Vésperas sicilianas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
noble > nobre
Liña 44:
Poucos anos despois, a resistencia siciliana, organizada por [[Conradino de Hohenstaufen|Conradino]], o neto de Federico II, aínda un neno, e con apoio dos [[güelfos e xibelinos|xibelinos]] italianos, efectuou un intento de recuperar o poder. Non o lograron, pois Carlos derrotounos, capturou a Conradino e ordenou que fose decapitado. Con isto, Carlos de Anjou converteuse no dono do sur de Italia e Sicilia.
 
Aínda que os sicilianos estaban acostumados a seren gobernados por estranxeiros, a chegada dos [[Francia|franceses]] irritounos. O rei [[Casa de Anjou|anxevino]] instaurou un goberno tiránico e estableceu unha elevadísima presión fiscal. Cando exixiu aos [[terratenente]]s que presentaran os seus títulos de propiedade, puxo áa noblezanobreza siciliana na súa contra: como numerosas familias carecían de escrituras, as súas terras, xunto coas dos rebeldes convictos, foron confiscadas e entregadas aos franceses. Un agravio adicional resultou o traslado do centro do poder de [[Palermo]] a [[Nápoles]], o que relegou á antiga capital a un papel secundario. Pero o que máis resentemento causaba cara aos franceses era a súa actitude arrogante e despótica. A organización do Reino baseábase nunha clase dirixente case exclusivamente francesa, que encheu Sicilia de soldados e funcionarios que trataban tanto ao pobo como á nobreza autóctona con desprezo, ofendendo o seu honor continuamente.<ref name=EC/>
 
Mentres que os homes de [[Carlos de Anjou|Carlos]] se asentaban nos seus novos dominios, os principais notábeis sicilianos partidarios dos [[Hohenstaufen]], entre elos [[Roger de Lauria]] e [[Xoán de Prócida]], buscaron refuxio na corte do rei [[Xaime I de Aragón]], convertendo [[Barcelona]] nun centro político [[güelfos e xibelinos|xibelino]]. Non era nada estraño, pois [[Aragón|aragoneses]] e [[Casa de Anjou|anxevinos]] mantiñan unha longa rivalidade no dominio do [[Mediterráneo]]. Algúns anos atrás, o [[infante]] [[Pedro III de Aragón|Pedro]], herdeiro do rei aragonés, casara en [[Montpellier]] con [[Constanza de Hohenstaufen]], filla de [[Manfredo de Sicilia|Manfredo]] e neta de [[Federico II Hohenstaufen|Federico II]]. Probabelmente os exiliados sicilianos comezaron pronto a conspirar cos aragoneses para recuperar o trono de Sicilia baseándose nos dereitos de Constanza.