Nestorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
sofrer > sufrir
Liña 49:
Pouco despois da súa chegada á [[Constantinopla|capital imperial]], Nestorio envolveuse na disputa entre dúas faccións teolóxicas que diverxían nas súas concepcións [[cristoloxía|cristolóxicas]]. Nestorio tentou encontrar un medio termo entre os que facían énfase no feito de que [[Deus Fillo]] nacería como un home, insistindo en chamar á Virxe María ''[[Theotokos]]'' ({{lang-grc|Θεοτόκος}} - "Nai de Deus"), e os que rexeitaban o título porque Deus, como un ser eterno, non podería nacer". Nestorio suxeriu o título de ''Christotokos'' (''Χριστοτόκος'' - "Nai de Cristo"), mais non conseguiu apoio de ningún dos lados da controversia.
 
Nestorio cría que ningunha unión entre o humano e o divino era posible. Se unha unión así ocorrese, cría que Cristo non podería ser verdadeiramente [[consubstancialidade|consubstancial]] con Deus e consubstancial connosco, porque el crecería, maduraría, sofreríasufriría e morrería (algo que, segundo el, Deus non podería facer) e iría tamén posuír o [[poder de Deus]], o que faría del algo distinguido dos humanos.
 
[[Eusebio de Dorileia]] foi o primeiro a acusar a Nestorio de herexía, mais o seu máis obstinado adversario foi o [[patriarca de Alexandría]] [[Cirilo de Alexandría|Cirilo]]; quen pediu axuda ao [[Celestino I, papa|papa Celestino I]] de [[Roma]], esixindo unha decisión sobre Nestorio, ao que o papa respondeu delegando ao propio Cirilo a tarefa de [[excomuñón|excomungar]] a Nestorio se el non cambiaba as súas opinións en dez días. Os contrarios de Nestorio acusárono de separar a divindade de Cristo da súa humanidade, en dúas persoas existindo nun único corpo, negando así a realidade da [[encarnación de Xesús]] e destruíndo a chamada [[unión hipostática]]. Esta herexía pasou a coñecerse como [[nestorianismo]].