Diferenzas entre revisións de «Economía»

sen resumo de edición
m
'''Economía''' (do [[Lingua grega|grego]] οίκος [''oikos''], 'casa', e νομος [''nomos''], 'regra', polo tanto ''"dirección dunha casa"'') é unha [[ciencia social]] que estuda a [[Produción (economía)|produción]], [[distribución]], [[comercio]] e consumo de [[Material|bens]] e servizos. A economía dise [[normativa]] cando recomenda unha opción sobre outra, ou cando fai un xuízo subxectivo de valor. Pola contra, a economía dise [[positiva]] cando intenta predicir e explicar obxectivamente as consecuencias de eleccións, dadas unha serie de [[premisas]] e/ou un conxunto de observacións. A elección de que premisas facer na construción dun modelo así como que observacións destacar son, non obstante, normativas.
 
A economía, que se centra en variables mensurables, divídese en dúas ramas principais: [[microeconomía]], que trata dos axentes individuais, tales como fogares e empresas, e [[macroeconomía]], que considera a economía na súa totalidade, e trata da [[oferta agregada|oferta]] e [[demanda agregada]]s de [[diñeiro]], [[capital]] e [[mercancíamercadoría]]s. Os aspectos que reciben a particular atención en economía son: asignación de recursos, produción, distribución, comercio, e competencia. A lóxica económica aplícase cada vez máis a calquera problema que implique a elección en situación de escaseza ou determinar un valor económico .
 
O paradigma económico preponderante é unha combinación da [[economía neoclásica]] e da macroeconomía chamada a [[síntese neoclásica]]. Varias escolas de [[economía heterodoxa]] intentan explicar os fenómenos económicos utilizando premisas, formalismos ou paradigmas diferentes.
Unha definición que capta boa parte da [[teoría económica]] é a de [[Lionel Robbins]] nun [[An Essay on the Nature and Significance of Economic Science#Major propositions|ensaio de 1932]]: "a ciencia que estuda a conduta humana como a relación entre fins e medios escasos que teñen usos alternativos". [[Escaseza]] significa que os [[Recurso (economía)|recursos]] dispoñíbeis son insuficientes para satisfacer todos os desexos e necesidades. A ausencia de escaseza e os usos alternativos dos recursos dispoñíbeis non é un [[problema económico]]. Deste xeito a economía atinxe o estudo da [[Teoría da elección racional|elección]] ou escolla, influída por incentivos e recursos.
 
== CamposEidos de estudo na economía ==
O campoeido de estudo da economía pode ser dividido de varios xeitos, os máis comúns son a [[microeconomía]] e a [[macroeconomía]]. A economía pode dividirse tamén en [[economía positiva|positiva]] ("o que é") e [[economía normativa|normativa]] ("o que debería ser"), e por subcampos. Os seu métodos teñen acrecentado a súa aplicación a outros espazos de estudo que engloban ás persoas encarando situacións electivas, incluíndo a educación, a economía familiar, a política, a saúde e a lei.
 
=== Microeconomía e macroeconomía ===
A economía divídese polo normal en dúas ramas bastante amplas:
* [[Microeconomía]], que estuda o comportamento económico de actores individuais como [[empresa]]s, familias, e individuos, co obxectivo de entender o proceso de toma de decisións ante unha escaseza e as consecuencias da asignación destas decisións.
* [[Macroeconomía]], que estuda unha economía como un conxunto ou un agregado de individuos con acoa intención entender a interacción entre agregados económicos, como agora o ingreso nacional, a ocupación e a [[inflación]]. A teoría do equilibrio xeral combina conceptos desde undun punto de vista macroeconómico, pero con unhacunha construción microeconómica.
 
Algúns economistas tentarán unir estas dúas ramas ou rexeitarán as súas diferenzas, especialmente durante os anos setenta e oitenta do século XX. Na actualidadeActualmente, o consenso é que a macroeconomía teña un fundamento microeconómico sólido, é dicir, as premisas macroeconómicas deben ter unha base na microeconomía.
 
A economía tamén se pode dividir en numerosas subdisciplinas que non por forza pertencen exclusivamente a unha das dúas grandes ramas citadas. Algunhas destas subdisciplinas son: a [[economía internacional]], a [[economía laboral]], a [[economía do benestar]], a [[neuroeconomía]], a [[economía da información]], a [[economía dos recursos]], a [[economía medio ambiental]], a [[economía administrativa]], a [[economía financeira]], a [[economía do desenvolvemento]] e a [[xeografía económica]].
 
