Diferenzas entre revisións de «Anarquismo»

sen resumo de edición
(→‎Ligazóns externas: retirando ligazón: levaba a un sitio diferente (parecía un hackeo))
 
[[Ficheiro:Anarchy-symbol.svg|miniatura|dereita|'''A de anarquía''', un dos [[Símbolos anarquistas#"A" circulada|símbolos anarquistas]] máis famosos.]]
O '''anarquismo''' é unha [[ideoloxía|ideoloxía política]], [[filosofía social|corrente filosófica]] e [[movemento social]] [[radicalidade|radical]] que chama á oposición e abolición de toda [[autoridade]], [[xerarquía]] e forma de [[control social]] por consideralas indesexablesnon desexables, innecesarias e nocivas<ref>O [http://www.edu.xunta.es/diccionarios/ListaDefinicion.jsp?IDXT=01360 Dicionario da Real Academia Galega] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120121214239/http://www.edu.xunta.es/diccionarios/ListaDefinicion.jsp?IDXT=01360 |date=21 de xaneiro de 2012 }}, por exemplo, define anarquismo coma a "doutrina política que propugna unha sociedade sen estado nin institucións que priven ó individuo da súa liberdade".</ref>. Os tipos de autoridade rexeitados polos anarquistas inclúen os de tipo político (o [[Estado]]), económico (o [[capitalismo]]), relixioso (a [[Congregación|Igrexa]]), cultural (o [[patriarca]]do), industrial (o [[especismo]]) ou calquera outra forma de [[represión|opresión]] e [[explotación social|explotación]]. Do mesmo xeito, os anarquistas pretenden abolir todo tipo de tratados ou normas impostas (é dicir, aquelas que sexan establecidas por imposición e sen a aprobación, mediante consenso, de todas as persoas), así coma as súas principais ferramentas de [[coerción]] e [[violencia]], para conseguir rematar cos diversos tipos de dominación do ser humano polos seus conxéneres.
 
A intención é desenvolver e conseguir a [[anarquía]], que recoñece a plena liberdade e [[autogoberno|autonomía]] dos [[individuo]]s, configurando [[sociedades]] a [[escala humana]] ou, máis exactamente, en [[comunidades]], baseadas no modelo [[libertario]] de [[comuna autónoma]], que tería por fundamentos a [[asociación voluntaria]], a [[horizontalidade]], a iniciativa individual e o [[axuda mutua|apoio mutuo]] ou [[Solidariedade (socioloxía)|solidariedade]] recíproca. Existen varios métodos propostos polas diversas escolas e tendencias xurdidas no movemento anarquista para a consecución destes fins, sempre a través de [[ética da acción|medios concordantes]] con eles como son os [[conceptos anarquistas|conceptos]] da [[autoxestión]], a [[acción directa]] e [[acción de base|de base]].
 
Con movementos precursores dende a antigüidade, o anarquismo desenvólvese no [[século XIX]] a través de diversas tendencias, tendo lugar algunhas das experiencias [[libertario|libertarias]] máis significativas ao longo do [[século XX]]. Dende entón converteuse nun movemento que está presente de forma continua en multitude demúltiplos temas contemporáneos.
 
[[Ficheiro:Anarquismo. 1892. Evolución e revolución. Ricardo Mella.jpg|miniatura|O anarquismo segundo [[Ricardo Mella]]. Discurso no Círculo Federal de [[Vigo]].]]
O termo ''anarquismo'' deriva do [[Lingua grega|grego]] ἀναρχος, ''anarchos'', que significa "sen lider, director ou xefe", do prefixo ἀν- (''an-'', "ausencia de") + ἄρχή (''archê'', "soberanía, dominio, maxistratura") + -ισμός (''ismos'', do [[lexema]] -ιζειν, ''-izein''). . A [[etimoloxía]] do termo designa, dun xeito xeral, o que está desprovisto de principio director e de orixe. Isto tradúcese por «ausencia de apriorismo», «ausencia de norma», «ausencia de xerarquía», «ausencia de autoridade» ou «ausencia de goberno».
 
Dende un sentido [[negativo]], a anarquía evoca o [[caos]] e oa [[desorde]], a [[anomia]]. Dende un sentido [[positivo]], un sistema onde os individuos son liberados de toda [[autoridade]]. Este último sentido aparece en [[1840]] da pluma do [[teórico]] [[socialista]] [[Pierre Joseph Proudhon]] (1809-1865). Na súa obra ''Qu'est-ce que la propriété?'' (Qué é a propiedade?), o autor declárase ''anarquista'' e precisa que é o que entende por ''anarquía'': «unha forma de goberno sen amo nin soberano».
 
