Montañas Rochosas: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
doblar > dobrar |
Sen resumo de edición |
||
Liña 7:
As rochas das montañas Rochosas formáronse antes de que as propias montañas fosen elevadas por forzas tectónicas. As máis antigas son [[rocha metamórfica|rochas metamórficas]] do [[Precámbrico]] que formaron o núcleo do continente norteamericano. Tamén hai [[arxilita]] sedimentaria da mesma etapa, que se remonta a uns 1700 millóns de anos. Durante o [[Paleozoico]], o oeste de Norteamérica estaba baixo un mar pouco profundo, que depositou moitos quilómetros de [[calcaria]] e [[dolomita]].
No sur das montañas Rochosas, preto de onde actualmente está [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], esas rochas ancestrais alteráronse pola formación de montañas hai uns 300 millóns de anos, durante o [[Pensilvaniano]]. Esta formación
Os [[terrano]]s comezaron a chocar coa marxe occidental de Norteamérica no [[Misisipiano]] (
As actuais montañas xurdiron co fenómeno que os xeólogos denominan [[oroxenia Laramide]], que tivo lugar entre hai 80 e 55 millóns de anos. Inmediatamente despois da oroxenia Laramide, as Rochosas eran como o [[Tíbet]]: unha alta meseta, de probablemente uns 6.000 metros sobre o nivel do mar. Nos últimos 60 millóns de anos a [[erosión]] afectou ás rochas máis altas, deixando ao descuberto as rochas máis vellas que se atopaban debaixo, e formando a paisaxe actual das Montañas Rochosas.
Liña 16:
== Xeografía ==
As montañas Rochosas son comunmente definidas como as que se estenden dende o [[río Liard]], no sur de [[Columbia Británica]], ata o [[Río Grande, América do Norte|río Grande]], en [[Novo México]]. Outras cordilleiras montañosas continúan máis aló deses dous ríos, pero estas non forman parte das Rochosas aínda que si da cordilleira Americana. A definición dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] das Rochosas, porén, inclúe ás [[montañas Cabinet]] e ás [[montañas Salish|Salish]] de [[Idaho]] e [[Montana]], mentres que as súas homólogas do norte do [[río Kootenai]], as [[montañas Columbia]],
O límite oriental das Rochosas está moi por riba das chairas interiores do centro de Norteamérica, e nel inclúense a cordilleira Front de Colorado, a cordilleira Wind River e as montañas Big Horn de Wyoming, as cordilleiras Absaroka-Beartoo e a fronte Rocky Mountain de Montana, e a cordilleira Clark de Alberta. En Canadá os xeógrafos definen tres grupos principais de cordilleiras: as cordilleiras Continental Ranges, as cordilleiras Hart e as cordilleiras Muskwa (as dúas últimas flanquean o [[río Peace]], o único río que atravesa as Rochosas, e son coñecidas
[[Ficheiro:Mount Elbert and horses.jpg|miniatura|[[Monte Elbert]], o pico máis alto das Rochosas.]]
Liña 26:
As Montañas Rochosas destacan por conter os picos máis altos do centro de Norteamérica. O máis alto é o [[monte Elbert]], localizado en Colorado, con 4.401 metros sobre o nivel do mar. O [[monte Robson]], na Columbia Británica, con 3,954 m é a montaña máis alta das Rochosas canadenses.
A [[divisoria continental de América]] está localizada nas Montañas Rochosas e marca a [[divisoria]] hidrolóxica do continente americano, que separa, a un lado as concas que
A poboación humana non é moi densa nas montañas Rochosas, cunha media de catro persoas por quilómetro cadrado e poucas cidades con máis de 50 000 habitantes. Porén, a poboación aumentou rapidamente nos estados da zona entre os anos 1950 e 1990. Nese período os habitantes de Montana aumentaron nun 35 %, e os de Utah e Colorado ao redor de 150 %. En varias vilas e comunidades das montañas a súa poboación chegou a dobrarse nos últimos 40 anos. Por exemplo, [[Jackson Hole, Wyoming]], incrementouna un 260 %, pasando de 1244 a 4472 residentes en 40 anos.
