Xoán XIII, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 21:
Ó ano seguinte, o día de Nadal de 967, Xoán XIII coroou co-emperador ó fillo de Odón, [[Odón II]], de tan só doce anos de idade.
 
Cinco anos despois, en 972, o Papa casou a Odón II con [[Teófano Skleraina|Teófano]], a sobriña do emperador bizantino [[Xoán I Tzimisces]], co que se abriu un período de entendemento entre Occidente e Oriente.
 
Na súa vertente relixiosa, o papado de Xoán XIII é recordado pola evanxelización dos húngaros e polacos, e polos intentos de reorganización da Igrexa, que o levaron á creación do [[arcebispado de Magdeburgo]] e outros de rito latino no sur de [[Italia]], o que reduciu a influencia do [[Imperio Bizantino]] e a súa [[Igrexa ortodoxa]] nesa rexión. tamén comezou o costume de bendicir e dar nome ás campás dos templos.