=== Anomia ===
 
==== [[Autonomía individual]] ====
Este concepto [[ética|ético]] e [[política|político]] basease na crenza de que o individuo é [[soberanía|soberano]] de si mesmo e, xa que logo, o único capacitado para tomar as decisións que a el concirnen. Deste xeito as [[relacións sociais]] deben desenvolverse por pactos voluntarios entre individuos libres, non deixando ennas mans de terceiros o control das rendas da súa propia vida e dotando a persoa do dereito moral de [[autogoberno|autogobernarse]] e da responsabilidade sobre si mesma. Polo exposto, este principio entra en contradición coa [[xerarquía]], a [[autoridade]] e calquera concepto de soberanía que implique a submisión individual a regras que non sexan voluntariamente aceptadas.
 
==== [[Acción directa]] ====
É o concepto en base ao cal a resolución de conflitos se debe abordartratar polos implicados sen delegación nin mediación ningunha. Fundaméntase en que os individuos deben implicarse eles mesmos na consecución dos fins que perseguen sen recorreren a terceiros, xa que do contrario a [[autonomía individual]] é diluída e o resultado non será o máis adecuado ás necesidades exclusivas dos afectados. Trátase da autoorganización dos implicados na consecución dun fin concreto. Polo xeral adoita asociarse o termo ''acción directa'' a accións violentas, non obstante a acción directa é simplemente a resolución dun conflito por parte dos implicados sen intermediarios, o que non implica necesariamente accións violentas. Espérase que a acción directa sexa tamén [[propaganda polo feito]], ou acción ou experiencia que mostre a posibilidade de se rebelar ou de formas sociais non autoritarias en forma exemplificativa tanxible, a outros.
 
==== [[Autoxestión]] ====
É a [[cooperativismo|xestión cooperativa]] dunha asociación, na que participan todos os seus integrantes de forma libre e igualitaria e con independenciaindependentemente de factores externos á mesma. A autoxestión ten dous obxectivos principais: promover a participación nunha actividade dos implicados na mesmanesta, sen delegar noutras persoas e sen relacións de autoridade entre os participantes; e tamén afastarse das axudas que puidesen dar ou recibir sectores inimigos á asociación autoxestionada, sendo así independentes de calquera factor político ou económico externo. Isto último é o motivo principal que empurra a moitas organizacións anarquistas de todo tipo (sindicatos, escolas, librerías e incluso grupos de música) a levaren á práctica a autoxestión organizándose de tal xeito que sexan totalmente independentes de calquera organización política ou económica.
 
==== [[Federalismo]] ====
 
=== [[Violencia]] e [[non-violencia]] ===
Os anarquistas entenden que o [[Estado]], ou calquera outra institución que ostenta poder, enxendraxera [[violencia]], ao serseren a minoría daqueles que ostentan o poder quen coartan a liberdade dos demais individuos para continuaren mantendo os seus privilexios en detrimento da maioría. A diferenza de criterios xorde á hora de confrontar a devandita violencia imposta polo Estado. Hai anarquistas que cren no uso da violencia como medio para acadaren os seus fins, e outros vinculados a movementos [[pacifismo|pacifistas]]. O anarquismo alcanzou publicidade masiva por vez primeira durante a [[segunda revolución industrial]], cando anarquistas asasinaron os líderes rusos (1881); na República Francesa (1894); en Italia (1900) e nos Estados Unidos (1901). Exemplos dalgúns grupos anarquistas violentos son os inspirados no [[nihilismo]] (que non é un sinónimo de terrorismo aínda que varios deles optasen por esta vía), o [[insurreccionalismo]] italiano, as células anarquistas [[individualismo|individualistas]] que a finais do século XIX e principios do século XX atacaron a reis en Europa. Algunhas das tendencias e actitudes anarquistas marcadamente non violentas son o [[cristianismo libertario]] e o [[anarcopacifismo]]. Estes movementos teñen unha forte convicción de que o uso da violencia supónimplica repetir patrónspadróns de poder e autoridade, o que os leva a rexeitar calquera acto de violencia e avogan por outros métodos de loita tales como a [[desobediencia civil]] e o [[antimilitarismo]]. Porén, hai correntes como o [[anarcosindicalismo]] nas que conviviron ambas as posturas. Durante a [[guerra civil española]] e na [[Revolución Makhnovista]] en Ucraína, algúns anarquistas tamén utilizaron a violencia.
 