Liña 48:
== Historia humana ==
=== Primeiros poboadores ===
Dende a última idade de xeo, as Montañas Rochosas foron fogar inicialmente de pobos indíxenas, como os [[pobo apache|apache]], [[pobo arapaho|arapaho]], [[bannock]], [[Pobo pés negros|pés negros]], [[Pobo cheyenne|cheyenne]], [[pobo crow|crow]], [[flathead]], [[shoshone]], [[pobo lakota|síux]], [[ute]], [[kutenai]] (ktunaxa en Canadá), [[sekani]] e [[dunnezaa]] entre outros. Os paleo-indios cazaban o extinto [[mamut]] e o [[
=== Exploración europea ===
A historia humana recente das Rochosas é probablemente a épaca nas que se produciron os cambios máis rápidos. O explorador español [[Francisco Vásquez de Coronado]] (cun grupo de soldados, misioneiros e escravos africanos), marchou cara o interior das Montañas Rochosas dende o sur en [[1540]]. A introdución do cabalo, de ferramentas de metal, rifles, novas enfermidades, e diferentes culturas cambiaron profundamente a forma de vida dos nativos americanos. As súas poboacións foron sacadas das meirande parte das súas históricas cordilleiras polas enfermidades, guerras, a perda do seu hábitat (erradicación do bisonte), e os continuos asaltos á súa cultura.
En 1739, os comerciantes de peles franceses Pierre e Paul Mallet, mentres viaxaban a través das [[Grandes Planicies]],
[[Ficheiro:Alexander MacKenzie by Thomas Lawrence (c.1800).jpg|miniatura|200px|Alexander MacKenzie]]
[[Alexander MacKenzie|Sir Alexander MacKenzie]] converteuse no primeiro europeo en cruzar as Rochosas no ano 1793. Atopou os tramos superiores do [[río Fraser]] e acadou a costa do [[Océano Pacífico|Pacífico]] onde agora está Canadá o [[20 de xullo]] dese ano, completando o primeiro cruzamento transcontinental rexistrado dende Norteamérica ao Norte de México.
A [[expedición de Lewis e Clark]] (1804–1806) foi o primeiro recoñecemento científico das Rochosas. Nela recolléronse
Os montañeiros, principalmente franceses, españois e británicos, percorreron as Montañas Rochosas dende 1720 ata 1800 na procura de depósitos de minerais e peles. En 1799 a compañía de comercio de peles North West Company estableceu en [[Rocky Mountain House]] un posto comercial onde están
Polo tratado anglo-americano de 1818, os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e o [[Reino Unido]] acordaron a "ocupación conxunta" das terras máis ao oeste do continente. A [[disputa de Oregón]] aprazaríase para unha data posterior. En 1819 [[España]] cedería os seus dereitos ao norte do paralelo 42 aos Estados Unidos, aínda que eses dereitos non incluían a posesión e tamén reflectían obrigas aos británicos e rusos relacionadas coas reclamacións destes na mesma rexión.
Liña 70:
En 1841 James Sinclair, representante da Hudson's Bay Company, guiou a uns 200 colonos da colonia Red River cara o oeste, para reforzar os asentamentos ao redor de Fort Vancouver nun intento de reter o distrito de Columbia para os británicos. O grupo cruzou as Rochosas polo val do Columbia, unha rexión da fosa das Montañas Rochosas preto de onde hoxe en día está [[Radium Hot Springs]], na Columbia Británica, e despois diso viaxou cara o sur. A pesar destes esforzos, en 1846 os británicos cederon as súas terras do distrito de Columbia ao sur do paralelo 49 aos Estados Unidos, tamén como parte do Tratado de Oregón.
Milleiros de persoas atravesaron as Montañas Rochosas pola [[Senda de Oregón]] a comezos de 1842. Os [[mormón]]s comezaron a establecerse preto de [[Great Salt Lake]] en 1847. Dende 1859 ata 1864 foi descuberto [[ouro]] en Colorado, Idaho, Montana e a Columbia Británica, facendo saltar varias febres do ouro e levando a milleiros de prospectores e mineiros a explorar cada montaña e canón das Rochosas, creando así a primeira grande industria da cordilleira. A febre do ouro de Idaho por si soa xa produciu máis ouro que as de California e Alaska xuntas, e foi moi importante para o financiamento do exército da Unión durante a [[Guerra Civil Estadounidense]]. O ferrocarril transcontinental completouse en 1869, e o [[Parque Nacional de Yellowstone]] nacería en 1872 como o primeiro parque nacional do mundo.
== Demografía ==
[[Ficheiro:RockyMountainsLocatorMap.png|miniatura|dereita|180px|Mapa das Montañas Rochosas]]
A poboación é pouco densa, cunha media de catro persoas
== Economía ==
=== Industria ===
Os recursos económicos das Montañas Rochosas son variados e abundantes. Atópanse significativos depósitos minerais, entre os que destacan os de [[cobre]], [[ouro]], [[chumbo]], [[molibdeno]], [[prata]], [[tungsteno]] e [[zinc]]. A conca do Wyoming e varias áreas menores conteñen reservas de [[carbón]], [[gas natural]], [[
=== Turismo ===
|