Nicolás Salmerón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Categorización
obligar > obrigar
Liña 28:
Coa proclamación da República en [[1873]], foi nomeado Ministro de Graza e Xustiza do goberno de [[Estanislao Figueras]]. Tentou reformar o sistema xudicial e establecer unha lexislación secular.
 
Trala dimisión de Pi i Margall, as Cortes Constituíntes nomeárono [[Presidente do Goberno de España|Presidente do Poder Executivo]]<ref>[http://www.boe.es/datos/imagenes/BOE/1873/201/A01109.tif Gaceta de Madrid Anno CII n.201 20 luglio 1873, Tomo III, pág. 1109]</ref> con 193 votos contra 93<ref>*[http://descargas.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/90253951090392939543457/204919_002.pdf La Ilustracion Española y Americana Año XVII - num.XXVIII - Madrid, 21 de julio de 1873, pág. 450] crónica de la elección de Nicolás Salmerón a Presidente de la Primera República</ref> de Pi i Margall, cargo que exerceu entre o [[18 de xullo]] e o [[7 de setembro]] de [[1873]]. A situación de todo o período foi especialmente crítica, o que o levou a non poder controlar as sublevacións [[cantón|cantonais]] que xurdían en [[Primeira República Española|España]]. Os seus problemas co Exército no foron menores durante o seu período presidencial, e a súa negativa a asinar a pena capital obligaronoobrigárono a dimitir. Dous días despois de abandonar o cargo foi elixido [[Presidente do Congreso dos Deputados de España|Presidente do Congreso dos Deputados]]. Os enfrontamentos co seu sucesor, [[Emilio Castelar y Ripoll|Emilio Castelar]], axudaron involuntariamente ó [[golpe de Estado]] do [[Manuel Pavía|xeneral Pavía]] que, xunto co de [[Arsenio Martínez Campos]] o [[29 de decembro]] de [[1874]], deron fin a primeira experiencia republicana en [[España]].
 
== Restauración da Monarquía ==
{{Artigo principal|Restauración borbónica en España}}[[Ficheiro:Estatua Nicolas Salmeron centro Almeria.jpg|miniatura|200px|dereita|Estatua de Nicolás Salmerón en [[Almería]]]]
No [[1874]] regresa a súa cátedra de Metafísica, pero coa Restauración borbónica verase privado da praza o [[17 de xullo]] de [[1875]] nun amplo proceso de depuración universitaria. Aínda que tratou de manter un despacho de avogados en [[Madrid]], a situación obligounoobrigouno a partír cara o exilio en [[París]], onde xunto a [[Manuel Ruiz Zorrilla]] fundou o [[Partido Republicano Progresista (1880)|Partido Republicano Progresista]]. Non volveu a España ata [[1885]], trala amnistía de [[Práxedes Mateo Sagasta]] de [[1881]], e puido recuperar a súa cátedra. Foi de novo deputado no [[1886]] e despois ininterrompidamente de [[1893]] ata [[1907]].
 
Finou en [[Pau, Francia|Pau]], [[Francia]] o [[20 de setembro]] de [[1908]], mentres estaba de vacacións. No ano [[1915]] trasladaron os seus restos ó monumento funerario levantado no cemiterio civil de Madrid, á dereita do mausoleo de Pi i Margall, o seu predecesor na presidencia da [[Primeira República Española|República]]. No seu epitafio aparece unha glosa realizada por [[Georges Clemenceau]] (primeiro ministro francés de [[1907]] a [[1912]]), e recordase que ''deixou o poder por non asinar unha sentenza de morte''.