Diferenzas entre revisións de «Kilimanjaro»

sen resumo de edición
<center><gallery>
Ficheiro:Mount Meru from Kilimanjaro.jpg|Vexetación que compón a [[pluviselva|selva pluvial]] co [[Monte Meru (Tanzania)|monte Meru]] ao fondo.
Ficheiro:View of the Mawenzi Mt. Kilimanjaro.JPG|O Mawenzi apréciase entre as plantacións de [[Musa (planta)|bananosplátanos]] mesturados coa vexetación da [[pluviselva]].
Ficheiro:Bronzesunbird.jpg|''[[Nectarinia kilimensis]]''.
Ficheiro:Black-and-white colobus Kilimanjaro.jpg|''[[Colobus guereza]]''.
O Kilimanjaro, probablemente, foi o berce dos [[pastoreo|pastores]] [[masai]] nos inicios do [[Holoceno]], nunha época na que os pés das montañas estaban húmidos e infestados pola [[Glossina|mosca tse-tsé]] e onde as [[pradeira]]s e os cursos de auga de altitude podían ser un medio ambiente san para os rabaños.<ref name="Pomel2" /> Os primeiros rastros arqueolóxicos de [[sedentarismo]] arredor da montaña datan de hai uns 1&nbsp;000 anos antes de Cristo, co descubrimento de cuncas de pedra. Os homes que lles deron forma, [[cazadores-recolectores]], poderían ter atopado alí unha vantaxe coa presenza de auga doce e moitos outros materiais básicos.<ref>{{Cita web | url=http://web.archive.org/web/20131021224252/http://www.climbmountkilimanjaro.com/the-history-of-kilimanjaro/index.html |título=History of Kilimanjaro - Kilimanjaro’s early history |editorial=Climb Mount Kilimanjaro |lingua=en |dataacceso=31 de agosto de 2015}}</ref> O verdadeiro poboamento das vertentes remontaríase aos primeiros séculos da nosa era, mais ningunha testemuña oral o confirma.<ref name="Montlahuc" /> Os pobos masai non terían migrado finalmente á rexión ata o [[século XVI]]. Eles foron probablemente a principal razón que tería empurrado os ongamo a retirarse ao nordeste, xa que ocuparon, segundo os seus relatos, a vertente norte da montaña durante corenta e catro xeracións.<ref name="Montlahuc" />
 
Os [[chagga]] tamén residiron no norte do Kilimanjaro. A súa presenza está testemuñada no sur dende o comezo do [[século XVIII]], aínda que o nacemento do seu pobo remóntase a entre os séculos [[século VII|VII]] e [[século VIII|VIII]]. As súas tradicións evocan para algúns terras desocupadas e para outros un reencontro con "pequenos homes" chamados ''vakoningo'' ou ''vatarimba''. Estes poderían terse retirado a [[gruta]]s no medio do bosque ou terían sido asimilados co seu gando e os seus [[Musa (planta)|bananeiros]] formando o clan swai en Kimbushi. A distinción está claramente feita cos ''vasi'' ou ''mwasi'', un pobo de cazadores coñecido en [[África oriental]] a través dos recitados en [[lingua bantú]], e historicamente acreditada co nome de ''Dorobbo''. A unidade entre os chagga era moi limitada; deste xeito, para designar o seu conxunto empregaban o termo ''wandu wa mdenyi'' (as «xentes dos bananosplátanos»). Isto é probablemente debido ás súas diferentes orixes: [[Kambas|wakamba]], [[taita]] (dawida), [[masai]] (parakuyo, kisongo). A súa unidade social de base era o clan [[patrilineal]], cuxos límites xeográficos estaban xeralmente establecidos por crebados ou cursos de auga. Puideron identificarse varios centenares. Os clans foron progresivamente ligados a xefaturas ou cacicazgos (''uruka'' ou ''oruka'') que viron aumentar a súa importancia co xurdimento de conflitos, probablemente relacionados co comercio de [[marfil]] e a [[trata de escravos]].<ref name="Montlahuc" /><ref name="Devenne" /><ref name="Origins">{{Cita web | url=http://web.archive.org/web/20131021224357/http://www.climbmountkilimanjaro.com/the-people-of-kilimanjaro-the-chagga/chagga-origins/index.html |título=Chagga origins - The beginnings of the Chagga |editorial=Climb Mount Kilimanjaro |lingua=en |dataacceso=31 de agosto de 2015}}</ref>
 
