Memoriam pro Pax|data=2011-02-27|data-acceso=2019-02-03|nome=|apelidos=}}</ref>. Tamén en Francia o día 25 foi asasinado Eugenio Gutiérrez Salazar "Tigre" <ref>{{Cita web|título=Los GAL asesinan al militante de ETA, Eugenio Gutiérrez Salazar 'Tigre' al día siguiente del asesinato de Enrique Casas (PSOE)|url=http://lahemerotecadelbuitre.com/piezas/los-gal-asesinan-al-militante-de-eta-eugenio-gutierrez-salazar-tigre-al-dia-siguiente-del-asesinato-de-enrique-casas/|páxina-web=La Hemeroteca del Buitre|data-acceso=2019-02-03|lingua=en-US}}</ref>. No transcurso deste ano seguen a sucederse númerosos atentados contra membros de ETA como o presunto dirixente Javier Pérez Arenaza Fogorb <ref>http{{Cita novas|título=Los GAL asesinan en Biarritz a un cuñado de Iturbe Abasolo 'Txomin', uno de los principales dirigentes de ETA Militar|url=https://elpais.com/diario/1984/03/24/espana/448930803_850215.html|xornal=El País|data=1984-03-24|data-acceso=2019-02-03|issn=1134-6582|lingua=es|nome=|apelidos=|autor=}}</ref>. Pero tamén realizan diversos asasinatos ou torturas a persoas de fóra da contorna da ETA, como o secuestro dos membros dos comités antinucleares Xavier Lorenzo e Endica Lorenzo <ref>http{{Cita web|título=Los GAL y sus víctimas: Xavier Lorenzo y Endica Lorenzo, miembros de los comités antinucleares - Los Verdes|url=https://verdes.info/los-gal-y-sus-victimas-xavier-lorenzo-y-endica-lorenzo-miembros-de-los-comites-antinucleares/|páxina-web=|data=2016-05-26|data-acceso=2019-02-03|lingua=es-ES}}</ref>. A lista dos asasinados polos ''GAL'' en 1984 continúa con Jean Pierre Leiba (traballador ferroviario), Rafael Goikoetxea (membro de ETA), Tomás Pérez Revilla (membro de ETA), Ramón Orbe (membro de ETA), Christian Olaskoaga (non tiña relación con ETA) e Santi Brouard (concelleiro). A esta lista ademais hai que sumar os feridos nos tiroteos ou atentados.
 
A primeira vítima mortal do ano 1985 foi o fotógrafo do diario Egin, Xabier Galdeano <ref>{{Cita web|título=El asesinato de Xabier Galdeano|url=https://issuu.com/patrivr/docs/xabier_galdeano|páxina-web=Issuu|data-acceso=2019-02-03|lingua=es}}</ref>. Pero antes desta data, houbo máis atentados no que o número de vítimas que non son membros de ETA é considerábel: Xabier Manterola (dirixente de Herri Taldeak), Christian Casteigts, Benoit Pecasteing e Marc Mutio. A segunda vítima mortal do ano 1985 foi, o 26 de xuño en [[Baiona, Francia|Baiona]], Santos Blanco Gonzalez "Aitite" presunto membro de ETA<ref>{{Cita web|título=Santos Blanco González "Aitite"|url=http://inmemoriampropax.blogspot.com.es/2011/06/santos-blanco-gonzalez-aitite.html|páxina-web=|data=2011-06-26|data-acceso=2019-02-03|nome=|apelidos=}}</ref>. Días despois os ''GAL'' de novo asasinan a persoas que non teñen relación con ETA, Emile Weiss e Claude Doer son tiroteados nun bar de [[Ciboure]] e o 31 de agosto Dominique Labeyrie en [[Saint-Jean-de-Luz]]<ref>{{Cita web|título=La sombra de los GAL persigue al PSOE|url=http://www.outono.net/elentir/2010/11/11/la-sombra-de-los-gal-persigue-al-psoe/|páxina-web=Elentir|data-acceso=2019-02-03|lingua=es}}</ref>. O mes de setembro tivo numerosas vítimas xa que foron asasinados os presuntos membros de ETA Juan Manuel Otegui, José Mari Etxaniz Maiztegi "Potros", Iñaki Asteasuinzarra Pagla, Agustín Irazustabarrena Urruzola "Legra" e Sabin Etxaide Ibarguren "Eskumotza".
 
No ano 1986 os ''GAL'' realizaron varias accións pero ningunha contra membros de ETA. O 6 de xaneiro morre Robert Caplanne tras as feridas provocadas por un atentado en [[Biarritz]]. Karmele Martínez, Federick Haramboure e Nagore Otegui, filla de Juan María Otegui de tan só tres anos de idade, son tiroteados nun bar de Baiona, os tres sobreviven<ref>http{{Cita novas|título=Los heridos en el atentado contra un bar de Bayona se encuentran fuera de peligro|url=https://elpais.com/diario/1986/02/10/espana/508374015_850215.html|xornal=El País|data=1986-02-10|data-acceso=2019-02-03|issn=1134-6582|lingua=es|nome=|apelidos=|autor=}}</ref>. Christophe Matxikote e Catherine Brion son asasinados o 17 de febreiro <ref>{{Cita web|título=Cristophe Machicotte y Catherine Brion|url=http://inmemoriampropax.blogspot.com.es/2012/02/cristophe-machicotte-y-catherine-brion.html|páxina-web=In Memoriam pro Pax|data=2012-02-17|data-acceso=2019-02-03|nome=|apelidos=}}</ref>.
 
