Colonia Güell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
iglexia > igrexa
Liña 30:
A pesar de quedar inacabada, a igrexa supón unha das obras cumios de Gaudí. Esta edificación contén de maneira unificada tódalas innovacións desenvolvidas polo arquitecto. Algúns destes elementos son os arcos da catenaria, simplificadores do problema das cargas, ou os muros exteriores con forma de paraboloides hiperbólicos. Adicionalmente cómpre salientar a integración do edificio co medio natural: os diferentes niveis das naves adáptanse á pendente do terreo e os materiais de construción teñen as mesmas cores e texturas que as do chan e vexetación exteriores.
 
En 1898, [[Eusebi Güell]] encargou a [[Antoni Gaudí]] o proxecto dunha iglexiaigrexa para a colonia téxtil que fundara no municipio de [[Santa Coloma de Cervelló]]. Gaudí realizou varios estudios previos que remataron nunha maqueta da igrexa instalada nun pavillón situado no mesmo lugar onde se erguería o edificio.
 
Finalmente no 1908, iniciouse a construción do templo. Porén o ambicioso proxecto, que prevía unha igrexa con dúas naves, inferior e superior, complementada con diferentes torres laterais e un ciborio central de 40 metros de altura, ficou inacabada. En 1914 a familia Güell comunicou a Gaudí que non continuaría a obra. En novembro do 1915, o bispo de Barcelona bendicía a nave inferior, a única que se construíu e que deu lugar ó nome popular actual de '''Cripta'''. Entre 1915 e 1917, un novo construtor pechou a nave superior con muros de ladrillo e tellados de uralita.