Cruz Vermella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Xeografía e historia}}
Sen resumo de edición
Liña 30:
O movemento componse de varias organizacións distintas que son xuridicamente independentes entre si, pero están unidas no movemento a través duns principios básicos comúns, os obxectivos, os símbolos, os estatutos e os órganos de goberno.
 
Os compoñentes do Movemento, aínda que conservan a súa independencia nos límites do Estatuto do Movemento, actúan sempre de conformidadeacordo cos seus Principios Fundamentais e colaboran entre eles no desempeño das súas tarefas respectivas e para realizar a súa misión común.
 
Os compoñentes do Movemento reúnense cos Estados Partes nos [[Convencións de Xenebra|tratados de Xenebra]] do [[27 de xullo]] de [[1929]] ou do [[12 de agosto]] de [[1949]] na Conferencia Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella (en diante: a Conferencia Internacional).
Liña 36:
O [[Comité Internacional da Cruz Vermella]] (CICR) sempre tivo un recoñecido papel no desenvolvemento e a promoción do [[Dereito internacional humanitario]] (DIH). Consciente dos retos que comporta o seu pleno respecto, o [[CICR]] creou en 1996 un Servizo de Asesoramento en dereito internacional humanitario a fin de fortalecer a súa capacidade de prestar servizos aos Estados nesa materia abarcando medidas concretas e necesarias para a posta en funcionamento dos tratados de Xenebra e os seus protocolos adicionais, os diversos tratados sobre armas, o Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional e outros tratados pertinentes.
 
A Cruz Vermella tamén é o emblema inicial do Movemento. A '''cruz vermella''', xunto coa '''media lúa vermella''' e o '''cristal vermello''' sobre fondo branco, son emblemas humanitarios recoñecidos oficialmente por case a totalidade de países do mundo e o seu uso está enmarcado no Dereito Internacional Humanitario, polo que deben ser respectados en toda circunstancia, para que se poidan desenvolver osas [[Axuda humanitaria|laboresactividades humanitarioshumanitarias]] nos desastres e [[Guerra|conflitos armados]].
 
O día [[8 de maio]] celébrase o ''Día Internacional da Cruz e da Media Lúa Vermellas''.
Liña 47:
[[Ficheiro:Ambulancia de la Creu Roja (Cruz Roja).jpg|miniatura|Unha ambulancia da Cruz Vermella en [[Valencia]], [[España]].]]
[[Ficheiro:British Red Cross - Leeds Road, Thackley - geograph.org.uk - 612241.jpg|miniatura|Sede da Cruz Vermella do Reino Unido en Thackley.]]
Ata mediados do [[século XIX]] non existía nos [[exército]]s un servizo de [[enfermería]] organizado e ben establecido para atender as baixas e tampouco ningunha institución segura e protexida onde poder acomodar e atender aosos feridos no campo de [[batalla]]. En xuño de [[1859]], o empresario [[Suíza|suízo]] [[Jean Henri Dunant|Henri Dunant]] viaxou a [[Italia]] para atoparse co [[emperador]] francés [[Napoleón III de Francia|Napoleón III]] coa intención de discutir as dificultades que atopaba para facer negocios en [[Alxeria]], nese momentoentón ocupada por [[Francia]].
 