=== Economía positiva e economía normativa ===
A economía é ''positiva'' cando tenta explicar as consecuencias das diferentes eleccións ante un conxunto de suposicións ou de observacións dadas; é ''normativa'' cando prescribe unha certa acción que ten de realizarse. A esencia da economía é o estudo dos incentivos e das eleccións baixo un conxunto de restricións. A aplicación da economía é moi ampla: os economistas teñen estudado temas relacionados con ascoas institucións políticas, a pena de morte, a educación etc.
 
== Premisas económicas ==
Na teoría microeconómica a oferta e a demanda tenta describir, explicar e predicir o prezo e a cantidade de bens que se venden nos mercados competitivos. É un dos modelos máis básicos utilizados na construción de [[Modelo económico|modelos]] e teorías máis detalladas.
 
En termos xerais, esta teoría diafirma que se a demanda dos consumidores é superior á cantidade de bens producidos, o prezo incrementase. Co mesmo razoamento, o exceso de oferta causa un decrecemento no prezo dos produtos. Este proceso continúa ata chegar a un punto equilibrio no cal no ha ningún motivo para cambiar nin o prezo nin a cantidade producida. Este punto denominase ''equilibrio do mercado''.
 
=== Prezo ===
Para medir o fluxo da oferta e a demanda, é necesario un valor mensurábel cuantitativo. O valor máis antigo e máis utilizado é o prezo, ou [[taxa]] de cambio entre compradores e vendedores nun [[mercado]]. A teoría do prezo, polo tanto, analiza o movemento das cantidades mensurábeis no tempo, e a relación entre o prezo e outras variábeis censurábeis. Unha grandegran parte da teoría económica está baseada no prezo e na teoría da oferta e a demanda; o prezo é o medio máis eficiente para comunicar os cambio da economía.
 
Nalgúns modelos económicos prácticos, porén, hai unha "fricción económica", é dicir, unha restrición no movemento dos prezos que impide que o mercado chegue ao equilibrio. Por outra banda, hahai controversia sobre a utilización do prezo como variábel económica, xa que existen elementos importantes da economía que non están relacionados co prezo.
 
=== Escaseza ===
A escaseza é un punto central da teoría económica. A análise económica estuda a maximización dedalgunha algunha cosacousa (tempo de ocio, riqueza, sanidade, felicidade; todos reducidos ao concepto de utilidade) suxeita a restricións. Estas restricións, como agora a escaseza, estabelecen un sacrificio ou intercambio. Por exemplo, un pode recibir máis diñeiro traballando máis, pero con menos tempo libre (o tempo é escaso). Pódense comer máis espárragos, sacrificando, por exemplo, patacas (a terra fértil é escasa, e o orzamento persoal tamén).Este concepto está ligado co concepto de [[custo de oportunidade]].
 
=== Marxinalismo ===
Na [[marxinalismo|teoría económica marxinalista]], creada pola [[Escola austríaca]] a fins do século XIX, o nivel dos prezos está determinado polo [[custo marxinal]] e pola [[utilidade marxinal]]. O prezo de todos os bens será o custo de fabricar o último que a xente poderá adquirir, e o prezo de todos os empregados dunha empresa será o custo de contratar o último que o negocio necesita. O marxinalismo investiga as decisións baseadas nas ''marxes'', que é o custo de producir a seguinte unidade, fronte a canto se espere recobrar en rendemento. Cando o retorno marxinal dunha acción atinxe cero, esa acción cesa. A utilidade marxinal é a cantidade de satisfacción ou uso que recibe unha persoa dunha adquisición en contraste cun gasto menor. Os beneficios marxinais están a miúdo suxeitos a [[rendementos decrecentes]]: obtense un menor beneficio dunha maior produción ou consumo.
 
Un antigo exemplo pode ilustrar esta teoría: o '''paradoxo da auga e do diamante'''. A auga ten un valor menor do que o diamante, por ser este último máis escaso e máis custoso de obter. Porén, como o ilustrara Condillac (''Le Commerce et le Gouvernement considérés l'un relativement à l'autre'': ''O Comercio e o Gobernos considerados reciprocamente''), un home sedento pagará unha cantidade moi importante por un vaso de auga. O valor resulta así da dispoñibilidade dun ben nun lugar dado. Porén, unha vez consumido o primeiro vaso de auga, e logo un segundo e un terceiro, a utilidade marxinal, moi importante no primeiro vaso, decrece nidiamentenitidamente tanto que o último vaso (antes do estado de "saciedade", na que o consumo xa non entraña satisfacción suplementaria) non ten case valor. De xeito inverso, o diamante posúe unha utilidade marxinal final moito máis importante e o seu prezo mantense.
 
