Diferenzas entre revisións de «Revolución Cultural»

sen resumo de edición
Mentres Lin Biao alentaba o [[culto á personalidade]] cara á figura de Mao, a súa dona Jiang Qing, antiga actriz implicada na vida cultural do país, promovía a defensa dos ideais revolucionarios na produción artística. A Revolución Cultural desencadeouse precisamente a través dun ataque a unha obra literaria. En 1961, [[Wu Han]], escritor de prestixio e vicealcalde de Pequín, publicara unha obra de teatro, ''Hǎi Ruì Bàguān'' (海瑞罢官 / 海瑞罷官: ''Hai Rui cesado do seu cargo''), na que se empregaban personaxes da [[dinastía Ming]] para aludir ao conflito entre Mao Zedong e Peng Dehuai. Esta obra indignara a Mao, que recoñeceu as alusións evidentes á súa persoa. Outros dous membros do goberno municipal de Pequín, [[Deng Te]] e [[Liao Mosha]], recorreron tamén á ficción histórica para criticar a Mao. Naquel momento, o goberno municipal de Pequín, co seu alcalde [[Peng Zhen]] á fronte, albergaba moitos dos partidarios de Liu Shaoqi e [[Deng Xiaoping]] e contra eles dirixíronse as primeiras críticas dos maoístas. Consciente da hostilidade cara á súa persoa en Pequín, Mao viaxou a [[Shanghai]] no verán de 1965. Nesa cidade, durante unha reunión do Comité Central no mes de setembro, Mao fixo un chamamento á resistencia fronte á ideoloxía burguesa reaccionaria. A contraofensiva comezara e Mao preparaba a súa volta. Mediante a influencia de Jiang Qing e grazas ao apoio do exército, o editorialista da edición de Shanghai do Diario do Exército de Liberación [[Yao Wenyuan]], estreito colaborador de Jiang Qing, escribiu un agresivo editorial no que se atacaba a Wu Han pola deslealdade do argumento da obra ''Hai Rui cesado do seu cargo''.
 
A estratexia de Mao e os seus seguidores eludía o ataque directo a Liu Shaoqi e Deng Xiaoping e centrábase en quen os apoiaban. Isto puña nunha situación difícil os líderes do partido, xa que a pesar de odotodo, Mao seguía a ter o recoñecemento como máximo ideólogo do réxime e as críticas ao equipo do goberno municipal de Pequín fundamentábanse na obediencia estrita á ideoloxía de Mao, polo que resultaban difíciles de contrarrestar ante a opinión dos cadros do partido. Os ataques tiveron o éxito esperado e o 30 de decembro de 1965 Wu Han recoñeceu publicamente o seu erro. Isto animou os seguidores de Mao a aumentar a presión. O 26 de marzo de 1966 aproveitando a ausencia de Liu Shaoqi, que estaba en visita oficial en [[Paquistán]] e [[Afganistán]], os partidarios de Mao secuestraron o alcalde de Pequín e membro destacado do buró político [[Peng Zhen]]. Ao apoio de Yao Wenyuan en Shanghai uniuse o control da capital por parte do exército, leal a Lin Biao e a Mao. A partir deste momento, a edición nacional do ''Diario do Exército de Liberación'' pasou a estar controlada polos seguidores de Mao, e o 18 de abril un histórico editorial nese diario proclamou ''levantemos o grande estandarte vermella do pensamento de Mao Zedong e participemos de forma activa na Gran Revolución Cultural Socialista''. O editorial daba xa nome ao movemento e confirmaba o apoio do exército. O 1 de xuño, o ''[[Diario do Pobo]]'', principal órgano de expresión do Partido Comunista, caeu tamén baixo o control dos maoístas.
 
== Consecuencias da Revolución Cultural ==
[[Ficheiro:Propaganda slogan removed - Wuhan University.JPG|miniatura|esquerda|Rastros dunha máxima propagandística da Revolución Cultural, inscrita nun muro, que invoca a confianza no presidente Mao]]
AAo diferenzacontrario da anterior campaña maoísta, o Gran Salto Adiante, que tivera como vítimas os sectores máis desfavorecidos do medio rural, a Revolución Cultural tivo como albo a clase intelectual e dirixente do país. As acusacións xeneralizadas de "actividades contrarrevolucionarias" a técnicos cualificados e a profesores universitarios levaron a unha paralización do desenvolvemento tecnolóxico e educativo do país. Os programas de estudos foron redefinidos para primar o ensino de valores ideolóxicos sobre aquelas materias puramente intelectuais e científicas consideradas "burguesas". Unha xeración enteira de mozos viuse privada da posiblidadeposibilidade dunha educación superior alén da repetición de lemas revolucionarios. Fronte a esta crise do ensino superior, o espírito maoísta de igualdade tivo unha consecuencia positiva no aumento da escolarización primaria e da [[alfabetización]].
[[Ficheiro:Confuciustombqufu.jpg|miniatura|Tumba de [[Confucio]] en [[Qufu]], que sufriu os ataques dos gardas vermellos durante a Revolución Cultural]]
A idea maoísta de que a nova China debía romper cos hábites feudais do pasado tivo tamén consecuencias nefastas para a cultura tradicional chinesa. Jiang Qing e os seus colaboradores instaron aos mozos a acabaren cos chamados "Catro antigos" (四旧 / 四舊 / ''sì jiù'', ás veces traducido como "os catro vellos"): os usos antigos, os costumes antigos, a cultura antiga e o pensamento antigo. A interpretación de que elementos da sociedade merecían a consideración de antigos ou burgueses quedou, non obstante, ennas mans dos propios [[garda vermella|gardas vermellos]], quen, ávidos de amosar o seu espírito revolucionario, se embarcaron nunha campaña de destrución de obras de arte, libros, templos e edificios antigos, á vez que sometían a humillantes sesións de autocrítica a intelectuais e altos cargos do Partido aos que acusaban de reaccionarios.
 
