Diferenzas entre revisións de «Omaha, Nebrasca»

corrixo radio* -> raio
m (Nebrasca)
(corrixo radio* -> raio)
'''Omaha''' é a cidade máis grande do estado de [[Nebrasca]], nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], e é a capital do [[condado de Douglas]]. Está situada no medio oeste do país á beira do [[río Missouri]], a uns 30 quilómetros ao norte da desembocadura do [[río Platte]]. Omaha é o centro da área metropolitana Omaha-Council Bluffs, que inclúe a [[Council Bluffs, Iowa|Council Bluffs]], no estado de [[Iowa]], situada no outro lado do río Missouri.
 
Segundo o censo do [[2010]], a poboación de Omaha era de 408.958 habitantes, facéndoa a 40 máis grande dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Cos seus suburbios, Omaha formaba a 60 área metropolitana máis grande do país no [[2010]], cunha poboación de 865.350 habitantes que vivían en oito condados. Hai máis de 1,2 millóns de residentes nun radioraio de 80 quilómetros dende o centro da cidade, formando a área Greater Omaha.
 
Omaha foi fundada en [[1854]] por especuladores da veciña [[Council Bluffs, Iowa|Council Bluffs]] ao longo do [[río Missouri]]. Durante o [[século XIX]], a localización de Omaha no centro dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] fixo que a cidade se convertese nun importante centro de transporte. Ao longo do resto do século, os sectores do transporte e do comercio foron moi importantes na cidade, xunto cos seus ferrocarrís e as súas fábricas de cervexa. No [[século XX]], os matadoiros de Omaha, uns dos máis grandes do mundo, e as súas plantas empacadoras de carne, gañaron moita importancia a nivel internacional.
197.871

edicións