Rock and roll: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Música, danza e teatro}}
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 22:
As diferenzas do Rock coas músicas das que provén, ([[Country]] e [[Blues]], son máis de énfase e de actitude que puramente musicais. A finais dos corenta comezaron a aparecer fusións entre os dous estilos, "Moving all over" ([[Hank Williams]], 1947) e "Rocket 88" (Jackie Brenston, 1951) poden ser consideradas mostras iniciais de Rock, pero até que aparece a rebelión xuvenil, os topetes e o sexo entre adolescentes, a poder ser no asento traseiro dun automóbil, non se pode falar de Rock.
 
Por primeira vez os mozos non querían levar a vida dos seus pais e facían desta diferenza unha cuestión cultural. O rock canalizouna, deulle nome, serviulle de trilla sonora e moito mais que é difícil de comprender hoxe. Como ben dixo [[John Lennon]], antes de [[Elvis Presley]] non había nada. A continuidade vese tamén en que a formación clásica do rock é aquela do Blues eléctrico de Chicago da que evoluiuevolucionou principalmente: Voz, dúas [[guitarra]]s, [[baixo]] e [[Batería (instrumento musical)|batería]]. Pese a tantas cousas en común non se pode falar do rock como un blues tocado por brancos, ao blues faltáballe o carácter explosivo e as gañas de vivir que transmiten desde os primeiros discos de [[Rockabilly]] até os [[Sex Pistols]].
 
A partir de 1955 houbo unha explosión que abaneou os Estados Unidos. O rock invadiu as emisoras, os cines, as salas de baile e indignou á sociedade benpensante que contraatacou co escándalo [[Payola]]. A era do rock acabou en 1959, coa morte de [[Buddy Holly]], [[Chuck Berry]], [[Bo Diddley]] no caldeiro e Elvis facendo a mili en Alemaña, habería que agardar a que a semente prendese en Inglaterra e volvese no 1964 en forma de [[British Invasion]] para que o rock se convertese na plétora de variedades musicais co que o asociamos hoxe.
 
A invasión significou moitas cousas, desde unha volta ás raíces negras do rock até unha ampliación da súa base social e unha dignificación como forma artística, despois de discos como o "Revolver" dos [[The Beatles|Beatles]] ou o "Pet Sounds" dos [[Beach Boys]] o rock transcendeu o seu carácter de revolta xuvenil. Os setenta viron a disgregación da até entón sólida comunidade, por un lado os "dinosauros" (superbandas que facían tours interminábeis e tiñan un grande éxito repetindo o que fixeran nos sesenta) e o [[Rock sinfónico]], por outro a [[música disco]] crearon un ambiente para a revolución do [[punk]], que si musicalmente era un regreso á primitiva agresividade e imediatezproximidade do R'n'R, estética e politicamente significou unha ruptura que acentuou a división existente: un punk odiaba a un fan do rock comercial, nunha dicotomía que aínda se mantén.
 
{{Control de autoridades}}