=== Humanismo ===
Esta teoría clama por un sistema socialista, onde a posesión dos medios de produción se lles garante a todos os que traballan. Neste sistema, non habería necesidade de ningunha autoridade e/ou goberno, ao ver que non habería necesidade de impor privilexios dunha clase sobre outra. A sociedade dirixida por asociacións [[Democracia directa|democráticas]], formadas por todos, e dividíndose libremente (ou sexa, con entrada e saída libre) en cooperativas e estas, en federacións.
 
A orixe da tradición socialista libertaria está nos [[século XVIII|séculos XVIII]] e [[Século XIX|XIX]]. Tal vezTalvez o primeiro anarquista (aínda que non usase o termo en momento ningún) foi [[William Godwin]], inglés, que escribiu varios panfletos defendendo unha educación sen a man do Estado, observando que esta tornaba as persoas menos propensas a veren a liberdade que lles era negada. O primeiro a se auto-intitular anarquista e a defender claramente unha visión máis socialista, foi [[Pierre Joseph Proudhon|Joseph Proudhon]], seguido por [[Bakunin]] que levou e elaborou as ideas de Proudhon á primeira [[Asociación Internacional de Traballadores]] (AIT). Máis tarde, Kropotkin desenvolve a vertente [[comunismo|comunista]] do anarquismo, mentres [[Nestor Makhno]] tenta implantar o anarquismo en plena [[Revolución Rusa de 1917|revolución rusa]] na [[Ucraína]], con apoio de varias comunidades campesiñas, mais que acaban masacradas polos revolucionarios leninistas e trotskistas. (véxase [[William Godwin|Godwin]], [[Pierre Joseph Proudhon|Proudhon]], [[Bakunin]], [[Peter Kropotkin|Kropotkin]], [[Makhno]] etc).
 
Poucos anarquistas defenden a violencia contra individuos. Durante a fin do século XIX e inicio do [[século XX]], o anarquismo era coñecido como unha ideoloxía que apoiaba os asasinatos e explosións, debido a aciónacción de persoas como o ruso [[Nechaiev]], o francés [[Ravachol]] e á influencia dos medios de comunicación da época. A maioría dos anarquistas afirman que a violencia contra individuos é inútil, xa que mantén intactas as relacións sociais de exploración e as institucións que a mantén. Namentres, os anarquistas acreditan que é inevitable o recurso á violencia como lexítima defensa á violencia do Estado ou de institucións coercivas. Anarquistas como [[Errico Malatesta]] publicaron célebres debates e publicacións, condenando o individualismo-terrorista de algúnsdalgúns anarquistas.
 
Existiron, porén, outros anarquistas, como [[Lev Tolstoi|Tolstoi]], que acreditaban que o camiño da anarquía era a [[non-violencia]]. Tólstoi, inclusive, mantivo contacto con [[Gandhi]].
== Historia do anarquismo e das súas correntes ==
=== Antecedentes do anarquismo moderno ===
Se ben que o desenvolvemento formal do anarquismo como movemento e ideoloxía política, social, económica e filosófica data do século XIX, a base das ideas anarquistas está presente en maior ou menor medida en tódolos períodos da Historia.
 
==== Antigüidade ====
[[Ficheiro:WilliamGodwin.jpg|miniatura|100px|dereita|[[William Godwin]], considerado por algúns autor do primeiro tratado anarquista.]]
 
En [[1793]], o importante pensador da [[ilustración]] británica, [[William Godwin]] publicou ''An Enquiry concerning political Justice'' (Unha investigación acercaa respecto da xustiza política), no cal presentaba a súa visión dunha sociedade libre alén dunha crítica do goberno. Algúns consideran este texto como o primeiro tratado anarquista. A obra de Godwin transformouse na Biblia do movemento radical inglés e as súas ideas eran parte dunha cosmovisión antixerárquica e antiestatal. Se ben que Godwin nunca empregou a palabra "anarquismo", non outorgou ao termo "anarquía" un sentido pexorativo.
 
