Urodelo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
m ligazón
Liña 42:
== Bioloxía ==
A [[fecundación]] é externa nas [[familia (bioloxía)|familias]] dos [[criptobránquidos]], [[hinobíidos]] e [[sirénidos]], mentres que os membros doutras familias presentan unha fecundación interna a pesar da ausencia nos machos dun órgano copulador.<ref name=duellman/>
Presentan un [[larva|desenvolvemento larvario]] diferenciado antes de alcanzar a idade adulta, con presenza de [[branquia]]s externas que logo son substituídas por [[pulmón]]s. Un bo número de especies presentan [[pedomorfismo]], é dicir, presenza de estruturas xuvenís nos adultos (de ''pedo-'', do [[grego antigo]] παῗς, παιδóς ''paĩs, paidós'', "neno", "novo", e -morfismo, do grego antigo μορφή ''morphḗ'', "forma") en cuxo caso reteñen características do estado larvario, polo que algunhas especies non abandonan as branquias, e incluso existen casos como o de ''[[Ambystoma mexicanum]]'' en que a transformación non ocorre dunha forma regular, aparecendo aspectos propios do adulto na fase larvaria, que pode prolongarse de forma irregular.
 
=== Hábitat ===