Música clásica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{1000}}
{{1000 artigos icona título|materia=Música, danza e teatro}}
[[Ficheiro:Classical music composers montage.JPG|350px|miniatura|Montaxe con algúns dos compositores de música clásica máis coñecidos. De esquerda a dereita:<br />Primeira fila: [[Antonio Vivaldi]], [[Johann Sebastian Bach]], [[Georg Friedrich Händel]], [[Wolfgang Amadeus Mozart]], [[Ludwig van Beethoven]].<br />Segunda fila: [[Gioachino Rossini]], [[Felix Mendelssohn]], [[Frédéric Chopin]], [[Richard Wagner]], [[Giuseppe Verdi]].<br />Terceira fila: [[Johann Strauss (fillo)|Johann Strauss II]], [[Johannes Brahms]], [[Georges Bizet]], [[Petr Ilich Chaikovskii]], [[Antonín Dvořák]].<br />Cuarta fila: [[Edvard Grieg]], [[Edward Elgar]], [[Sergei Rachmaninov]], [[George Gershwin]], [[Aram Khachaturian]].]]
:''Isto é un artigo sobre a [[música]] académica europea da época [[neoclasicismo|neoclásica]] ([[1750]]-[[1800]])''
:''para ir á sección da música culta europea (mal chamada "música clásica") siga a ligazón: '''[[música académica]]'''.''
Liña 21:
===Contexto histórico e social===
:''Véxase [[Ilustración]]''
Adóitase situar como o inicio do clasicismo musical o ano [[1750]], ano da morte de [[Johann Sebastian Bach|J.S Bach]], se ben como adoita ocorrer en tódolos períodos da historia da música esta data é orientativa, e o paso ao novo estilo foi un fenómeno gradual ata a aceptación do mesmo. O certo é que o clasicismo musical nace aproximadamente na segunda metade do século [[XVIII]], na última parte do Período da [[Ilustración]], un movemento humanístico e [[secular]] por natureza que desafiou os sistemas estabelcidosestabelecidos de pensamento e comportamento, xa que enfatizabasalientaba a razón, a lóxica e o coñecemento. As liñas fundamentais do pensamento do [[século XVIII]] desenvólvense a partir do legado das conquistas realizadas no [[século XVII|século anterior]] no campo das ciencias, as matemáticas e a filosofía. Logo das novas concepcións científicas sobre o universo e sobre Deus (valorábase máis a fe individual e a moralidade práctica que á Igrexa como institución) e a non aceptación das mesmas (proba desta non aceptación é a persecución sufrida por [[Galileo Galilei]] durante os últimos 28 anos da súa vida) durante o século XVII, nos primeiros anos do século XVIII as obras de [[René Descartes]] e [[Isaac Newton]] entroutrosentre outros foron ben recibidas e aceptadas por unha sociedade cunha formación intelectual máis ampla. A crenza de que o individuo posuía dereitos desafiaba a autoridade do Estado, e aqueles que se baseaban na [[relixión]], na superstición e no sobrenatural para manteren as posicións de poder, viron a súa autoridade cuestionada e eventualmente reducida. A crenza nos [[dereitos humanos]] e na irmandade sobrepóñense ao dereito divino dos reis, ata entón considerado innegable, xa que os privilexios de clase desaparecían ao recoñecer que tódolos homes eran iguais e ao adoptar a educación universal. Considerando este período como un gran punto de reviravolta, os filósofos e escritores promoveron a razón en detrimento do costume ou da tradición como a mellor guía da conduta humana. A Ilustración defendía o convencemento de que mediante a razón e o coñecemento se podían solucionar os problemas sociais e prácticos.
 
Houbo dous feitos históricos vencellados ao ideal do iluminismo determinantes nesta época, a [[revolución americana]] e a [[revolución francesa]], que foron combatidas durante esta metade do século.