Feudalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Sociedade: +control autoridades using AWB
sofrer > sufrir
Liña 11:
* O [[clero]] tiña como función oficial rezar. Na práctica, exercía grande poder político sobre unha sociedade bastante relixiosa, onde o concepto de separación entre a relixión e a política era descoñecido. Mantiñan a orde da sociedade evitando, por medio de persuasión e criación de xustificativas relixiosas, revoltas e contratacións campesiñas.
* A [[nobreza]] (tamén chamados señores feudais) tiña como principal función de loitar, alén de exercer un considerábel poder político sobre os demais estamentos. O rei cedíalles terras e estes xurábanlle axuda militar (relacións de [[suzeranía]] e [[vasalaxe]]).
* Os [[servos da gleba]] constituían a maior parte da poboación campesiña: estaban presos á terra, sofreronsufriron unha forte explotación, eran obrigados a prestaren servizos á nobreza e a pagarlles diversos tributos en troco do permiso de uso da terra e de protección militar. Para recibiren dereito a morar nas terras dos seus señores, xurábanlle fidelidade e traballo. Mentres, os nobres, para obteren a posesión do feudo facían o mesmo xuramento aos reis.
* Os [[Vasalaxe|vasalos]] ofrecen ao señor ou suzerano, fidelidade e traballo en troco de protección e un lugar no sistema de produción. As redes de vasalaxe estendíanse por varias rexións, sendo o rei o suzerano máis poderoso. 
[[Ficheiro:Hommage au Moyen Age - miniature.jpg|miniatura|esquerda|250px|Un vasalo axeonllado realiza a ''inmixtio manum'' durante a homenaxe ao seu señor (sentado), e un escribente toma nota.]]