Hai dous asasinatos que teñen a sombra do ''GAL'' pero que nunca se chegaron a confirmar. O de Juan Carlos García Goena, o 24 de xullo de 1987, no que os detidos culpan a organización terrorista. E o do parlamentario de Herri Batasuna, Josu Muguruza, o 20 de novembro de 1989, no que se recibiu unha chamada no nome dos ''GAL''.
 
==Xuízos==
O primeiro xuízo contra membros do ''GAL'' tivo lugar o ano 1991, un xuízo contra José Amedo e Míchel Domínguez. Os dous foron condenados por contratar mercenarios para realizar atentados, pero o xuíz non considerou os ''GAL'' como banda terrorista <ref>{{Cita web|título=La Audiencia Nacional condena a José Amedo y a Michel Domínguez a 108 años de cárcel por organizar los GAL|url=http://lahemerotecadelbuitre.com/piezas/la-audiencia-nacional-condena-a-jose-amedo-y-a-michel-dominguez-a-108-anos-de-carcel-por-organizar-los-gal/|páxina-web=La Hemeroteca del Buitre|data-acceso=2019-02-03|lingua=en-US}}</ref>. No ano 1994 o xuíz [[Baltasar Garzón]] reabriu o caso e mandou ó cárcere a dous policías de Bilbao, ó responsábel da [[Brigada de información]] de Bilbao, o xefe do Mando Único da loita antiterrorista e o director xeral da seguridade do Estado, Julián Sancristóbal <ref>http{{Cita web|título=Cronología del 'caso Marey', la historia de un secuestro|url=https://www.elmundo.es/elmundo/2001/05/31/espana/991332870.html|páxina-web=www.elmundo.es|data-acceso=2019-02-03}}</ref>.
 
En 1995 o xuíz Garzón ordena o encarceramento de Rafael Vera, esta decisión é en consecuencia das declaracións dos ex policías José Amedo e Michel Domínguez <ref>http{{Cita novas|título=El juez Garzón ordena el encarcelamiento del ex secretario de Rafael Vera por malversación|url=https://elpais.com/diario/1995/01/10/espana/789692414_850215.html|xornal=El País|data=1995-01-10|data-acceso=2019-02-03|issn=1134-6582|lingua=es|nome=|apelidos=|autor=}}</ref>. Mentres o proceso seguía aberto Damborenea e Sancristóbal cambian a súa versión e acusan a Felipe González e a Barrionuevo do ''caso GAL'' <ref>{{Cita web|título=Damborenea y Sancristobal cambian su versión acusan a Felipe González y a Barrionuevo de ser los responsables del 'caso GAL'|url=http://lahemerotecadelbuitre.com/piezas/damborenea-julian-sancristobal-y-los-otros-mandos-detenidos-por-el-caso-gal-acusan-directamente-al-ex-ministro-barrionuevo-de-haber-sido-el-responsable-del-secuestro-de-marey/|páxina-web=La Hemeroteca del Buitre|data-acceso=2019-02-03|lingua=en-US}}</ref>. E Garzón imputa a González un delito de fundación da banda armada GAL aínda que non chegou a declarar por existir só ''pequenas sospeitas''<ref>http{{Cita novas|título=Garzón imputa a González un delito de fundación de la banda armada GAL y otro de malversación|url=https://elpais.com/diario/1995/07/29/espana/806968818_850215.html|xornal=El País|data=1995-07-29|data-acceso=2019-02-03|issn=1134-6582|lingua=es|nome=|apelidos=|autor=}}</ref>.
 
No ano [[1991]] o goberno de [[José María Aznar|Aznar]] chegou ó poder, e negouse a entregar os papeis do CESID sobre os GAL <ref>http{{Cita novas|título=Recurso al Supremo contra la negativa del Gobierno a entregar los 'papeles del Cesid'|url=https://elpais.com/diario/1996/09/11/espana/842392809_850215.html|xornal=El País|data=1996-09-11|data-acceso=2019-02-03|issn=1134-6582|lingua=es|nome=|apelidos=|autor=}}</ref>. No ano 1998 tras un novo xuízo do ''caso Marey'' Barrionuevo e Vera, entre outros, son condeados ó cárcere <ref>http{{Cita novas|título=El Supremo ordena encarcelar a Barrionuevo y Vera|url=https://elpais.com/diario/1998/09/09/espana/905292001_850215.html|xornal=El País|data=1998-09-09|data-acceso=2019-02-03|issn=1134-6582|lingua=es|nome=|apelidos=|autor=}}</ref>. Máis tarde o goberno indulta os principais condenados polo ''caso Marey'' a excepción de Amedo e Domínguez <ref>{{Cita web|título=El Gobierno Aznar indulta a los principales condenados por el secuestro de Marey (GAL) incluidos Barrionuevo y Vera|url=http://lahemerotecadelbuitre.com/piezas/el-gobierno-aznar-indulta-a-los-principales-condenados-por-el-secuestro-de-marey-gal/|páxina-web=La Hemeroteca del Buitre|data-acceso=2019-02-03|lingua=en-US}}</ref>.
 
Non foi até o ano [[2001]] cando se resolveron os recursos de todas as partes, Vera e Barrionuevo volveron a prisión pero tan só durante nove horas pola decisión das xuntas de tratamento dos centros penitenciarios, na que decidían que non eran necesarias as pernoctancias no cárcere e a condena resolveríase coa firma por parte dos condenados dúas veces por semana nas autoridades penitenciarias <ref>http{{Cita web|título=Barrionuevo y Vera salen de prisión y sólo tendrán que pasar controles periódicos|url=https://www.elmundo.es/elmundo/2001/05/30/espana/991238980.html|páxina-web=www.elmundo.es|data-acceso=2019-02-03}}</ref>.
 
==Notas==