Diferenzas entre revisións de «Kilimanjaro»

sen resumo de edición
 
; Nacemento do paleovolcán de Kilema
Esta fase, probablemente de hai máis de 2,5&nbsp;millóns de anos, é pouco coñecida debido ao escaso número de [[Datación radiométrica|datacións radiométricas]] efectuadas no volcán e do enterramento das [[coladacoada de lava|coladascoadas]] baixo outras máis recentes, no entanto varios indicios [[Xeomorfoloxía|xeomorfolóxicos]] sosteñen a súa existencia.<ref name="Pomel1" />
 
[[Estrato (xeoloxía)|Estratos]] producidos por [[relevo invertido]] encóntranse ao nivel das [[dorsal oceánica|dorsais]] de Kilema no sur, de Kibongoto no suroeste e de Ol Molog no nordés. A modelaxe do edificio que sería responsable do anterior, permite determinar que as coladascoadas proveñen de rifts e colmaron as fallas principais da [[fosa tectónica]].<ref name="Pomel1" />
 
Ao oeste, entre as dorsais de Ol Molog e de Kibongoto, o particular relevo en forma de [[Caldeira volcánica|caldeira]] esborrallada ou de [[Glaciar de circo|circo natural]] acolleu o Shira que o encheu en parte. O produto da erosión foi evacuado cara ao oeste e posteriormente cuberto polo [[Monte Meru (Tanzania)|monte Meru]]. É responsable da singular orientación do rift na rexión.<ref name="Pomel1" />
 
; Nacemento do Shira
Este acontecemento remóntase a entre 2,5 e 2 millóns de anos;<ref name="Nonnotte" /> estivo caracterizado por importantes emisións volcánicas xunto e ao longo das dorsais de Ol Molog (ou Shira Norte) e de Kibongoto, orientadas aproximadamente norte&nbsp;/ sur. Un [[volcán en escudo]] [[basalto|basáltico]] ([[Traquiandesita|traquibasaltos]], [[Rocha ultramáfica|ultramáficas]], [[nefelina]]) relativamente alongado iníciase a partir do [[fluxo piroclástico]], [[Tufo volcánico|tufos]] e [[lava]]. Paralelamente, fisuras do terreo poñen en evidencia unha inclinación acentuada das coladascoadas, mostrando que o edificio ascende.<ref name="Pomel1" />
 