Durante a [[Revolución francesa]], [[Sylvain Maréchal]] constituiríase no pensador e activista proto-anarquista e así escribiu en 1796 o ''Manifeste des Égaux'' (Manifesto dos iguais), polo que reivindicaba "''o gozo comunal dos froitos da terra''" e desexaba a desaparición de "''a repugnante distinción entre ricos e pobres, dos grandes e pequenos, dos amos e mozos, dos gobernadores e os gobernados.''". Outro anarquista coñecido desta época foi [[Joseph Déjacque]], que se autodescribiu como [[libertario]].
A primeira oposición á [[revolución industrial]] foron os [[Luddismo|ludditas]], movemento obreiro de carácter [[espontaneísmo|espontáneo]] dirixido á destrución das máquinas que naquel momento levaban á miseria os artesáns. O seu auxe sitúase na Inglaterra de 1811 a 1816 estendéndose posteriormente por toda Europa, sendo a partir de 1817 o precursor dos primeiros [[sindicato]]s obreiros. A táctica da [[sabotaxe]] permanecería no movemento obreiro, así como o seu ideario segue vixente en pensamentos coma o [[Primitivismo|primitivista]].
 
Dentro dos pensadores e activistas agrupados dentro do termo [[socialismo utópico]] destaca como antecedente libertario o pensamento de [[Charles Fourier]]. Este propuña unha organización política baseada no que el chamou [[falansterio]]s as cales eran comunidades enlazadas entre si en forma descentralizada. Por outro lado asemade que criticaba a división do traballo dentro dos esquemas do feudalismo e do capitalismo así como tamén a moral cristiá, propuña unha orde social baseada no exercicio pleno da subxectividade.
 
[[Ficheiro:Pierre Joseph Proudhon.jpg|100px|miniatura|dereita|[[Pierre Joseph Proudhon]].]]
[[Ficheiro:Bakunin Nadar.jpg|miniatura|esquerda|140px|[[Mikhail Bakunin]].]]
 
A medida que o tecido industrial vaise desenvolvendo e aumenta a clase obreira industrial, os propios mutualistas, tendo en conta a Organización do Traballo que se vai desenvolvendo, e mailo fracaso das propostas máis "utópicas", van adoptando o [[anarquismo colectivista|colectivismo]]. EnNa realidade, ambos teñen en común a referencia do Valor-Traballo, do que seguen aspirando á súa xusta retribución xa sexa a individuos ou a colectivos. O principal teórico do colectivismo foi [[Mikhail Bakunin]], convertido nun dos máis coñecidos dentro e fóra do anarquismo.
 
Cara a mediados do [[século XIX]] os principios anarquistas expandíronse por [[Europa]] dunha forma significativa, sendo representados na [[Primeira Internacional]], creada en 1864. Uns anos máis tarde, en 1872, tiveron lugar as primeiras grandes discusións na devandita organización entre [[Karl Marx]] e [[Mikhail Bakunin]]. Os motivos, entre outros moitos, foron a división de opinións verbo da forma de organización e o alcance da autoridade da Internacional, e o conflito entre a ditadura do proletariado proposta por Marx e a inmediata destrución do estado que defendía Bakunin. Estas discusións remataron propiciando o distanciamento entre anarquistas e [[marxismo|marxistas]], que levou á saída dos anarquistas da devandita organización. Coas fortes emigracións europeas cara aos países [[América|americanos]], o anarquismo expandiuse tamén por ese continente.
Partindo das propostas colectivistas e das críticas realizadas cara a estas xurdiría en Europa o [[anarcocomunismo]] ou ''comunismo libertario''. Hai que aclarar que este non ten nada que ver co [[marxismo]] de forma especial que non teñan o resto de tendencias. Foi formulado por primeira vez na sección italiana da [[Primeira Internacional]] por [[Carlo Cafiero]], [[Errico Malatesta]] e [[Andrea Costa]], entre outros. Inicialmente conviviu co [[colectivismo]], e non sería ata a morte de [[Bakunin]] cando comezaron as disputas entre ambos os movementos.
 
O anarcocomunismo tería como pensadores esenciais a [[Piotr Kropotkin]] e ao xa mencionado [[Errico Malatesta]]. En primeira instancia existiron algúns anarcocomunistas que criticaban os sindicatos como posibles acomodamentos dentro do sistema capitalista ao observaren o comportamento dos sindicatos reformistas ou apolíticos dedaquel aquel entóntempo. Posteriormente moitos destes, incluíndo a Kropotkin viron necesario o participar dentro dos sindicatos para así atinxiren influenciar os traballadores e campesiños. O anarcocomunismo posteriormente sería adoptado como proposta de sociedade alternativa por sindicatos anarcosindicalistas coma a [[CNT]] de [[España]].
 