Dado que calquera que expresase na súa vida pública interese cultural ou artístico cara a calquera asusnto que non fose a exaltación da figura de Mao podía ser acusado de reaccionario, non é de estrañar que a inmensa maioría dos escritores e artistas sufrisen persecucións durante esta época e fosen moitos os que resultaron feridos e mesmo mortos pola violencia dos gardas vermellos. Outros suicidáronse, como o escritor [[Lao She]]. Estímase que foron miles as vítimas mortais da violencia e máis de tres millóns de membros do Partido foron vítimas das purgas na cúpula do poder.
 
No ámbito da cultura, ademais da destrución de obras de arte, a Revolución Cultural tamén afectou a relixión tradicional chinesa e o sistema de escritura. A maior parte dos templos [[budismo|budistas]] e [[taoísmo|taoístas]] foron pechados e moitos monxes foron obrigados a seguir programas de reeducación. Tamén o pensamento [[confucianismo|confucianista]] foi albo das iras dos gardas, pois se identificaba coa sociedade feudal antiga. Debido a isto, a cidade natal de [[Confucio]], [[Qufu]], na provincia de [[Shandong]], sufriu os ataques de grupos de gardas que destruíron gran parte do seu patrimonio, que foi restaurado anos despois. En canto á [[escrita chinesa]], o proceso de [[reforma da escrita chinesa|simplificación dos caracteres]], aínda que comezara con anterioridade, coas listaxes de caractrerescaracteres reformados publicadas en 1956 e 1964, consolidouse grazas ao espírito de ruptura co pasado impulsado pola Revolución Cultural. Neste sentido, moitas das diferenzas culturais que se perciben entre a China continental e as sociedades chineses de [[Taiwán]], [[Hong Kong]] e [[Macau]] teñen as súas raíces na Revolución Cultural, cuxos efectos se prolongaron ata a actualidade.
 
=== Educación ===
A Revolución Cultural levou ao sistema educativo da China a un parón. Nos primeiros meses da Revolución Cultural pecháronse escolas e universidades. As escolas de [[educación primaria|primaria]] e [[educación secundaria|secundaria]] abriron máis tarde, máis todos os institutos e universidades estiveron pechadas ata 1970, e a maioría das universidades non reabriron ata 1972.<ref>{{cita libro |url=https://books.google.com/books?id=iRr8GOrCLgkC&pg=PA164#v=onepage&q&f=false |título=Rise of the Red Engineers: The Cultural Revolution and the Origins of China's New Class |nome= Joel |apelidos=Andreas |páxina=164 |editorial= [[Stanford University Press]] |data= 2009 |isbn=978-0804760782 }}</ref> Os exames para entrar na universidade canceláronse despois de 1966, para ser logo substituídos por un sistema onde os estudantes eran recomendados por fábricas, pobosvilas e unidades militares; as probas non foron restauradas ata 1977 baixo o mandato de [[Deng Xiaoping]]. Segundo os documentos para perseguir a [[Banda dos Catro]], foron perseguidos 142&nbsp;000 cadros do exército e profesores nos círculos educativos e menciónanse académicos, científicos e educadores que morreron, incluíndo a Xiong Qinglai, Jian Bozan, Rao Yutai, Wu Dingliang e Zhao Jiuzhang.<ref name="documents">{{cita libro |url=https://books.google.com/books?id=ipHX7n55ISIC&pg=PA132#v=onepage&q&f=false |título=Chinese Politics: Fall of Hua Kuo-Feng (1980) to the Twelfth Party Congress (1982) |editor= James T. Myers, Jürgen Domes, Erik von Groeling |editorial=University of South Carolina Press |data= 1995 |isbn= 978-1570030635 }}</ref> A xerración enteira de individuos aflixidos precariamente cualificados denomínase comunmente como a "xeración perdida".<ref>{{cita libro |url= https://books.google.com/books?id=GO5HrrJC_aMC&pg=PA195#v=onepage&q&f=false |título= Rhetoric of the Chinese Cultural Revolution: The Impact on Chinese Thought, Culture, and Communication |autor= Xing Lu |páxina=195 |editorial=University of South Carolina Press |data= 2004 |isbn=978-1570035432 }}</ref><ref>{{cita libro |url=https://books.google.com/books?id=YFkx41kszGUC&pg=PA55#v=onepage&q&f=false |título=A River Forever Flowing: Cross-cultural Lives and Identies in the Multicultural Landscape |autor= Ming Fang He |páxina=55 |editorial= Information Age Publishing|data= 2000|isbn=978-1593110765 }}</ref><ref>{{cita noticia |url=http://edition.cnn.com/2012/10/24/world/asia/china-lost-generation/ |título=China's 'lost generation' recall hardships of Cultural Revolution|autor= Tracy You |obra= CNN |data=25-10-2012 }}</ref>
 
== Notas ==
36

edicións