Abrir o menú principal

Cambios

Un dos feitos máis decisivos, e de efectos máis duradeiros, desta época foi a incorporación dos [[pobo eslavo|pobos eslavos]] á órbita cultural e relixiosa de Bizancio. Na segunda metade do século IX, os [[monxe]]s de [[Tesalónica]] [[Metodio]] e [[Cirilo]] foron enviados a evanxelizar [[Moravia]] a petición do seu monarca, [[Ratislao]]. Para levar a cabo a súa tarefa crearon, partindo do dialecto eslavo falado en Tesalónica, unha lingua literaria, o [[antigo eslavo eclesiástico]] ou litúrxico, así como un novo alfabeto para poñela por escrito, o [[alfabeto glagolítico]] (logo substituído polo [[alfabeto cirílico]]). Aínda que a misión en Moravia fracasou, a mediados do século X produciuse a conversión do [[principado de Kiev]], quedando así baixo a influencia de Bizancio un estado de extensión moito maior que o propio imperio.
 
As relacións con occidente foron tensas desde a coroación de [[Carlomagno]] (800) e as pretensións dos seus sucesores ao título de emperadores romanos e ao dominio sobre Italia. Durante toda esta etapa, malia a perda de Sicilia, o imperio seguiu tendo unha enorme influencia no sur da península itálica. As tensións con [[Odón I, Emperador|Odón I]], quen pretendía expulsar aos bizantinos de Italia, resolvéronse mediante o matrimonio da princesa bizantina [[Teófano Skleraina|Teófano]], sobriña do emperador bizantino [[Xoán Tzimiscés]], con [[Odón II, Emperador|Odón II]].
 
==== A política relixiosa ====
50.047

edicións