== Valor ==
[[Adam Smith]] definiu o traballo como a fonte subxacente do valor e a [[teoría do valor do traballo]] subxace na obra de [[Karl Marx]], [[David Ricardo]] e outros economistas clásicos. Esta teoría argumenta que o prezo dos bens ou servizos equivale ao traballo que leva producilos. Para moitos, este valor determina un prezo da mercadoría. Esta teoría do prezo do traballo e a, estreitamente vencellada, [[teoría do valor de custo de produción]] dominou a obra da maioría dos economistas clásicos, pero distan de ser a única base aceptada para o ''valor''. Por exemplo, a [[Escola austríaca]] de economistas usa a [[teoría do valor marxinal]].
 
Economistas neoclásicos, como [[John Hicks|John R. Hicks]], no seu libro ''Value and Capital'', diferencian ''valor'' (como determinado polo lado da demanda) fronte a ''custo'' (do lado da oferta), co prezo determinado por demanda e oferta. Nun mercado competitivo, oferta e demanda interaccionaninteractúan para determinar o prezo e equilibrar custo e valor. A análise económica considera non soamente a asignación de ''output'' para diferentes usos, senónmais tamén a distribución da renda, nos factores de produción, incluíndo traballo e capital, a través de mercados de factores.
 
== Linguaxe e razoamento económico ==
[[Ficheiro:AdamSmith.jpg|miniatura|[[Adam Smith]], considerado o Pai da Economía, autor de ''[[A riqueza das nacións]]''.]]
 
O termo ''economía'' foi introducido arredor de 1870 e popularizado polos influentes economistas neoclásicos, como [[Alfred Marshall]], en substitución do anterior termo: [[economía política]], que concernía máis no relativo ao Estado. Este último termo foi usado durante os séculos XVIII e XIX, por [[Adam Smith]], [[David Ricardo]] e [[Karl Marx]], entre outros pensadores, aos cales naactualmente actualidadeacostuman acostumaser a citársellescitados como forxadores da [[teoría clásica da economía]].
 
O pensamento económico dun xeito aproximado pode dividirse en tres fases: ''Premoderno'': correspondería ao Mundo Antigo ata a Idade Media. ''Moderno temperán'': incluiría teorías como o [[Mercantilismo]] e a [[Fisiocracia]]. ''Moderno'': desde [[Adam Smith]], na segunda metade do XVIII, ata a actualidade. [[Joseph Schumpeter]], na súa "Historia da Análise económica", acredita o desenvolvemento do estudo científico da economía desde a [[Escolástica (filosofía)|Escolástica]] tardía, particularmente na España dos séculos XV e XVI.
 
== Escolas do pensamento económico ==
A [[teoría económica]] comeza con acoa premisa de que os recursos son escasos e que é necesario escoller entre varias alternativas en competencia. Perante a escaseza, elixir unha alternativa implica esquecer outras alternativas: o [[custo de oportunidade]]. O custo de oportunidades crea unha relación de prezo, implícito, entre as alternativas competitivas. Tanto en mercados orientados, como en mercados de economías planificadas, a escaseza é explicitamente cuantificada por relacións entre prezos.
 
A moderna teoría económica edificouse, primariamente, sobre a [[economía neoclásica]], que comezou a desenvolverse ano finsfinal do XIX, e modelos de elección na asignación de recursos escasos.
 
A [[economía neoclásica]], é a forma dominante de economía utilizada hoxe, constituíndo a fonte principal da teoría económica. Ás veces é denominada, polos seus críticos, [[economía ortodoxa]]. [[Lionel Robbins]], en [[An Essay on the Nature and Significance of Economic Science]] (1932) dou a definición de Economía axeitada a esta corrente: "a ciencia que estuda a conduta humana como unha relación entre medios escasos que ten usos alternativos". Escaseza significa que os recursos de que se dispón son insuficientes para satisfacer todos os desexos e necesidades: se non hai escaseza e tampouco usos alternativos de recursos dispoñibles, entón non hai un [[problema económico]].
36

edicións