Partícula subatómica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Física nuclear e de partículas" pola categoría "Física nuclear"
sofrer > sufrir
Liña 11:
Os físicos que descubriron algúns destas partículas utilizaron nomenclaturas que poden ser consideradas ou soar estrañas. Porén, analizando máis profundamente, observaremos que os quarks, por exemplo, chamados quark superior, quark do fondo, quark estraño, quark encantado, teñen razóns para recibiren estes nomes, que nos dan unha idea aproximada das propiedades singulares deses corpúsculos.
 
A primeira destas partículas, o [[electrón]], foi descuberta en [[1897]] por [[Joseph John Thomson]]. [[Ernest Rutherford]]. Bombardeando unha chapa metálica con [[partícula alfa|partículas alfa]] descubriu que apenas unha pequena fracción delas sofríasufría desviacións de traxectoria. Con isto concluíu que as partículas que non se desviaban non encontraban no metal obstáculo que causase a deflexión da súa traxectoria. Desta forma, creou un modelo no cal os electróns xiraban en torno do núcleo atómico, que considerou a rexión central do átomo e onde se situaba a maior parte da masa atómica.
 
O modelo de Rutherford baseábase en órbitas electrónicas, isto é, comparábeis a un sistema planetario. Chegou á conclusión de que a maior parte do átomo se encontra baleira, estando practicamente a totalidade da súa masa no núcleo, sendo este en torno de dez mil veces menor que o átomo.