Urina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
sofrer > sufrir
Liña 3:
A urina [[ser humano|humana]], así como a urina doutros animais, está composta principalmente de [[auga]] (96%, de [[media (matemáticas)|media]]), mais contén tamén [[urea]], [[ácido úrico]], [[cloruro de sodio|sal]] e outras substancias, sendo expelida durante o acto de [[Micción|urinar]]. O [[volume (física)|volume]], a [[ácido|acidez]] e a [[concentración]] de sales na urina son regulados por [[hormona]]s, entre as cales figuran a [[hormona antidiurética]] e a [[aldosterona]]. Estas hormonas actúan nos riles para garantir que a auga, os sales e o [[equilibrio ácido-base]] (acidez ou [[base (química)|alcalinidade]] do sangue e do [[fluído intersticial]]) do organismo se manteñan dentro de estreitos límites. A presenza na urina de [[azucre]], [[seroalbumina humana|albumina]], [[pigmento]]s [[bile|biliares]] ou cantidades anormais dalgunhas substancias, incluíndo as constituíntes habituais, é indicador de [[doenza]]s. A urina é normalmente estéril cando é expelida e ten só un vago cheiro. O cheiro desagradábel da urina deteriorada débese á acción de [[bacteria]]s que provocan a liberación de [[amoníaco]].
 
Un [[adulto]] saudábel de [[dieta]] común pode producir entre 1000 e 2000 ml de urina por día.<ref name = "Otto">MILLER, Otto. GONÇALVES. R. Reis. ''Laboratório para o Clínico''. 8. ed. São Paulo: Atheneu, 1999. ISBN 85-7379-038-5</ref> O volume mínimo de urina necesario para retirar do [[ser vivo|organismo]] todos os produtos residuais é de cerca de 0,5 l nun home de 70&nbsp;kg; todo o [[volume (física)|volume]] producido por riba deste consiste nun exceso de [[auga]]. Unha grande inxestión de líquidos aumenta a cantidade de urina producida; unha grande perda de líquido a través da [[transpiración]], [[vómito]]s ou [[diarrea]] conduce á diminución de volume. O volume de urina eliminado durante o día é o dobre do producido pola noite, nos humanos saudábeis. En desordes patolóxicas esta constante pode ser alterada pasando o individuo a eliminar igual volume en dous períodos ou máis durante a noite ([[nicturia]])<ref name="Otto" />
 
== Alteracións da urina ==
Liña 9:
 
=== Volume anormal ===
Unha produción diaria de urina superior a 2,5 l é anormal, a menos que o individuo beba líquidos en exceso ou sofrasufra dalgunha doenza (ex:[[poliuria]]).
 
Pode tamén haber unha produción anormalmente reducida de urina -menos—menos de 0,4 l-l— en casos de [[deshidratación]] grave ou de [[insuficiencia renal]] aguda. Esta situación pode tamén ocorrer cando os riles non reciben o seu abastecemento normal de sangue en virtude de situacións como [[insuficiencia cardíaca]], [[choque]] ou doenzas como [[leptospirose]].
 
A falta de produción de urina polos [[ril]]es, a [[anuria]], pode deberse a lesións graves nos riles. O impedimento ao paso da urina contida na vexiga débese, mais frecuentemente, a unha obstrución na parte inferior do [[sistema urinario|tracto urinario]] como resultado dun [[tumor]] na [[próstata]], de [[cálculo (medicina)|cálculos]] encravados na [[uretra]] ou da hipertrofía da [[próstata]], e nese caso trátase dunha situación de retención urinaria na cal a produción de urina é efectivamente normal, e non dunha anuria.