Alianza Anticomunista Argentina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
emplear > empregar
Liña 11:
|ligazóns=[[Masonería]]<br />Goberno peronista da Arxentina
}}
A '''Alianza Anticomunista Argentina''' ('''AAA'''), coñecida popularmente como '''''Triple A''''', foi un grupo paramilitar de [[ultradereita]], creado (coa aprobación de Estados Unidos) para silenciar á oposición de esquerdas na República Arxentina, onde levou a cabo numerosos asasinatos contra guerrilleiros e políticos de [[esquerda política|esquerda]] durante a década de 1970 na [[Arxentina]]. Aínda que o seu liderado era encuberto nese momento (apoiado por Estados Unidos), hoxe sábese que estivo baixo a dirección de [[José López Rega]], secretario persoal e ministro de [[Juan Domingo Perón]], quen a empleouempregou para combater os sectores de esquerda do propio movemento [[peronista]].
 
López Rega e o entón comisario xeral da [[Policía Federal Arxentina]], [[Alberto Villar]], organizaron a ''Triple A'' durante o goberno interino de [[Raúl Lastiri]], en [[1973]]. López Rega estaba á fronte do Ministerio de Benestar Social, cuxos fondos presuntamente desviou para financiar a organización e o armamento do grupo paramilitar; seguiría nese cargo durante o goberno de Perón e, á morte do mesmo, no da súa muller, [[Isabel Martínez]], sobre a cal exercía unha extraordinaria influencia baseada nunha compartida devoción [[espiritismo|espiritista]].