Moeda da Antiga Roma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse unha subcabeceira con novo copntido, ligazóns internas e externas, notas e referencias bibliográficas.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 227:
Lenda coas abreviaturas: BRVT IMP L•PLAET•CEST / EID•MAR (''Brutus Imperator Lucius Plateorius Cestianus / Eidibus Martiis'' = "Emperador Brutus Lucius Plaetorius Cestianus / Idus de Marzo")
]]
As lendas das moedas romanas estaban, loxicamente, escritas en lingua latina (coa excepción dalgunhas [[Moeda provincial romana|procedentes de obradoiros provinciais]]) e con gran variedade de formas abreviadas. Estas son só algunhas das máis frecuentes:<ref>Cébeillac-Gervasoni, M.; Caldelli, M. L.; Zevi, F. ''Épigraphie latine Annexe 3 Onomastique et titulature des empereurs.'' Armand Colin, 2006. ISBN 2200217749</ref>
* '''AVG''': AVGVSTVS, AVGVSTA ("emperador", "emperatiz").
* '''AVGG''': AVGVSTORVM ("dos emperadores")
Liña 247:
Sobre a autoridade para a emisión de moeda, escribiu [[Dión Casio]]: "Non se debería permitir a ningunha das cidades teren a súa propia moeda nin sistema de pesos e medidas; deberíaselles esixir a todas que utilizasen as nosas".
 
Só a propia cidade de Roma se reservaba o dereito da cuñaxe de moedas de [[Metal precioso|metais preciosos]], tanto durante a República como durante os primeiros séculos do Imperio. [[Moeda provincial romana|Algunhas provincias]], no entanto, cuñaron moedas de prata, pero con denominacións locais, destinadas a satisfacer necesidades locais.<ref>[[Pere Pau Ripollès Alegre|Ripollès Alegre, Pere Pau]]. ''Las acuñaciones provinciales romanas de Hispania''<nowiki/>'. Real Academia de la Historia. Madrid, 2010.</ref> A emisión de moedas de bronce pódese considerar de pouco interese para o Goberno central de Roma, xa que os gastos do Estado eran elevados e podían pagarse máis doadamente con moedas de alto valor. Sábese que durante o século I cun ás podía pagarse unha libra de [[pan]] ou unha [[xerra]] de [[viño]] barato (ou, consonte as inscricións en paredes de [[Pompeia]], os servizos dunha [[Prostitución|prostituta]] barata). A importancia e a necesidade para a poboación de denominacións máis pequenas compróbase nas numerosas imitacións de moedas de bronce a nome de [[Claudio]] que, aínda que posiblemente non autorizadas por Roma, de facto foron toleradas e cuñáronse en grandes cantidades. Con esta moeda máis miúda pagábase tamén ao [[exército]] e ao [[Funcionario|funcionariado]].<ref>"[https://web.archive.org/web/20130210071801/http://dougsmith.ancients.info/worth.html Buying Power of Ancient Coins]". En Ancient Greek & Roman Coins.</ref>
 
== A moeda romana en Galicia ==
Liña 286:
{{Commonscat}}
=== Outros artigos ===
 
* [[Moeda provincial romana]]
* [[Moeda grega da Península Itálica e Sicilia]]
 
* ''[[Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain]]''