No anarcocomunismo, a diferenza do colectivismo, rexéitase a teoría do valor-traballo debido a vela como algo que non toma en conta o traballo de xeracións e colectividades no pasado e presente que permitiron as condicións e desenvolveron o coñecemento para a produción de algo, así coma o factor natural que vai ser transformado. Así pois, o principio comunista é: ''Cada cal segundo a súa capacidade, a cada cal segundo a súa necesidade'', fronte ao colectivista (e calquera outra escola baseada no Valor-Traballo), que sería: ''A cada cal segundo o seu traballo''. Isto ocasionou discusións e debates que deron lugar a un distanciamientodistanciamento e unha oposición entre [[anarquismo colectivista|anarquistas colectivistas]] e [[anarcocomunismo|anarcocomunistas]].
 
==== Desenvolvemento paralelo do anarquismo individualista ====
[[Ficheiro:HaymarketRiot-Harpers.jpg|miniatura|180px|dereita|Representación artística da [[revolta de Haymarket]].]]
 
Nas zonas onde o tecido industrial non avanzou tanto, o [[anarquismo individualista]] seguiu desenvolvéndose, destacando as obras do alemán [[Max Stirner]], pensador individualista temperán que se constituiría en figura influente non soamente da devandita corrente anarquista, senón do pensamento de [[Nietzsche]]. O anarquismo individualista de Stirner influiría a [[anarcocomunismo|anarcocomunistas]] de tendencia [[ilegalismo|ilegalista]] e posteriormente ao [[Anarquismo insurreccionalista|insurreccionalismo]], a tendencias post [[situacionismo|situacionistas]] ([[Hakim Bey]], [[Bob Black]]), ao [[postanarquismo]] e ao individualista estadounidense [[Benjamin Tucker]].
 
Este último é un dos pertencentes ao anarcoindividualismo norteamericano, que presentaba lixeiras diferenzas respecto ao europeo. Esta corrente xurdiu en Boston, onde se continuaban a empregar algúns conceptos e ideas do mutualismo para atacar a relación patrón-traballador asalariado e ao ascendente capitalismo monopolista e as súas corporacións que viñan substituír os produtores familiares e locais no cambio de século. A corrente individualista en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] tivo como principais pensadores a [[Henry David Thoreau]], [[Josiah Warren]] ou [[Benjamin Tucker]].
 
Con todo, coas fortes emigracións europeas cara aos países [[América|americanos]] o anarcocomunismo colleu moita forza nos EEUU, e así tivo lugar a famosa folga pola xornada laboral de oito horas do [[1 de maio]] de [[1886]] que levou tres días máis tardedespois á [[Revolta de Haymarket]] e á morte dos chamados [[mártires de Chicago]], escaleira de acontecementos que deu orixe á actual celebración do [[1 de maio]] como [[Día Internacional dos Traballadores]].
 
=== 1900 - 1917: Anarcosindicalismo, anarquismo sen adxectivos e primeiras revolucións ===
En [[Rusia]] o anarquismo tiña milleiros de militantes e importante [[inserción social]] nos sectores campesiños e obreiros, así coma [[organización específica|organizacións específicas]], ata a chegada da [[Revolución Rusa de 1917|revolución rusa]]. Despois de que a burocratización e o vangardismo dos [[bolxevique]]s se impuxesen á forza, moitos anarquistas exiliáronse, aínda que cabe resaltar especialmente a acción dos anarquistas de [[Ucraína]] liderados por [[Nestor Makhno]], quen após derrotaren o exército branco dereitista, estableceron comunas autónomas inspiradas no anarcocomunismo no que se chegou a chamar a [[Revolución makhnovista]], para remataren sendo sometidos polo nacente estado da [[URSS]] liderado por [[Lenin]].
 