=== Descubrimento e exploración ===
=== Residencia e agricultura tradicionais ===
[[Ficheiro:Marangu19.jpg|miniatura|esquerda|Cabana tradicional chagga na ruta Marangu.]]
A propiedade típica dos chagga está constituída por unha concesión (''muri'' ou ''mri'') no centro da cal se encontra a [[choza]] (''mmba''), desprovista de muros e cuxo teito está confeccionado con listóns de madeira, de pólas espiñosas e de [[Colmado|palla]] que se pousa directamente sobre o chan. A súa forma é alta e cónica na zona leste, entre o distrito de Rombo e Moshi, e abovedada no oeste. O espazo da parte posterior compártese cos animais (cabras, gando vacún); o interior resérvase aos seres humanos para comer, recibir visitas, durmir e gardar artigos de uso doméstico. O leito está confeccionado de follas de bananoplátano cubertas dunha pel de animal. Os dous espazos están separados por estacas e polo fogar (''iriko''), sobre o que se secan os froitos e a leña. Estas chozas tradicionais foron substituídas por casas rectangulares (''nshelu'', ''mtshalo'' ou ''mshalo'') de [[ladrillo]]s ou [[bloque de formigón|bloques de formigón]], enxesadas e pintadas, con fiestras con vidro e co teito cuberto cunha [[chapa]] metálica. A concesión está rodeada por unha sebe (''ndaala'' ou ''waatha'') de ''[[Dracaena steudneri]]'' para garantir a súa seguridade. A casa está rodeada de dous patios: un exterior (''mboo'' ou ''nja'') ao que se accede a través dun portal (''ngiri'', ''kichumi'' ou ''ksingoni'') para que os nenos xoguen, e un interior (''kari'', ''kadi'', ''mbelyamba'' ou ''kandeni'') na parte posterior para extraer sementes de todo tipo ([[cereal|cereais]], [[Coffea|café]]). Tamén se poden construír anexos sobre a concesión: [[Celeiro (construción)|celeiro]], soportal, ou unha choza auxiliar. Esta última empregábase como casa do marido despois de moitos anos de convivencia, mais a práctica desapareceu.<ref name="Montlahuc" /><ref name="Devenne" /><ref>{{cita web |url=http://www.climbmountkilimanjaro.com/the-people-of-kilimanjaro-the-chagga/the-social-structure-and-village-life-of-the-chagga/index.html |título=The social structure and village life of the Chagga |editorial=Climb Mount Kilimanjaro |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131022020301/http://climbmountkilimanjaro.com/social-structure-and-village-life.html |dataarquivo=22 de outubro de 2013 |dataacceso=15 de decembro de 2015 |lingua=en |urlmorta=non }}</ref>
 
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 105-DOA0461, Deutsch-Ostafrika, Kilimandscharo, Weru Weru.jpg|miniatura|Un rabaño de vacas cruza o río Weru Weru, aos pés do Kilimanjaro.]]
Dende a perspectiva tradicional dos chagga, as zonas cultivadas sitúanse por un lado entre a [[sabana]] (''kasa'', ''nuka'', ''mwai'') árida, insá, [[vector epidemiolóxico|vector]] de [[febre]]s e percorrida polos guerreiros [[masai]], e o bosque de montaña (''nturu'', ''mtsudu'', ''msuthu'') por outro. Dende o período precolonial, a [[agricultura]] encóntrase marcada por un sistema produtivo relativamente intensivo, caracterizada polo emprego de [[esterco]] do gando en solos xa fértiles. Entre as principais producións figuran en primeiro lugar os [[Musa (planta)|bananeiros]] introducidos dende o [[Sueste Asiático]], probablemente polos comerciantes [[árabes]] no [[século VIII]]; ademais do froito desta planta, chamada ''iruu'' ou ''irubu'', as súas follas e fibras teñen múltiples usos. Os [[Bananeira|plátanos]] prepáranse de distintas formas, e pódense comer «sobre a árbore», cocidos ou con cervexa, cada unha coa súa propia denominación, o que indica a súa importancia. As árbores e os seus froitos están no centro de moitas tradicións e están no centro de acontecementos como vodas, embarazos, nacementos e defuncións. Os bananeiros transmítense por herdanza de pais a fillos. Os [[tubérculo]]s como o [[Dioscorea|iñame]] (''kikwa'', a especie local resultante de cruzamentos de ''[[Dioscorea cayenensis]]'', ''[[Dioscorea abyssinica]]'' e ''[[Dioscorea alata]]''), ou [[Colocasia esculenta|taro]] (''Colocasia esculenta'', chamada ''iruma'', ''duma'' ou ''ithuma'') e máis recentemente a [[pataca doce]] (''Ipomoea batatas'' coñecida co nome de ''kisoiya'') teñen tamén un papel esencial na alimentación chagga. Tamén cultívansese cultivan dous [[cereal|cereais]]: o ''[[Eleusine coracana]]'' (''vumbi'' ou ''mbeke''), orixinario dunha rexión entre [[Uganda]] e [[Etiopía]], o [[Zea mays|millo]] (''maimba'' ou ''mahemba'', termos inicialmente asociados noutras linguas ao [[Sorghum bicolor|sorgo]]) introducido polos [[Portugal|portugueses]] desde as [[Antillas]] e posteriormente substituído por unha variedade de [[Suráfrica]] a principios do [[século XX]] e que ve aumentar o seu consumo, aínda que durante moito tempo estivo ausente da alimentación chagga. As parcelas onde se cultivan os cereais e a maioría dos tubérculos son [[irrigación|irrigadas]] por verdadeiras redes de [[canal de irrigación|canais]] (''mfongo'') e deixadas en [[barbeito (terra)|barbeito]] xeralmente durante dous ou tres anos. As ferramentas básicas para traballar o solo son a [[aixada]] e a [[machada]] para rozar, xunto coa [[fouce]]. Ao sur, a agricultura modernizouse (uso de [[fertilizante]]s, [[tractor]]es, emprego de man de obra contratada) mentres que segue sendo máis tradicional e principalmente feminina ao leste. O calendario está ditado polas estacións ás cales está sometido o Kilimanjaro. A explotación dun espazo de recolección próximo ás zonas habitadas, no linde superior do bosque, desapareceu.<ref name="Montlahuc" /><ref name="Devenne" />
 
A introdución do cultivo do [[café]] data de finais do [[século XIX]], mais o seu desenvolvemento só ten lugar a partir da década de 1920. O número de agricultores, uns 600 en [[1922]], multiplicouse por vinte no espazo de dez anos baixo o impulso dunha cooperativa de pequenos produtores locais. Na década de 1950, a subida do prezo do café permitiulles enriquecerse e investir de xeito substancial na construción de novas infraestruturas e adquirir un maior peso político. Estes campesiños convertéronse nun dos piares da independencia de [[Tanganica]] e sufriron paradoxalmente prexuízos polo esforzo de modernización da economía do país.<ref name="Devenne" />
36

edicións