Segunda República Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
consigue > consegue
Liña 106:
[[Ficheiro:Faro de Vigo, 1931, 15 de abril.jpg|miniatura|15 de abril de [[1931]], proclamación da república en [[Faro de Vigo]].]]
A prensa da época informou da proclamación da República nas cidades galegas do seguinte xeito:
* [[A Coruña]]: {{Cita|Nas primeiras horas da tarde comezou a circular a noticia de que se proclamou a República en varias cidades de España, acudindo un gran xentío á praza do Concello ... No Concello atopábase o alcalde monárquico, a quen pediron os republicanos que lles entregase o mando. O alcalde díxolles que carecía de noticias oficiais do cambio de réxime pero que acataba a vontade popular, formulando, con todo, para a súa garantía, a oportuna protesta. Entre tanto o público penetrou no salón de sesións esnaquizando o retrato do Rei, colocando no seu lugar unha artística alegoría da República. Seguidamente izouse a bandeira republicana no balcón central, no medio dunha gran ovación.{{cómpre referencia}}|Diario ABC}}
* [[Lugo]]: {{Cita|Ás seis da tarde, recibiron os oficiais de Telégrafos desta capital, unha circular do Comité Executivo de Comunicacións, dándolles conta de que naquel momento ondeaba no Ministerio da Gobernación, a bandeira republicana e que se fixo cargo do Poder, o Goberno Provisional da República... Ás nove en punto da noite, izábase no Concello primeiramente, a bandeira republicana e a continuación cubríase coa bandeira galega a coroa real que figura no escudo do seu frontispicio, entre frenéticos aplausos e vivas da multitude.{{cómpre referencia}}|El Progreso}}
 
== Contexto histórico adverso ==