Emprego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
empleo > emprego
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{1000 artigos icona título|materia=Economía e emprendemento}}
[[Ficheiro:WomanFactory1940s.jpg|miniatura|dereita|220px|Muller empregada nunha fábrica nos [[década de 1940|anos 40]].]]
'''Emprego'''<ref>{{DRAG|emprego}}</ref> é o rol ocupacional [[Sociedade|social]] ([[Traballo (economía)|traballo]]) realizado en virtude dun [[contrato]] formal ou de feito, [[Contrato formal individual|individual]] ou [[Contrato formal colectivo|colectivo]], polo que se recibe unha [[remuneración]] ou [[salario]]. Ao [[traballador]] contratado denomínaselle empregado e á persoa contratante [[empregador]].<ref>Jahoda, Marie (1982) ''Empleo y Desempleo: Un Análisis Socio-Psicológico'': 26. Madrid: Ediciones Morata, 1986.</ref> Nun sentido amplo, o término ''emprego'' utilízase como [[antónimo]] de [[desemprego|''desemprego'']] e designa todo traballo polo cal se xera un ingreso monetario ou xenericamente, renda. É dicir que inclúe ademais do traballo asalariado, traballo autónomo e en xeral o realizado pola '''poboación ocupada''', é dicir, pola parte da [[poboación activa]] que efectivamente está a traballar para obter un [[beneficio económico]]. Na maioría das [[estatística]]s inclúese na poboación activa ocupada a integrantes das unidades económicas familiares que participan na [[Produción (economía)|produción]]. O debate destes conceptos e categorías leva a soster que o [[traballo doméstico]] tamén fai parte do emprego e debe recoñecerse o [[Valor económico|valor]] que xera.
 
A '''[[taxa de emprego]]''' representa ás persoas con emprego (en sentido amplo) como [[porcentaxe]] da poboación en idade de traballar (de 15 a 64 anos).<ref>[[OECD]] (1998) "[http://etimologias.dechile.net/?empleo <nowiki>[1]</nowiki>]; ''Glossary The European Union Labour Force Survey, Methods and Definitions'': 13. [[Eurostat]].</ref>