O Shira caracterízase por unha caldeira aberta cara ao nordés, mais onde os muros montañosos están aínda fortemente marcados no oeste e no sur. Un cento de [[Dique (xeoloxía)|diques]], testemuños da última actividade do Shira, elévanse no seu centro. Talvez foi incrementada por unha caldeira exterior e quedan algúns rastros. A [[erosión]], principalmente [[glaciar]], e posteriormente as emisións do Kibo modelaron significativamente o relevo do Shira.<ref name="Pomel1" />
; Nacemento do Kibo
[[Ficheiro:Kilimanjaro (paulshaffner).jpg|miniatura|Imaxe aérea do Kibo.]]
Este acontecemento é o que se coñece mellor, remóntase a entre 0,6 e 0,55&nbsp;millóns de anos e é do que máis se sabe, e nel identificáronse cinco etapas. Ata hai 0,4 millóns de anos produciuse a formación dun [[estratovolcán]] cónico, comparable ao Mawenzi, probablemente sobre a dorsal Kibongoto. Nese período as [[erupción volcánica|erupcións]] son irregulares e favorecen a [[erosión]] e os depósitos de [[morena]] xerados polo primeiro período de [[glaciación]]. Os materiais emitidos compóñense de [[traquita]]s, [[traquiandesita]]s de [[oligoclasio]]s, traquibasaltos e [[basalto]]s de [[olivina]], con presenza de [[fenocristal|fenocristais]] de [[feldespato]]. Conclúen cun evento explosivo chamado ''Weru Weru'', con abundantes [[piroclastita]]s e [[lahar]]es, ao sur e suroeste da [[caldeira volcánica|caldeira]], así como as primeiras irrupcións de [[cono volcánico|conos]] secundarios na zona de Ol Molog. Hai entre 0,4 e 0,25&nbsp;millóns de anos, formouse un novo [[domo de lava]] de traquitas e [[fonolita]]s a 1,6&nbsp;km ao nordés. Emitiu [[coladacoada de lava|coladascoadas de lava]] de [[pórfido]] que provocaron o afundimento do edificio e a aparición de intrusións de [[sienita]]s. O segundo período de glaciación causou unha maior erosión. Fórmase un [[lago]], como o demostra a presenza de [[Lava almofadada|lavas almofadadas]]. Hai entre 0,25 e 0,1&nbsp;millóns de anos, sucédense erupcións de [[Erupción pliniana|tipo pliniano]]. As repercusións chegan ata [[Kenya]]. A erosión causada polo terceiro período de glaciación conduce a un afundimento parcial e o baleiramento da caldeira elíptica de 1,9 por 2,3&nbsp;km, en particular por lahares e [[Fluxo piroclástico|fluxos piroclásticos]]. Entre hai 100&nbsp;000 e 18&nbsp;000&nbsp;anos, formáronse no interior dos restos do anterior a caldeira e o domo actuais. As pegadas de [[Erupción freática|erupcións freáticas]] e de erosión validan a existencia da cuarta e quinta glaciacións, intercaladas de episodios máis húmidos con existencia de [[acuífero]]s no [[holoceno]]. Finalmente, entre hai 18&nbsp;000 e 5&nbsp;000 anos, o Kibo alberga un [[lago de lava]]. A súa drenaxe crea o ''Pit Crater'' cubrindo o cumio de [[Escoura volcánica|escoura]],<ref name="Pomel1" /> e a vertente norte de coladascoadas de lava.<ref name="Nonnotte" />
 
Aínda que non existen rexistros da última [[erupción volcánica|erupción]] somital (do cumio),<ref>{{Cita web |url=http://www.volcano.si.edu/world/volcano.cfm?vnum=0202-15= |título=Kilimanjaro |obra=Global Volcanism Program |editorial=National Museum of Natural History — Smithsonian Institution |lingua=en |dataacceso=30 de outubroo de 2015}}</ref> e que actualmente se considera un volcán inactivo, o Kilimanjaro aínda experimenta algunhas sacudidas sísmicas e emite en ocasións [[fumarola]]s que emanan [[dióxido de carbono]], [[dióxido de xofre]] e [[ácido clorhídrico]] no fondo do [[cráter volcánico|cráter]] Reusch, cuxa temperatura en superficie acada os 78&nbsp;[[Grao Celsius|°C]].<ref name="Pomel1" /> En [[2003]] concluíuse que existía [[magma]] a 400&nbsp;m de profundidade baixo o cráter do cumio.<ref>{{Cita web |nome=Roy J. |apelidos=Hinde |url=https://web.archive.org/web/20110811082849/http://www.articlesoft.com/pdf/article-34631.pdf |título=Mount Kilimanjaro |formato=[[PDF]] |lingua=en |dataacceso=30 de outubro de 2015}}</ref> Por outra banda, no pasado tiveron lugar varios afundimentos e corrementos de terra, un dos cales creou a ''Western Breach'' (brecha occidental). As últimas erupcións tiveron lugar ao longo da dorsal de Rombo e no [[maar]] do lago Chala que medía 3,2&nbsp;km de diámetro, máis de 90&nbsp;m de profundidade e estaba situado a sueste do volcán. As erupcións que se sucederon foron segundo os casos de [[Erupción estromboliana|tipo estromboliano]], [[Erupción vulcaniana|vulcaniano]] ou [[Erupción hawaiana|hawaiano]]. Isto reflicte a complexidade dos ciclos de apertura dos [[rift]]s, a migración nas dorsais do volcán e a diferenciación do magma.<ref name="Pomel1" /> Estas erupcións crearon conos satélites dun centenar de metros de altura.<ref name="Nonnotte" />
36

edicións