República Democrática Alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Stamps_of_Germany_(DDR)_1975,_MiNr_2106.jpg" que foi borrado en Commons por Jcb. Motivo:
Lles (conversa | contribucións)
m Pano de aceiro
Liña 109:
Debido á forte tradición alemá de beber café, as importacións de café eran unha das máis importantes para os consumidores. Unha masiva alza nos prezos do café entre [[1976]] e [[1977]] causou algúns problemas financeiros á RDA, debilitando bastante a súa divisa. Como resultado diso, no verán de [[1977]] o [[Politbüro]] retirou as marcas máis baratas de café das tendas, limitando o seu uso a restaurantes, e retirou a súa provisión de oficinas públicas e empresas estatais. Para substituír esta situación, introduciuse un novo tipo de café, o ''Mischkaffee'' (café mixto), que era 51% café e 49% unha mestura de [[chicoria]], [[centeo]] e remolacha. Evidentemente, o novo café foi detestado amplamente polo seu mal sabor, coñecéndose esta situación como a ''Crise do Café''. A crise pasou tras [[1978]] á vez que os prezos do café comezaron a caer de novo, e a RDA asinaba un acordo con [[Vietnam]], un dos maiores produtores de café do mundo.
 
Unha vez entrando nos [[1980|anos 80]], á vez que as circunstancias políticas, a crecente débeda externa da RDA levou á crise que acabaría co colapso da RDA. A débeda continuou crecendo ao longo da década até exceder os 40 billóns de marcos a Occidente, unha suma non astronómica en termos absolutos (o [[PIB]] da RDA era duns 250 billóns de marcos) pero moito maior en relación á súa capacidade para exportar suficientes bens ao Oeste como para conseguir a divisa forte que pagase a débeda. En outubro de [[1989]] un proxecto presentado ao Politbüro proxectaba a necesidade de incrementar as exportacións de ao redor de 2 billóns de marcos en [[1990]] a 11 billóns en [[1995]], se se querían estabilizar os niveis da débeda. En [[agosto]] de [[1989]], o goberno reformista de [[Hungría]] suprimiu as restricións fronteirizas con [[Austria]], o que supuña primeira brecha no chamado [[TelónPano de Aceiro]].
 
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-1989-1007-402, Berlin, 40. Jahrestag DDR-Gründung, Ehrengäste.jpg|miniatura|dereita|320px|XL Aniversario da RDA, [[Berlín]], [[1989]].]]