Cando chegou á cidade de [[Solferino]], a tarde do [[24 de xuño]], foi testemuña da [[batalla de Solferino]],<ref name=Tucker>{{Cita libro |apelidos=Tucker |nome=Spencer |título=Battles That Changed History |url=https://books.google.cat/books?id=wHpVn68GCogC&pg=PA332&dq=magenta+battle&hl=ca&sa=X&ei=lyfJVM3eL4G_UKj_gaAH&ved=0CEAQ6AEwBA#v=onepage&q=magenta%20battle&f=false |lingua=en |editorial=ABC-CLIO |data=2010 |páxinas=332 |isbn=1598844296 |dataacceso= 5 de outubro do 2015}}</ref> parte da [[Risorgimento|segunda guerra da independencia italiana]]. Nun só día, ao redor de 40.000 [[soldado]]s de ambos os bandos morreron ou resultaron feridos no campo. Henri Dunant quedou conmocionado polas terribles secuelas da batalla, o sufrimento dos soldados feridos, e a falta case total de asistencia médica e coidados básicos. Entón abandonou totalmente o motivo orixinal da súa viaxe e durante algúns días dedicouse a axudar no tratamento e a atención aos feridos. Tivo éxito na organización da asistencia motivando á poboación local a axudar sen discriminación do bando do conflito enno que estaban, usando o lema ''"Tutti fratelli"'' (Todos irmáns) acuñadocuñado polas mulleres da cidade próxima, [[Castiglione delle Stiviere]] ([[Provincia de Mantua]]).
 
Cando volveu apara [[Xenebra, Suíza|Xenebra]], decidiu escribir un libro titulado ''Un souvenir de Solférino'', que publicou co seu propio diñeiro en [[1862]]. Enviou copias do libro ás principais figuras políticas e militares en todo [[Europa]]. Ademais de facer unha vívida descrición das súas experiencias en Solferino de 1859, avogou explicitamente a favor da creación de organizacións nacionais de socorro voluntario para axudar aos soldados feridos no caso de guerra. Ademais, instou á elaboración de [[Tratado internacional|tratados internacionais]] para garantir a protección de [[médico]]s e [[hospital|hospitais]] de campaña neutrais para os soldados feridos no campo de batalla.
 
O [[9 de febreiro]] do [[1863]], Henri Dunant fundou en Xenebra o "Comité dos Cinco", xunto co xurista Gustave Moynier, os médicos [[Cirurxía|cirurxiáns]] Louis Appia e Théodore Maunoir e o [[xeneral]] Guillaume-Henri Dufour, como unha comisión de investigación da Sociedade para o Benestar Público de Xenebra. O seu obxectivo era examinar a viabilidade das ideas de Dunant e organizar unha conferencia internacional sobre a súa posible aplicación. Oito días máis tardedespois decidiron cambiar o nome da comisión rebautizándoa como "[[Comité Internacional da Cruz Vermella|Comité Internacional para o Socorro dos Feridos]]". A conferencia internacional organizada polo Comité celebrouse en Xenebra entre o 26 e o 29 de outubro do 1863, co obxectivo de desenvolver as posibles medidas para mellorar os servizos médicos no campo de batalla.
 
== Principios fundamentais ==
Liña 59:
O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella realiza o seu labor baixo sete principios fundamentais que rexen as actuacións desta organización, creando un vínculo de unión entre as Sociedades Nacionais da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, o CICR e a FICR.
 
Os Principios Fundamentais garanten a continuidade do Movemento da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella e oas seusúas laboractividades humanitariohumanitarias.
* '''Humanidade:''' A Cruz Vermella tenta previr e alivia-lo sufrimento humano, traballa pola vida, a saúde e a dignidade humana. Favorece a comprensión, a cooperación e a paz duradeira entre tódolos pobos da Terra.
* '''Imparcialidade:''' Non discrimina a ninguén pola súa nacionalidade, raza, relixión, ideoloxía ou condición social.
* '''Neutralidade:''' Actúa sen tomar parteparticipar nas controversias de tipo político, racial, relixioso ou ideolóxico.
* '''Independencia:''' Colabora cos poderes públicos que promoven accións humanitarias, pero mantén unha autonomía baseada nos seus principios.
* '''Carácter Voluntario:''' A Cruz Vermella é unha institución de socorro, voluntaria e desinteresada.
Liña 83:
* Campañas de recolección de alimentos, roupa e xoguetes.
* Solicitude de medicamentos.
* CapacitaciónCualificación áda comunidade en xestión de riscos.
* Primeiros auxilios.
* Doazóns voluntarias.