En [[Italia]] os obreiros e campesiños do norte, moi motivados polos eventos da revolución rusa protagonizaron o chamado ''[[biennio rosso]]''. Dende hai algún tempo constituíranse [[consellos de fábrica]] e en 1919 estes declaráronse en folga xeral, decidíndose adecidindo tomar as fábricas e desexando pólas en marcha so [[control obreiro]]. Isto motivou a campesiños a tomaren facendas e controlalas. Dentro desta insurrección a anarcosindicalista [[Unione Sindacale Italiana]] tivo un papel importante así coma os anarquistas organizados.
 
En [[Arxentina]] déronse os feitos coñecidos coma a [[Semana Tráxica]] (1919) e a [[Patagonia rebelde]] (1921) nos cales obreiros, peóns rurais e sindicalistas se rebelaron contra o goberno de Hipólito Yrigoyen para seren reprimidos en senllasvarios masacres. Nestes feitos a anarcosindicalista [[FORA]] tería un papel protagonista.
 
En [[España]], tralos intentos de liberación de [[Sucesos de Casas Viejas|Casas Viejas]] e [[Revolución de Asturias de 1934|La Felguera]] que foron suprimidos polo exército da [[Segunda República Española|Segunda República]], produciuse a chamada [[Revolución Española de 1936]]. Nela, ao inicio da [[Guerra civil española|guerra civil]] as forzas militares golpistas foron derrotadas polos anarquistas en [[Barcelona]] seguidos despois por gran parte do territorio da República que quedaría dividido en dúas grandes zonas, unha fascista e a outra republicana, dándose nesta unha das máis importantes experiencias libertarias de tódolos tempos cando foron formadas moreas de [[colectividad]]es revolucionarias autoxestionadas que logo serían suprimidas polas autoridades republicanas españolas.
 
=== 1936 - Século XXI: Dende a Segunda Guerra Mundial ata hoxe ===
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], os anarquistas actuaron en diversos eventos coma a resistencia contra a expansión do [[fascismo]]. Trala guerra, a presenza e influencia do anarquismo na sociedade decaeu notablemente con respecto a súa forza a comezos do século XX, no entanto seguiu existindo actividade, evidente por exemplo nas revoltas estudantís e obreiras de finais dos sesenta e na década dos setenta así coma a constitución de novas federacións. Xa que logo, por exemplo, destaca o labor de difusión do anarquismo de [[Daniel Guérin]] o cal participaría nas revoltas de [[maio do 68]] ao mesmo tempo en que militaría en organizacións anarquistas francesas coma ORA, e UTCL (predecesora da actual [[Alternative libertaire]]).
 
O anarquismo, xunto con outras formas de socialismo libertario, influenciaría a tendencias revolucionarias novas coma o [[situacionismo]] e así anarquistas actuarían tamén nas revoltas dos anos setenta que levaban dentro de si prácticas de [[anticapitalismo libertario]]. Así, tamén habería anarquistas envoltos nas revoltas arredor da fin de ditaduras coma as de [[Francisco Franco|Franco]] en España ou a [[Réxime dos Coroneis|Xunta Militar Grega]]; ou resistindo contra o ascendente neo-[[fascismo]] e novas ditaduras coma a de [[Proceso de Reorganización Nacional|Arxentina]] coma foi o caso da organización [[Resistencia Libertaria]]. En tanto en décadas posteriores o [[antifascismo]] adquiriría novamente relevancia para os anarquistas.
 
Nos oitenta e noventa, trala caída da [[URSS|Unión Soviética]] que desacreditou ao [[marxismo-leninismo|comunismo autoritario]], o anarquismo retomou forza en moitas zonas do planeta asemade que tomaba parteparticipaba nas protestas en todo o mundo contra a consolidación do modelo económico [[neoliberalismo|neoliberal]].
 
[[Ficheiro:ParcGuellOkupas.jpg|miniatura|dereita|180px|[[Movemento okupa|Centro Social Okupado]] en Barcelona.]]
 
==== Novas correntes dentro do anarquismo ====
Por unha banda temos o [[anarcofeminismo]] o cal en moito comparte a tendencia do [[feminismo]] de segunda onda e o [[feminismo radical]] a loitaren contra a discriminación e a desigualdade cotiá contra as mulleres dentro dunha perspectiva anarquista con enfoque de [[loita de clases]] [[anticapitalista]] para se afastarafastaren do feminismo liberal e socialdemócrata, máis próximos ao parlamentarismo. Aquí pois alén de escritos temperáns de anarquistas coma [[Emma Goldman]], [[Voltairine de Cleyre]] e [[Lucy Parsons]] xunto coa acción de [[Mujeres Libres]] na [[CNT]] española como antecedentes, o anarcofeminismo tamén desexa tomar distancia co economicismo do feminismo marxista. Dentro dos movementos [[LGBT]] tamén existen anarquistas activos.
 
