Nomenclatura binominal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
feita revisión lingüística
Retiro o aviso de revisión de ortografía
Liña 51:
O nome do xénero (nome xenérico) sempre debe ter a inicial maiúscula, mentres que o epíteto específico non a leva nunca.<ref name="maiuscula">No pasado e ata comezos do s. XX, considerouse axeitado que o epíteto comezase con maiúscula cando derivase dun nome propio (p. ex. ''Rana Perezii''), e así pode atoparse en textos antigos, como nos textos de Linneo. Ás veces, en literatura non científica baseada en fontes antigas pode atoparse este recurso, con todo non é o correcto en correspondencia coa convención moderna.</ref> A norma inclúe a obriga de resaltar o nome, o que en manuscritos e textos mecanografados se fai subliñándoo (<u>Homo sapiens</u>), e en textos de imprenta ou de ordenador faise por medio da cursiva (''Homo sapiens''), aínda que, con menos frecuencia, tamén podería resaltarse en letra grosa ('''Homo sapiens''').
 
O nome científico dunha especie xeralmente debe escribirse completo cando se emprega por primeira vez nun texto. Pero nas referencias posteriores a especies do mesmo xénero, o nome do xénero pode abreviarse utilizando a inicial en maiúscula seguida dun punto<ref name= abreviatura>Isto é posible se coincide co derradeiro xénero citado explícitamenteexplicitamente (coa mesma inicial e dentro da mesma páxina).</ref> Por exemplo, para citar o [[morcego pequeno de ferradura]] no comezo dun texto, escríbase "''Rhinolophus hipposideros''"; logo a escritura "''R. hipposideros''" sobrenténdese que é a mesma especie, mais se logo se escribe "''R. euryale''" debe entenderse que se trata de "''[[Rhinolophus euryale]]''", outra especie. Debe evitarse a abreviatura se pode inducir a engano entre nomes.
 
Nuns poucos casos a abreviatura dun nome específico é de uso común, como no caso da [[bacteria]] ''Escherichia coli'', que adoita abreviarse como ''[[E. coli]]'' (e ata só ''coli'' na literatura médica e doutros grupos profesionais alleos á bioloxía).