Por outro banda está o [[ecoanarquismo|anarquismo verde]] ou ecoloxista. Este comparte posicións importantes con pólas radicais do [[movemento ecoloxista]] coma o desexar maior descentralización e, polo tanto, economías e gobernos locais que suplanten os estados-nación centralizados e a economía capitalista globalizada e corporativa para así acadar situacións de [[sostibilidade]]. Xa que logo, coma tendencias internas a este destacan por un lado a [[ecoloxía social]] de [[Murray Bookchin]] e a súa proposta de [[municipalismo libertario]]. Tamén existe unha tendencia crítica da tecnoloxía e da civilización industrial denominada [[anarquismo primitivista]] que devece retomar a herdanza do [[Ludismo|movemento luddita]] de principios do século XIX, e que dalgunha forma tamén reactualiza o [[naturismo]] libertario. Entre os seus teóricos principais destacan [[John Zerzan]] e [[Derrick Jensen]].
[[Ficheiro:A-Space - Building.jpeg|miniatura|dereita|180px|Edificio do [[Centro social]] [[A-Space]] en [[Filadelfia]], EEUU.]]
 
Os anarquistas e as súas formas varían moito de país en país. Entre as organizacións máis visibles existen as asociadas á [[Internacional de Federacións Anarquistas]] ([[sintetismo]]), [[SolidaridadeSolidariedade Internacional Libertaria]] (tendente ao [[plataformismo]]) e a [[Asociación Internacional dos Traballadores]] (internacional de sindicatos [[anarcosindicalismo|anarcosindicalistas]]). Así mesmo, existen federacións e colectivos non asociados a estas organizacións globais en moitos lugares, e que en moitos casos manteñen [[ateneo libertario|ateneos libertarios]]/[[infoshop]]s, publican xornais anarquistas regularmente, manexan editoriais, teñen centros de estudos libertarios, tocan en agrupacións musicais e editan discos con contido libertario, actúan dentro de [[Centro social|Centros Sociais]]/[[Okupa]]s e redes ou organizacións non [[especifismo|específicas]]. Por outra banda, colectivos de afinidade de tendencia [[ilegalismo|ilegalista]]/[[Anarquismo insurreccionalista|anarcoinsurrecionalista]] actúan en accións pequenas así coma en revoltas de masas e así na maioría dos casos prefiren o anonimato ou nomes transitorios.
 
A seguinte lista presenta algunhas organizacións a nivel global e en moitos casos non toma en conta a algunhas organizacións activas.
[[Ficheiro:Fel chile en valparaiso 2005.JPG|esquerda|miniatura|160px|[[Frente de Estudiantes Libertarios|F.E.L.]] nunha marcha en [[Valparaiso]], Chile]]
 
* '''América do Sur''': En Arxentina está a [[Federación Libertaria Arxentina]] ([[Internacional de Federacións Anarquistas|IFA]]) que publica o xornal ''El Libertario'', o sindicato [[FORA]] ([[Asociación Internacional dos Traballadores|AIT]]) e as publicacións ''[[La Protesta (Buenos Aires)|La Protesta]]'', editada dende 1897 e ''[[¡Libertad!]]''. En Brasil está a [[Federação Anarquista do Rio de Janeiro]] e a [[Federação Anarquista Gaúcha]]. EnNo UruguayUruguai actúa a [[Federación Anarquista Uruguya]] ([[Solidaridade Internacional Libertaria|SIL]]). En Venezuela a [[Comisión de Relaciones Anarquistas]]. En Chile está o movemento estudantil [[Frente de Estudiantes Libertarios]] e a Organización Comunista Libertaria.
* '''Asia, África e Oceanía''': En Suráfrica actúa a plataformista [[Zabalaza Anarchist Communist Federation]]. En Australia o sindicato [[Anarcho-syndicalist Federation]].
 
Ademais, hoxe en día o movemento anarquista non soamente está presente no ámbito obreiro, formando tamén unha parte importante dos movementos [[ecoloxía|ecoloxistas]] e do movemento [[antiglobalización]].
 
== Anarquistas internacionalmente coñecidos ==
36

edicións